| Texto galego/castelán: O texto en galego/castelán ten un problema de coherencia no último párrafo,xa que se salta da descipción da Diana á instalación da traída de augas,sen explicar que as traídas substituiron o uso doméstico das fontes,co cal a súa comprensión é deficiente. | Texto inglés: Xa ó comenzo úsase “fussed”,participio do verbo “to fuse”, “fundir”,no sentido en que se funden os fusibles ( que se chaman así por esta razón),palabra ésta coa que está emparentada,a través do latín. Porén,o verbo en inglés para “fundir”,no sentido metalúrxico,é en inglés “ to cast”. Polo tanto,o texto correcto debería ter sido: “Cast in Paris by the Ducet and Fils company…” Neste contexto, “imitating” debería ter sido relegado por “after”,que é o que lle da as connotacións dun ”modelo que se segue”. Por tanto deberíase ter preferido “after the Diana of Versailles´,in the Louvre”. Cando se di “ in which he took…” , o pronome persoal “he”,non ten antecedente ningún na frase,co cal non se entende a quen se refire. A razón é que o texto orixinal é impersonal: “ se tomaron”. Polo tanto,o texto inglés debería ter sido : “ In which the first photographs of a public event were taken”. Ademáis,repétese a palabra “event” e utilízase “informant”,que ten un sentido moi distinto o de “informador”,ainda que esta palabra tamén está mal empregada en castelán. As palabras correctas deberían ter sido “informador”,no texto castelán e “reporter”,no texto inglés. Ainda mellor: “ according to media reports of the time”. O absurdo máis absoluto está no derradeiro párrafo. A palabra castelán “traída” é un sustantivo que coincide,efectivamente,co participio do verbo “traer”,pero non se pode traducir tomando o mesmo tempo do verbo inglés e convertíndoo nun sustantivo que non existe “to bring”…”brought” (¿). Non hai nada na palabra inglesa “brought” que teña nada que ver co subministro público de auga. O texto queda así non xa incomprensible senón indescifrable para un anglófono. En inglés debería terse escrito : “the public water supply” ; E se se engadira: “ which made the use of springs obsolete” ( “que deixou obsoleto o uso das fontes”) . quedaría ademáis claro por qué se traen a conto as traídas. |