Catro rúas cortadas en Betanzos polo perigo para os veciños dalgún dos seus edificios
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 6 de febreiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 6 de febreiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 5 de febreiro de 2010 |
![]()
|
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010
Seguindo coa intención de manter informada á cidadanía acerca das posibles axudas á
rehabilitación de vivendas do noso Casco Histórico, a Asociación faise eco do anuncio aparecido na edición impresa do xornal La Voz de Galicia do día 4 de febreiro de 2010, onde se anuncia a APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010.
Estas axudas van dirixidas a propietarios e/ou inquilinos de vivendas do noso Casco Histórico e zona de protección. Recóllense nesta convocatoria actuacións encamiñadas á Rehabilitación de vivendas, restauración de fachadas e carpinterías e a mellorar, entre outras, condicións de accesibilidade, protección contra incendios, ornato e salubridade, estanqueidade, seguridade estrutural, instalacións, etc.
O PRAZO para a presentación de solicitudes son os meses de FEBREIRO E MARZO e será necesario achegar a seguinte documentación:
- impreso de solicitude cumplimentado e asinado
- fotocopia/s compulsada/s do NIF de solicitante/s
- documento acreditativo da titularidade da vivenda
- declaracións responsables sobre o uso da vivenda e outras solicitudes efectuadas
- fotocopia da declaración da renda da unidade familiar do ultimo ano
A información sobre estas axudas pode atoparse na Oficina de Rehabilitación situada na planta baixa do Concello na Praza da Constitución, que deberá informar con precisión sobre as mesmas.
NORMATIVA APLICABLE:
- Convenio de colaboración entre o Ministerio de Vivienda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Betanzos.
- Ordenanza municipal reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas (BOP nº 260, do 12 de novembro de 2003). http://bop.dicoruna.es/bop/2003/11/12/11425-x.htm
| Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos | ![]() |
|
| ![]() |
| | |
| picando na imaxe podedes ver o artigo |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao xoves 4 de febreiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 2 de febreiro de 2010 |
Benvido ao blog da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, no que te animamos a participar aportando as túas ideas e opinións como comentarios, ou enviando as túas aportacións e suxerencias mediante o noso correo electrónico de contacto:
Tamén podes atoparnos en:
![]() | ![]() |
Un grupo de cidadáns preocupados polo progresivo deterioro do casco histórico de Betanzos, tanto no estado ruinoso de boa parte dos seus edificios como polo seu declive como espazo económico e residencial.
Un grupo de cidadáns a quen só move o interese cívico e que estamos decididos a actuar para deter este proceso e que o casco histórico volva a ser un lugar dinámico e agradable no que vivir, e poda ser legado con orgullo ás vindeiras xeracións.
©Template by Dicas Blogger.