sábado, 20 de agosto de 2011
viernes, 12 de agosto de 2011
ALMOEDA NO CASCO HISTÓRICO
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos dentro dos actos que organiza, co fin de dinamizar o Casco Histórico, programou para o día 20 de Agosto : “Almoeda” (mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e taller de reciclaxe), que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas na zona da igrexa de Santa María.
As persoas que o desexen poderán vender ou cambiar todo tipo de obxectos de segunda man ou elaborados artesanalmente, para o que deberán inscribirse a través do correo electrónico ou os teléfonos habilitados ao efecto.
Colaboran nesta actividade o Concello e as Parroquias de Betanzos, ademais de Copitec Dixital.
Promociona: Comerciantes e Empresarios do Casco Histórico de Betanzos.
Publicado por betanzoshistorico en 16:29 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, carteis, eventos
Artigos Relacionados: