viernes, 27 de noviembre de 2009

O albergue de peregrinos de Betanzos licitarase antes de finais de 2009

     O Consello da Xunta de Galicia de onte 26 de novembro, anunciou unha serie de investimentos en varios dos trazados do Camiño de Santiago, e dentro do Camiño Inglés, anunciou a licitación das obras do albergue para peregrinos iniciado en Betanzos, para finais de este mesmo ano 2009.

     É unha boa noticia para Betanzos, da que como sabedes, estabamos pendentes.

     Outro paso máis neste longo percorrido de que Bentanzos, e máis concretamente o seu casco histórico, teña unha instalación que o dinamice e lle de vida.

     Non imos caer na ilusión de crer que influímos algo nesta decisión, que se produce aos poucos días da nosa queixa: ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”, por que creemos que seguramente estaba xa tomada. Conformarémonos con felicitarnos e felicitar tamén a todos os betanceiros, deste novo paso que a Xunta de Galicia deu para que Betanzos dispoña desta nova instalación.

        Estaremos vixiantes para reclamar calquera outro posible atraso neste sentido.
     O noso compromiso é con vostedes.
     Tamén por eso inserimos a continuación un extracto do acordo do Consello da Xunta onde se contén esta boa noticia e compromiso para Betanzos.

image image

CULTURA E TURISMO DESTINARÁ 6,3 MILLÓNS DE EUROS PARA A
SEGUNDA FASE DO PLAN CORRECTOR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
A segunda fase do Plan corrector contempla intervencións sobre o trazado físico e
na rede de albergues do Camiño Inglés, Norte, Primitivo e Vía da Prata
En total, a Consellería de Cultura e Turismo investirá 12,1 millóns de euros a
través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para a posta en valor dos Camiños de
Santiago
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo prevé en 2010 a entrada en funcionamento
de 5 novos albergues e traballará en colaboración cos concellos para duplicar a
oferta de hospedaxe para peregrinos con instalacións provisionais

…………………………………………………………………….

Intervención na rede albergues

As actuacións definidas no Plan corrector están destinadas a proporcionarlles aos
peregrinos e camiñantes os servizos axeitados e satisfacer as súas necesidades máis
inmediatas de acollida e hospedaxe. A calidade ambiental e a sustentabilidade, o
respecto histórico e paisaxístico son os criterios que priman na elaboración dos
proxectos destas construcións, tanto de nova feitura como nas restauracións de
edificios nobres, casas rurais, escolas unitarias, edificios de distintos usos,
contribuíndo deste xeito á recuperación patrimonial de Galicia.


Nesta segunda fase do Plan corrector destinaranse 910.000 euros á mellora do
equipamento e á conservación dos albergues dos catro camiños. Dentro do Camiño
Inglés está prevista a licitación a finais de 2009 dun novo albergue en Betanzos, que
incrementará en 50 prazas as 72 existentes na actualidade nas 3 hospedaxes
dependentes da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo en Neda, Miño e Bruma (Mesía).

 
No Camiño Norte estase a redactar o proxecto para a posta en funcionamento como
albergue do antigo colexio das monxas da Rúa Trinidade, en Ribadeo. A licitación será
solicitada durante o 2010 para ampliar a oferta de 304 plazas nos 7 albergues desta
ruta (Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte e Sobrado).
Respecto ao Camiño Primitivo, no Ano Santo 2010 entrará en funcionamento o novo
albergue de Seixas, en Palas de Rei, que achegará 36 novas prazas ás 102 ofertadas
na actualidade nas instalacións de Padrón (A Fonsagrada), O Cádavo (Baleira), Lugo e
San Román de Retorta (Guntín). Do mesmo xeito, estanse a redactar os proxectos de
execución para os futuros albergues da Casa de Pasarín (A Fonsagrada) e o de
Castroverde.

