viernes, 19 de noviembre de 2010

Caída dunha cornixa anunciada

     Como era tristemente previsible, onte sobre as 21 horas precipitáronse sobre a rúa os cascotes e bloques de cantería que formaban a cornixa do número 9 da rúa da Torre que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, denunciara xa nun par de ocasións, polo seu evidente perigo de derrube dado o seu mal estado de conservación que constituía un evidente perigo para as persoas e bens.

         A primeira fotografía corresponde á documentación gráfica que  Amigos do Casco Histórico achegou ao seu último informe advertindo do perigo do estado desta cornixa.

     A segunda foi tomada na mañá de hoxe despois do derrube.

     A fortuna quixo que a consecuencia do suceso non se producise ningunha desgraza persoal, e nun principio só advertimos danos nos tellados das casas colindantes, así como nun vehículo aparcado nesa rúa.

     O material que se desprendeu da fachada foi recollido por membros de protección civil, que procederon a cortar a calle.

O Consello da Xunta aproba unha inversión de 700.000 euros para a adquisición de varias vivendas

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 19 de novembro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 19 de novembro de 2010

lunes, 15 de noviembre de 2010

Desde a Concellería de Urbanismo de Betanzos, obsérvase que o casco histórico betanceiro está en franca melloría.

La Concejalía de Urbanismo ha dado 238 permisos para realizar actuaciones urbanísticas en todo el municipio.
Una de cada tres licencias otorgadas este año fue de obras en el casco antiguo.
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 14 de novembro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 14 de novembro de 2010

viernes, 5 de noviembre de 2010

Os xornais recollen a nova actuación de denuncia de edificios ruinosos da Asociación Amigos do Casco Histórico

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 5 de novembro de 2010

elidealgallego_051110

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao venres 5 de novembro de 2010

lavozdegalicia_051110

consultar a nova na edición dixital de “La Voz de Galicia”

 
Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao venres 5 de novembro de 2010

laopinion_051110

     A “Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos” quere agradecer a sensibilidade dos medios de comunicación ante este problema, na súa campaña de denuncia e concienciación cidadá, para que as institucións públicas adopten solucións para resolver definitivamente esta situación que prexudica a imaxe da nosa cidade, e inflúe negativamente nun crecente turismo cultural emerxente, que se gañou o noso rico e belo Patrimonio Histórico por méritos propios.

Amigos do Casco Histórico continúa coa súa campaña de denuncia do estado de perigo e abandono de numerosos inmobles

     Como xa o fixera noutra ocasión anterior, a “Asociación Amigos do Casco Histórico” presentou á Corporación Municipal do Excmo. Concello de Betanzos un novo escrito con informes e documentación gráfica, de inmobles do casco histórico nos que se considera necesaria unha actuación urxente, por objetivar deficiencias que supoñen un grave risco para persoas e bens , co fin de que se adopten as medidas de competencia municipal necesarias, o máis axiña posible , para solucionar o problema.

     Tamén se testemuñou, que ante a chegada da estación invernal, adóptense as medidas de seguridade oportunas noutros inmobles en mal estado de conservación, co mesmo fin: garantir a seguridade dos cidadáns e bens.

     A “Asociación Amigos do Caco Histórico” quere transmitir a constante preocupación dos veciños ante esta grave situación, que obriga a pechar rúas, alterando o tránsito necesario de persoas e vehículos.

     Por último, a “Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos” quere agradecer a sensibilidade dos medios de comunicación ante este problema, na súa campaña de denuncia e concienciación cidadá, para que as institucións públicas adopten solucións para resolver definitivamente esta situación que prexudica a imaxe da nosa cidade, e inflúe negativamente nun crecente turismo cultural emerxente, que se gañou o noso rico e belo Patrimonio Histórico por méritos propios.

ribeira_106 ribeira_20 santiago_1
cerca_41 sanfrancisco_37
santiago_3 cerca_13 santiago_2
cerca_09 clerigos_13 santiago_5
ribeira_52_2 irmandinos_4_6 lanzos_23
horreo_28

torre_9_2