Entrevista de presentación da directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico coa Alcaldesa de Betanzos
Na tarde do pasado xoves 27 de agosto tivo lugar unha entrevista de presentación dos membros da recentemente elixida directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico, coa Alcaldesa de Betanzos Dona María Faraldo.
Á reunión, que tivo lugar nas dependencias destinadas á Alcaldía no Edificio Liceo, tamén asistiu o concelleiro delegado de urbanismo, tráfico e seguridade cidadá José Luís Santos Cobelo e por parte da Asociación ademais do seu presidente Antonio Asensi, o vicepresidente David Martínez e a secretaria Mercedes Rosende.
Ao longo desta primeira toma de contacto os directivos da Asociación trasladaron ás máximas autoridades locais o interese e preocupación de gran parte dos veciños pola mellora do estado actual do noso Casco Histórico, e intercambiáronse ideas e opinións sobre o mellor xeito de conseguir este obxectivo que todos compartimos.