Na Vía de Prata estanse a estudar accións para resolver a carencia de aloxamento
fundamentalmente entre A Gudiña e Laza, mediante o acordo para a utilización dos
albergues que a Deputación de Ourense ten feito nas estacións de RENFE de Vilavella
(A Mezquita), Campobecerros (Castrelo do Val) e Vilar de Barrio. Na actualidade,
tramítase a licenza dos futuros albergues de Pereiro Vello (A Mezquita) e Viladerrei
(Trasmirás) que completarán as 366 prazas dos 12 actuais (A Gudiña, Laza, Verín,
Vilar de Barrio, Sandiás, Xunqueira de Ambía, Ourense, Cea, Dozón, Lalín, Silleda e
Vedra).

De forma resumida, a S.A de Xestión do Plan Xacobeo a través das dúas fases do
Plan corrector, realizará labores de conservación e mantemento en 49 dos 64
albergues dependentes da Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, intervirase na
substitución e na mellora de mobiliario, o que permitirá ampliar o número de prazas en
8 albergues.

De cara ao Ano Santo 2010 entrarán en funcionamento 5 novos albergues en
Dumbría, Casa Grande de Lusío (Samos), Seixas (Palas de Rei), Betanzos e Boimorto.

O remate da reforma completa do albergue de Melide no próximo ano permitirá sumar
130 prazas ás 167 que estarán habilitadas durante todo o Xacobeo no Pazo de
Congresos da localidade. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo traballará en
colaboración cos concellos para instalar albergues provisionais coa solución máis
axeitada (toldos, pavillóns, naves,...) en todos os Camiños de Santiago, de cara a
duplicar durante a época de maior afluencia de peregrinos as 2.984 prazas ofertadas
na actualidade.

Como novidade, está previsto instalar nos albergues un panel informativo en que se
recolla información referente ao seguinte tramo que espera ao peregrino. Incluirá un
mapa co camiño, monumentos, distancia a percorrer ademais de información sobre
lugares de interese paisaxístico…

……………………………………………………………………………
 
image

      INFORMACIÓN AOS MEDIOS
      Consello da Xunta

miércoles, 25 de noviembre de 2009

O inacabado proxecto de Albergue de Peregrinos de Betanzos

     Hai só uns días e baixo o título de ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NIN ESTÁ NIN SE LLE ESPERA” incluiimos nesta páxina a nosa queixa sobre o atraso que acumulan as obras do proxectado albergue de peregrinos en Betanzos, e o noso queixume por que este atraso leve consigo non poder gozar desta instalación para o próximo ano, con máis razón sendo ano santo xacobeo, cousa que non volverá suceder ata o ano 2021.

     Tamén volvemos incluír a nosa queixa, xunto con outras suxestións ante a proximidade do ano xacobeo 2010 nun escrito entregado recentemente pola Asociación no Concello de Betanzos, e que tamén pode verse todavía nesta páxina.

     Hoxe o xornal “El Ideal Gallego” recolle esta queixa nun documentado artigo da xornalista Lucía Tenreiro.

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 25 de novembro de 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 25 de novembro de 2009

martes, 24 de noviembre de 2009

O Concello de Betanzos proxecta un programa de visitas guiadas para os mozos betanceiros

     O anuncio o fixo o Concelleiro Delegado en Economía, Facenda, Comercio e Turismo, Don Pablo Tomé Crespo, quen avanzou onte a súa intención de potenciar estes programas cara ao vindeiro ano.

     Os itinerarios de estas rutas serán o Casco Histórico betanceiro, o Pasatempo ou ben unha combinación de ambas rutas.

     A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, aplaude esta iniciativa sobre todo tendo en conta o éxito de participación acadado pola visita guiada que esta asociación realizou o pasado domingo 8 de novembro, o que veu confirmar o interese dos nosos veciños por ampliar os seus coñecementos sobre o noso pasado e o noso patrimonio, considerando  esta iniciativa como un primer paso para a programación doutras organizadas polo propio concello, e mesmo incorporando as novas tecnoloxías que todos temos hoxe á nosa disposicón: audio, vídeo, bluetooth, etc…xa sexa a través de telefóno móbil, internet, ou a descarga directa na oficina de turismo municipal, petición realizada por Amigos do Casco Histórico á nosa alcaldesa Dª María Faraldo en recente entrevista.

