lunes, 30 de agosto de 2010

Fotos I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

 
Eighteen por pedritop (www.ppedreira.com)

Éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas, organizada por Amigos do Casco Histórico

 

     Este sábado pola mañá tivo lugar a terceira das actividades programadas para este verán pola Asociación Amigos do Casco Histórico co gallo de introducir novas actividades no corazón do Casco Histórico Betanceiro.


     Se primeiro foi a visita guiada polo legado indiano dos Irmáns García Naveira, seguido á semana seguinte polo concerto de Jazz do Casal Trío, tra-lo paréntese das Festas de San Roque, hoxe lle tocou o turno á I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos.
cartel_motos_correo

     Cun gran éxito de participación, medio centenar de participantes, as motos estiveron expostas na Praza da Constitución dende as 11 da mañá e por alí pasaron veciños e visitantes que puideron contemplar marabillas como unha Norton de 1930, unha Royal Enfield de 1936, ou unha Zundapp de 1939. Tamén tiveron protagonismo as Lambretta, BMW, Derbi, Vespa, Scooter e moitas máis.

DSC_2232 DSC_2255
DSC_2299 DSC_2287

     Ás doce tivo lugar unha visita guiada ó Centro Intenacional de Estampa Contemporánea (CIEC) da man do seu fundador, o artista Jesús Núñez, para a continuación iniciarse unha ruta urbana dos participantes polas principais rúas do noso Casco Histórico.

DSC_2280 DSC_2284

DSC_2278

DSC_2312 DSC_2335
DSC_2354 DSC_2375

     Xa de volta na Praza da Constitución, levouse a cabo a entrega de premios non sen antes homenaxear a José Gómez Carballo da Heladería La Palma, propietario da moto  Guzzi Hispania que figura na foto protagonista do cartel desta I Concentración de motos clásicas, cun exemplar enmarcado do mesmo, entregado por David Martínez, vicepresidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. A continuación Antonio Asensi, presidente da nosa asociación, fixo entrega do premio á moto máis antiga que correspondeu a unha Norton de 1930. A Antonia Anido, presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, ACEBE, lle tocou o turno de entrega-lo premio á moto máis orixinal que foi para unha Zundapp con sidecar da II Guerra Mundial, mesmo equipada con metralleta. Finalmente, a alcaldesa de Betanzos, Maria Faraldo, fixo entrega do premio á moto mellor restaurada que correspondeu a unha BMW.

DSC_2387 DSC_2396
DSC_2405 DSC_2412

     Rematados os premios, os presentes deron boa conta duns pinchos mentres se sorteaban obsequios, cortesía dos distintos patrocinadores, como cascos, cazadoras, guantes, etc.

DSC_2413 DSC_2415

DSC_2306 

     A organización non se quixo despedir sen reitera-los seus agradecementos a tódolas entidades colaboradoras e patrocinadores  que fixeron posible a organización e o éxito desta I Concentración de Motos Clásicas de Betanzos e co desexo de repetir para o ano que vén.

Gracias a tod@s.



Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
image

jueves, 19 de agosto de 2010

Fotos Concerto “Juan Carlos Casal Jazz Trio”

Fotos Concerto Juan Carlos Casal Jazz Trio

celebrado o pasado venres 6 de agosto de 2010, na Praza da Constitución, baixo a organización da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

domingo, 15 de agosto de 2010

Festas de San Roque en Betanzos



BETANZOS

Programa das Festas de San Roque 2010

¡FELICES FESTAS!

Programa das Festas de San Roque 2010

O concello de Betanzos informa:

Que por motivo das festas patronais de San Roque, procederase ao corte de tráfico na N-VIN ao seu paso pola Praza Garçía Irmáns quedando a circulación nos mesmos sentidos que cando se efectúa o corte por motivo das feiras mensuais.
Os lugares habilitados para carga e descarga de pasaxeiros será o mesmo que durante a celebración das feiras apuntadas.
Os horarios de corte serán os seguintes:
Días 14,15, 17,18,20,21,22 e 25 corte ás 19,00 horas
Día 15 corte ás 18,00 horas.
Día 16 corte ás 9,30 horas.
Días 19 e 24 corte ás 16,00 horas
Día 23 non se efectuará corte de tráfico.

