jueves, 25 de abril de 2013

Contactos co Concello de Betanzos. Tema: Circulación no Casco Histórico.

Dende a Asociación de Amigos do Casco Histórico, continuando coa sensibilización das necesidades existentes no Casco Histórico, mantivemos unha reunión co Concello o martes día 23 do presente mes de Abril, co propósito de trasladar á alcaldía as conclusións obtidas da xuntaza que mantivemos con socios, veciños e comerciantes da zona antiga o día 11 de Abril de 2013, na cal tratamos o tema da circulación na zona monumental.


Ademáis de comentar ditas conclusións, fixemos entrega ó Concello do borrador da reunión que mantivemos o día 11 de Abril, coa finalidade de que queden por escrito no Concello, ditas propostas que se fan dende a Asociación.

Polo tanto, agora, estamos pendentes dunha comunicación por parte do goberno municipal dunha proposta, que esperamos que non teña moita demora.

sábado, 20 de abril de 2013

O Concello de Betanzos levará a cabo reformas no Casco Histórico.

Tal e como ben de ser publicado en "El Ideal Gallego", o Concello de Betanzos dará comezo a unha serie de actuacións na Rúa San Francisco e na Praza de Fernán Pérez de Andrade "O Bó" na próxima semana.

Alégranos ver este tipo de actuacións, que estén enfocadas a unha mellora nas rúas da zona histórica, co propósito de manter en condicións óptimas as nosas rúas. 





lunes, 15 de abril de 2013

Conclusións da reunión de tráfico


                  REUNIÓN CON SOCIOS, VECIÑOS E COMERCIANTES
                                TEMA : Circulación no Casco Histórico

Con motivo das tomas de contacto que se produciron entre o Concello, veciños e comerciantes, para tratar o tema da circulación e aparcamento no Casco Histórico, procedemos a unha reunión da Asociación de Amigos do Casco Histórico con socios, veciños e comerciantes para consensuar e fixar unha serie de puntos, e trasladalos na reuniónque será fixada nos vindeiros días ó Concello sendo aprobados na asamblea de hoxe.

Establécense catro puntos básicos nesta reunión, onde de acordan unha serie de subapartados dentro de cada un dos puntos básicos que se tratan:

1.      Tráfico rodado no Casco Histórico:
1.1  Trátase e coméntase e necesidade de apertura ó tráfico durante un horario que sexa establecido.
1.2  Proponse limitar a velocidade no Casco Histórico e limitar o aparcamento en zonas concretas.

2.      Aparcamento de residentes no Casco Histórico:
2.1 Proponse crear zonas de aparcamento concretas para residentes, en lugares onde non se obstaculice a peatons e residentes e ,ó mesmo tempo, permita o acceso dalgún vehículo que tivese que pasar por ditas zonas.
2.2 Proponse establecer unha cor para residentes, de forma que quede perfectamente marcado e delimitado. De igual forma, coméntase a posibilidade de conceder algún tipo de identificación para coches de residentes.
3.3 Proponse establecer un horario nocturno de aparcamento para residentes.
  





    3.  Aparcamento para clientes do comercio do Casco Histórico:
3.1 Proponse crear zonas de “parada expres”, delimitando e marcando ditas         zonas (cunha cor distinta á dos residentes) e ó mesmo tempo, ideando un posible sistema de control de ditas zonas que consistiría no seguinte:
- Fixar nalgún lugar da Porta da Vila unha maquiniña expendedora de “tickets-tempo” , que limite o tempo de parada coa obrigatoriedade de deixar á vista dito ticket no coche e que o tempo establecido sexa un tempo acordado e igual para todos.
3.2 Proponse realizar señalización de aparcamentos gratuitos alternativos de forma inequívoca e fiable ( incluso tempo en minutos, por exeplo: zona de a Ribeira: 5 min., O Carregal: 8 min…etc..)
3.3 Proponse que se produzca flexibilidade no horario de carga e descarga no Casco Histórico.

     4.  Liñas vermellas:
4.1 Proponse manter libre de aparcamento determinadas prazas do Casco Histórico, en honra e a favor do noso Casco Histórico, como por exemplo  a praza de Fernán Pérez de Andrade e a Praza da Constitución.
4.2 Intentar regular a peatonalización durante as fins de semana, para un disfrute dos paseos, visitas, etc.. no noso Casco Histórico, e por tanto, do disfrute do noso patrimonio histórico-artístico.

Conclúese con dous puntos, que non deixan de ser menos importantes:
A.     Servizos eclesiásticos:
A1. Enterros-Funerais:
Limitar o aparcamento de vehículos nas prazas ó coche fúnebre e á familia     máis próxima ó difunto (supoñamos un número aproximado de seis ou oito coches aproximadamente).  Consensúase ser totalmente comprensible e flexible cun asunto de total respeto a unha circunstancia de falecemento.
A2. Vodas, bautizos, etc..:
Limitar considerablemente o acceso de vehículos. Neste tipo de ceremonias, non se considera necesario o acceso de vehículos, salvo posibles excepcións de persoas con deficiencias ou limitacións de mobilidade.





 

Acórdase pedir e esixir RESPONSABILIDADE e boas formas á Policía Local nas súas actuacións, e que non realicen, nas súas actividades, excesos de poder pola posición que ocupan.

viernes, 12 de abril de 2013

Los escaparates recuperados del Casco, vistos por Marisa Gabín



Compartimos con vosotros un regalo en forma de montaje fotográfico que nos ha hecho Marisa Gabín. En él se resume el trabajo que venimos llevando a cabo en los escaparates vacíos del Casco.




La fórmula es sencilla: los propietarios nos prestan los bajos vacíos o en alquiler y la Asociación se encarga de su limpieza y mantenimiento.




Actualmente contamos con seis escaparates en los que ya han expuesto más de veinte artesanos de muy diversa índole.
La iniciativa pretende embellecer el Casco, homenajear la tradición artesana del mismo, dar una oportunidad a nuevos creadores y hacerse eco de la bajada de los precios de los locales.

Si estás interesado en exponer o prestar tu bajo ponte en contacto con nosotros: correo@ betanzoshistorico.com.

lunes, 8 de abril de 2013

Convocatoria reunión de tráfico

Aunque esperamos que todos vosotros, socios y vecinos, hayáis recibido en vuestras casas la convocatoria formal para la reunión del jueves 11 de abril os lo recordamos desde aquí:

¿Qué? La regulación del tráfico en el Casco Histórico.
¿Por qué? Porque el Concello está manteniendo reuniones con comerciantes y vecinos de las que hemos sido vagamente informados como Asociación.
¿Cómo? En una reunión abierta donde esperamos vuestra participación activa, para lo que propondemos bloques de contenido a debatir.
¿Cuándo? Jueves 11 abril a las 21.00 (sin segunda convocatoria).
¿Dónde? En nuestro local social de la Pescadería.

Y... ¿Para qué? Para elaborar una opinión clara y consensuada respecto al tema que nos permita unir fuerzas en la lucha por un Casco democrático, cuidado y con vida.

Si queréis adelantaros con alguna pregunta o sugerencia: correo@betanzoshistorico.com

jueves, 4 de abril de 2013

Creatividad para recuperar el Casco

El comarcal de La Voz de Galicia, Abril 2013