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do martes 24 de novembro 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do martes 24 de novembro 2009

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” do martes 24 de novembro de 2009

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” do martes 24 de novembro de 2009

Os nosos escolares piden a rehabilitación do noso Casco Histórico

     O pasado venres 20 de novembro, e con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, tivo lugar no salón de plenos do concello brigantino, o segundo pleno infantil que se celebra na nosa cidade, como consecuencia da iniciativa da nosa concelleira de Infancia e Familia, Esperanza Sánchez.

     Aínda que presidido polo noso primeiro tenente alcalde Javier de la Fuente, os espazos ocupados normalmente polos nosos representantes electos, ocupábannos nesta ocasión alumnos dos nosos centros de ensino.

     As propostas e peticións, todas moi sensatas por certo, que debateron os nosos escolares, foron do mais variado, e van desde a renovación do instrumentos da banda, unha pista de skate, a limpeza do río, un auditorio, un novo colexio, un centro de educación viaria, e un centro de lecer infantil, a outras moitas reivindicacións menores, todas moi razoadas e razoables.

     Pero sen lugar a dúbida para nós é de resaltar a petición realizada por un grupo dos nosos escolares, máis concretamente a dos alumnos de 6º A do colexio Vales Villamarín, quen levaron “a pleno” nin nada máis nin nada menos que unha proposta de rehabilitación do noso casco histórico.

     A ambiciosa e inesperada proposta, ademais de enchernos de tenra satisfacción, vénnos a confirmar na idea de que a mellora do noso casco histórico non é só cousa de turistas e comerciantes, e que a súa posta en valor é desexada por todos os veciños de Betanzos, residentes ou non residentes nesta zona, pero tamén, e é o que nos gusta, por maiores e novos, é dicir con independencia da súa idade.

     A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, quere felicitar pola súa razoada proposta aos alumnos de 6º A do Colexio Vales Villamarín de Betanzos, e énchenos de orgullo e satisfacción saber que xa se están formando nas nosas aulas as novas xeracións dispostas a tomar o relevo na defensa do patrimonio que recibimos dos nosos maiores.

     Noso máis sincero parabén. Quédanos a todos moito traballo por facer, pero coa axuda dos nosos mozos, nada debería de asustarnos.

Amigos do Casco Histórico de Betanzos

Ao día seguinte os xornais o recollían desta maneira:

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” do sábado 21 de novembro de 2009
Recorte do xornal "La Voz de Galicia" correspondente ao sábado 21 de novembro de 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do sábado 21 de novembro 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 21 de novembro de 2009

lunes, 23 de noviembre de 2009

Amigos do Casco Histórico propón unha oficina de información ao peregrino

     Formaba parte da lista de suxerencias presentadas por Amigos do Casco Histórico nun  escrito remitido recentemente ao Concello de Betanzos.

_________________________________________

             O xornal “El Ideal Gallego” o recolle o luns 23 de novembro de 2009

   


     Recorte do xornal “El Ideal Gallego” do luns 23 de novembro de 2009
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do luns 23 de novembro de 2009

     O xornal “La Opinión” o recolle nun artigo da súa edición deste domingo.

Recorte do xornal  “La Opinión” correspondente ao domingo 22 de novembro de 2009

Recorte do xornal "La Opinión" correspondente ao domingo 22 de novembro de 2009

viernes, 20 de noviembre de 2009

Amigos do Casco Histórico, presenta un escrito con sugerencias al Concello de Betanzos, ante la proximidad del Xacobeo 2010

     El escrito dirigido a la alcaldesa Dª María Faraldo, y que reproducimos aquí íntegramente,  ya fue presentado en el registro del Concello de Betanzos, y por parte de Amigos do Casco Histórico, también se les ha hecho llegar una copia a todos los partidos con representación a nivel municipal.