O atraso na posta en funcionamento do albergue de peregrinos, segue provocando novas na prensa

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao domingo 15 de agosto de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao domingo 15 de agosto de 2010

viernes, 6 de agosto de 2010

Clásicos sobre piedras centenarias

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

Clásicos sobre piedras centenarias

Ciclomotores de antaño tomarán el 28 el casco histórico de Betanzos en un viaje al pasado que pretende ayudar a impulsar esta zona de la ciudad

Recuperar y dinamizar la zona vieja. Ese es el principal objetivo de Amigos do Casco Histórico de Betanzos, que ha programado varias actividades al aire libre aprovechando que los días son más largos y las temperaturas más cálidas. Si el pasado fin de semana organizó una visita guiada por la ciudad, mañana ofrecerá un concierto de jazz que dará paso a la I Concentración de Motos Clásicas de la localidad

NURIA RODRÍGUEZ | BETANZOS La Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos se ha propuesto revitalizar la zona vieja de la ciudad, principal orgullo de los betanceiros, y ha mostrado tener ganas e imaginación suficientes como para ello. Así, a la encuesta realizada entre los vecinos para conocer su opinión sobre el estado en el que se encuentra la zona antigua, el informe sobre las viviendas que precisan de una intervención urgente y las visitas guiadas, se suman ahora la I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos y un concierto de jazz en la plaza de la Constitución.
La concentración de motos clásicas será el sábado, 28 de agosto. Los viejos ciclomotores regresarán así al corazón del casco histórico de Betanzos, la plaza de la Constitución, y podrán ser contemplados por vecinos y visitantes a partir de las once de la mañana. A las doce, los participantes y acompañantes que lo deseen podrán realizar una visita guiada a la Fundación del Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC), a escasos metros de la plaza de la Constitución, y a la una de la tarde, los motoristas iniciarán una ruta por las principales calles de la zona vieja.
Al finalizar, la organización, que nombrará un jurado "de expertos conocedores del mundo de la moto", repartirá premios y recuerdos entre los participantes y servirá un pincho.
La inscripción será gratuita y se realizará el mismo día de la concentración, de 09.30 a 11.00 horas en la plaza de la Constitución, pero antes es necesario preinscribirse a través del formulario que está disponible en la página en internet de la asociación: www.betanzoshistorico.com. Quienes deseen más información también pueden solicitarla a través del correo electrónico clasicasbetanzos@gmail.com.
Y de las motos a la música. El concierto del Juan Carlos Casal Jazz Trio será mañana viernes, a partir de las diez de la noche en la plaza de la Constitución. La banda la forman Eugenio Pintor (bajo), Juan Carlos Casal (piano) y Felipe Oñate (batería).

O mellor futuro para o albergue de peregrinos de Betanzos é a súa posta en funcionamento

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 6 de agosto de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 6 de agosto de 2010

As actividades de Amigos do Casco Histórico no xornal Betanzos e a súa comarca

     O xornal  "Betanzos e a súa comarca" recolle no  seu número correspondente ao mes de agosto, varias das actividades realizadas ou previstas por Amigos do Casco Histórico

Recorete do xornal "Betanzos e a súa comarca" correspondente ao mes de agosto de 2010

En contra do anunciado, o albergue de peregrinos de Betanzos non se inaugurará este ano xacobeo

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

A concentración de motos clásicas na prensa

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010

miércoles, 4 de agosto de 2010

I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

I CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

Cartaz 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

     A concentración terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.

     Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.

Inscrición motos clásicas 

                   

A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:

620 082 498  (Gabriel)    -   686 715 020 (Alberto)

E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

     A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

     Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1985

     As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.

     A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
     A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
     Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS
     Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

     Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.

lunes, 2 de agosto de 2010

A visita guiada “Tras la Huella Indiana” na prensa

Los Irmáns García Naveira acuden al “rescate” del Betanzos Histórico

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 1 de agosto de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 1 de agosto de 2010

Galería de fotos da visita guiada “Tras la Huella Indiana” organizada por Amigos do Casco Histórico