image

LA ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS, CIF G-70.211.917, con domicilio en la rúa da pescadería, 8 de Betanzos,

EXPONEMOS:

     Que ante la proximidad del Año Santo Compostelano 2010 y conscientes del protagonismo de Betanzos en el Camino Inglés y el atractivo de su Casco Histórico como activo histórico-artístico, la ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS quiere trasladar su preocupación por algunos asuntos a los que creemos deberíamos prestarles atención y que consideramos pueden ser beneficiosos para la ciudad, a saber:

1. Imagen general de nuestro Casco Histórico:

     Siendo hito de parada en el Camino Inglés, la imagen que ofrezca nuestra ciudad a los miles de visitantes y peregrinos es fundamental. En concreto, los puntos de acceso a nuestro Casco Histórico son claves en esa percepción: Porta da Vila, Arco da Ponte Vella, Arco da Ponte Nova, Porta do Cristo da Ribeira y la Iglesia de Santo Domingo. A día de hoy muestran un aspecto de suciedad y abandono y no son, desde luego, nuestra mejor carta de presentación.

     También detectamos la presencia de numerosos alambres atravesando el espacio aéreo entre fachadas enfrentadas de las calles en clara competencia con los cableados de electricidad y telefonía. Estos alambres tienen un uso municipal ocasional y consideramos que distorsionan y enturbian cualquier estampa de nuestro Casco Histórico.

2. La limpieza de nuestro Casco Histórico:

     En las calles, así como en los solares vacíos y edificios en estado deficiente, detectamos descuido en la limpieza de pavimentos y elementos de mobiliario urbano, incluyendo la presencia excesiva de excrementos de aves, pavimentos resbaladizos por goteras, etc...

3. Presencia descontrolada de vehículos:

     En determinados puntos emblemáticos de nuestro Casco Histórico hay una excesiva presencia de vehículos estacionados en lugares donde está prohibido estacionar o circular.

4. Albergue de peregrinos:

     A escasas semanas del comienzo del año santo, todavía no han comenzado las obras del nuevo albergue de peregrinos. Los trabajos realizados hasta el momento han sido de limpieza para poder obtener un estado previo riguroso con el cual redactar el proyecto, proyecto ya finalizado desde hace meses. A día de hoy en el Perfil del Contratante de la Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo no hay rastro de licitación ni de adjudicación de la obra del tan anunciado albergue.

Por todo ello, SOLICITAMOS:

     Que tenga a bien valorar y llevar a cabo las siguientes propuestas, en relación con los puntos enumerados anteriormente:

1. Imagen general de nuestro Casco Histórico. Propuesta de limpieza y pintado de los arcos y puertas de acceso al Casco Histórico:

     Desconocemos la situación de propiedad de estos edificios o elementos arquitectónicos, pero sí entendemos que en defensa del INTERÉS GENERAL, el concello debería asumir los costes de adecentamiento de estos lugares, máxime teniendo en cuenta el efecto positivo que se consigue con una inversión muy pequeña. Estimamos que hay una serie de acciones que deben de ejecutarse en un corto plazo inmediato, como son la limpieza de la piedra, el repaso de desconchones de enfoscados, el pintado general de paramentos y carpinterías, así como la retirada de elementos disonantes (por ejemplo, contenedores y señaléctica obsoleta en a Ponte Vella). Entendemos que esta serie de obras tienen un impacto presupuestario mínimo, y dan lugar a un resultado óptimo.

     En relación con los alambres de uso ocasional, debería procederse a su retirada e idearse un sistema, basado, por ejemplo, en cables trenzados a sujetar en ganchos puntuales situados en las fachadas que permitiría un montaje y desmontaje rápido y efectivo.

     Ya a medio plazo debería asumirse la retirada de cableado, tal y como se anunció en fechas recientes por parte del gobierno municipal.

2. La limpieza de nuestro Casco Histórico:

     Proponemos intensificar las labores del servicio de limpieza, por todas las calles de nuestro Casco Histórico, haciendo especial hincapié en lugares abandonados como los solares vacíos y los edificios en estado deficiente.

3. Presencia descontrolada de vehículos:

     Hacer cumplir las ordenanzas relativas a la circulación y aparcamiento de vehículos en el Casco Histórico, en especial en lugares emblemáticos y de alta sensibilidad ambiental.

4. Albergue de peregrinos:

     Instar a la administración competente (Xunta de Galicia) a licitar a la mayor brevedad posible la obra del albergue de peregrinos para conseguir tenerlo finalizado si no es para el Año Santo 2010, al menos para principios de 2011.

     Además, en relación con las infraestructuras previstas para el año Xacobeo, nos gustaría aportar una idea que ayude a conseguir que Betanzos sea un referente en el Camino Inglés: Contactar con los propietarios del local (Antigua Barbería) del Arco da Ponte Vella para poder instalar (al menos durante este próximo Año Santo) una oficina de información al peregrino, pues de todos es sabido que cada vez son más las personas que recorren este Camino y sería importante poder darles toda la información y el apoyo posible, además de servir de espacio de recepción al visitante inmejorable y escaparate de promoción de las excelencias de nuestra ciudad y nuestro Casco Hstórico en particular.

En Betanzos, a 17 de noviembre de 2009

ILMA ALCALDESA DO EXCMO CONCELLO DE BETANZOS

jueves, 19 de noviembre de 2009

ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”

     Foi unha noticia recibida con grande alegría: a Xunta de Galicia ía rehabilitar un inmoble do noso Casco Histórico para destinalo a albergue de peregrinos (La Voz de Galicia, 5 de xaneiro de 2008). Sen lugar a dúbidas era un anuncio que facía coincidir varios aspectos primordiais para o despertar do noso maior activo patrimonial. Por un lado, promovía unha rehabilitación dun inmoble singular e por outro supoñía un elemento de certa dinamización comercial e turística, sobre todo de cara ao Ano Santo 2010 e máxime tendo en conta que o próximo ano xubilar será para o ano 2021.

Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

     Este xeito de falar en tempos pasados é intencionado, máis non é nostálxico. É de rabia. Rabia por pensar que o que podía supoñer un arranque de investimentos en equipamentos no noso Casco Histórico non era máis ca un propósito de intencións que semella quedou neso: intencións.

     Parecía que as obras empezaran. Pero non. Foron uns traballos de limpeza e baleirado para poder facer un levantamento riguroso dun estado previo, fundamental en calquera proxecto de rehabilitación. Era un bo comezo, pois a urxencia de iniciativas públicas nunca pode estar reñida cun traballo ben feito que, como todo, leva o seu tempo. Pero parece que ahí quedou todo.
Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009 Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009
     A día de hoxe, cónstanos que ese ansiado proxecto está rematado, mesmo dende fai meses, e que incluso pode ser que teña permiso de obras. Entón, ¿qué falta? Pois falta o seguinte paso: EXECUTA-LA OBRA. O máis grave é que esa obra aínda tardará uns meses en comezar e quen sabe se non empezará nunca.
Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

     Esta afirmación non é unha pataleta de rabia infantil, tan lonxe do espíritu da nosa Asociación, senón de enfado xustificado. A día de hoxe se accedemos ao Perfil do Contratante da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, é dicir, o organismo dependente da Xunta de Galicia encargado da xestión e execución do noso albergue, obsérvase que a obra do albergue de peregrinos de Betanzos non figura adxudicada a ningún contratista, e o que é maís grave, non está nin siquera licitada, polo que non está prevista executarse en datas próximas. Si figura a obra do albergue de Dumbría, por exemplo, pero do noso…”NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”.

     En resumo, a obra prevista non comezará, no mellor dos casos, ata comezos do 2010, xa en Ano Santo, e non estará concluida ata finales ou incluso o ano seguinte. Temos medo de que calquer día destes o cartel que anuncia o albergue e a súa cifra de inversión, desapareza e a partires de ahí ninguén se acorde de que algún día houbo intención de facer unha actuación exemplar.
 

     Os anuncios que quedan sen executar non son máis que palabras e a nosa Asociación reclama unha maior responsabilidade á hora de levar a bo fin os investimentos prometidos.

    Dende aquí esiximos que a obra do noso albergue comece XA!!

Amigos do Casco Histórico de Betanzos

Amigos do Casco Histórico continuará coa súa campaña de notificar ao Concello de Betanzos os edificios en ruína

     A Asociación xa notificou ao Concello os casos que considera máis perigosos para persoas e bens, aínda que conta con máis dun centenar de casos documentados nos que se aprecian diversas infraccións á normativa municipal.
     O xornal "El Ideal Gallego" de hoxe, refírese a esta campaña iniciada por Amigos do Casco Histórico, a través dun extenso artigo da xornalista Lucía Tenreiro.
_
Artigo do xornal “El Ideal Gallego” de hoxe xoves 19 de novembro de 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 19 de novembro de 2009

miércoles, 18 de noviembre de 2009

As obras que se están levando a cabo na Praza García Irmáns provocan diferenza de opinións entre veciños e políticos.

As obras que se están levando a cabo na praza García Irmáns, a máis representativa de Betanzos, escaparate da nosa cidade para o visitante, e sala de estar para moitos dos nosos veciños, son nestes días tema de conversación en todos os faladoiros e fogares betanceiros.

Opinións hainas para todos os gustos, aínda que existe un denominador común para todas elas, que é a nula información que o goberno municipal facilitou sobre o que se está facendo. Ninguén parace ter na súa man o proxecto definitivo, e os que si o coñecen encargáronse de custodialo como se dun segredo de estado se tratase.

A estas alturas non se sabe nada con certeza de cousas tan fundamentais como o impacto visual que van producir as denominadas "terrazas" sobre os vetustos soportais, aínda que a información vaise dosificando a contagotas e na prensa de hoxe afírmase, aínda que con pouca rotundidade, que estas estruturas non irán cubertas. Co cal se dubida e tampouco se sabe, se se eliminarán as cadeiras e mesas baixo os soportais, e se restituirá este espazo para o uso público, como parecería razoable. Tampouco se sabe nada da ordenación final do tráfico unha vez terminada a obra, e numerosos veciños que accedían a esta praza desde a rúa dos Anxos, limítanse a "esperar acontecementos". As paradas de bus, as zonas verdes, o tipo de mobiliario urbán, etc… cada un fala do que lle interesa, son outras das incógnitas que se repiten provocando a diferenza de opinións en todas as conversacións dos nosos veciños.

A este tipo de desacordos, súmanse agora outros de tipo legal, reclamados pola oposición betanceira, e aos que fai referencia un artigo que publica hoxe El Ideal Gallego.
Esperemos que non se cumpra o dito de que "o que empeza mal, acaba mal", estamos a falar do que é unha das prazas máis bonitas, amplas e luxosas de toda Galicia, e da que todos os betanceiros na súa totalidade estabamos orgullosos, polo menos ata agora.
Artigo do xornal “El Ideal Gallego” de hoxe mércores, 18 de novembro de 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores, 18 de novembro de 2009

viernes, 13 de noviembre de 2009

Amigos do Casco Histórico notifica por escrito ao Concello o estado de numerosos inmobles

     A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos ven de presentarlle á Corporación Municipal un escrito no que insta ó Concello de Betanzos a que tome medidas a fin de atallar o grave problema que supón para a seguridade de persoas e bens o estado de deterioro de numerosos inmobles do Casco Histórico.

     Acompañando o seu escrito, a Asociación engade un extenso documento fotográfico de algúns dos inmobles nos que considera máis urxente unha intervención.

     O grave problema ó que se refire a Asociación non é dende logo novo, pero últimamente téñense incrementado as caídas na vía pública de distintos elementos dalgúns destes edificios, como pon de manifesto a necesidade de pechar rúas enteiras ó tránsito de persoas e vehículos.

     A inquietude dos veciños diante deste problema vai en aumento, polo que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos considera oportuna a iniciativa anterior.

cerca_13 cerca_19 lanzos_23
sombrereiros_9

alfoli_36
cortaduria_3 cortaduria_5 cortaduria_19

torre_9_1 monxas_30_32_34 monxas_28

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Entrevista na Radio Galega ao vicepresidente de Amigos do Casco Histórico, David Martínez Máquez

    O pasado martes día 10 de novembro o programa da Radio Galega "Aquí Galicia" que dirixe o xornalista Xusto López Carril, achegouse a Betanzos a realizar unha reportaxe sobre a deterioración do noso Casco Hiistórico, e entrevistou ao noso vicepresidente David Martínez Máquez, quen atendeu gustosamente aos xornalistas, esforzándose, a xulgar polas súas declaracións, en ofrecer sen faltar á verdade, unha visión positiva de Betanzos en xeral, e do noso Casco Histórico en particular.

logo_crtvg_150
xustolopezcarril_p
 
 
O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos 

     A entrevista, levada a cabo polo xornalista Marcial Mouzo foi realizada no  Adro de Santa María, dura pouco máis de sete minutos e podédela escoitar premendo no “play” do reprodutor.

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

martes, 10 de noviembre de 2009

Tomándose por fin en serio a peonalización e o mal aparcadoiro no Casco Histórico

Artigo do xornal “El Ideal Gallego” de hoxe martes 10 de novembro de 2009

BETANZOS

Arranca la campaña disuasoria sobre el aparcamiento indebido

LT: Betanzos

     El Ayuntamiento de Betanzos estrenó ayer la campaña de concienciación de tráfico para apercibir a los conductores que infrinjan las normas a la hora de estacionar sus vehículos en distintas zonas de la ciudad. En una primera fase, la Policía Local desarrollará una tarea informativa, a fin de “invitar” a los conductores a aparcar sólo en los lugares permitidos.

     Las zonas de control, según indicó el responsable de la Concejalía de Urbanismo, Tráfico y Seguridad Ciudadana, José Luis Santos Cobelo, afectan, de partida, a la avenida de Jesús García Naveira y el paseo de A Galera, donde, según el edil conservador, se han registrado más quejas vecinales por vehículos mal estacionados.

     El operativo también atenderá a que los coches no invadan los pasos de peatones o las plazas reservadas a personas con minusvalías, que disponen de su correspondiente tarjeta acreditativa, así como a las zonas de carga y descarga, sobre las que los agentes ejercerán mayores controles.

Castro > Santos Cobelo también se refirió al casco histórico, donde se multiplicarán las advertencia. Las plazas de la Constitución y de Fernández Pérez de Andrade O Bó han sido las primeras en recibir la visita de la Policía y las notificaciones al respecto se multiplicaron ayer en los parabrisas de los coches a lo largo de todo el perímetro del antiguo castro, Os Prateiros, Travesa y A Cerca incluidas.

     Los usuarios respondieron con celeridad a los avisos y, en la mayoría de los casos, retiraron sus vehículos en el mismo momento en que localizaron el “mensaje”.

     En cualquier caso, la campaña no pasará por alto las áreas reservadas para los residentes, así que se vigilará que los coches dispongan de las tarjetas que regulan el aparcamiento en las zonas verdes “teniendo en cuenta que hay también propietarios de vehículos que, sin tener posesión de esta acreditación, estacionan en estas plazas”, señaló el concejal.

     Desde el Ayuntamiento de Betanzos avanzaron que, una vez concluya la campaña informativa, dentro de siete días, la Policía Local comenzará a multar a quienes infrinjan las normas de tráfico.

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do martes, 10 de novembro de 2009

  Preme na imaxe para vela ampliada

O xornal “La Voz de Galicia” de este mesmo martes 10 de novembro, tamén recolle esta mesma información.

Recorte de "La Voz de Galicia" correspondente ao martes 10 de novembro de 2009