viernes, 24 de septiembre de 2010

“BETANCEIROS EN EL MUNDO” CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN CON 2 MINUTOS DE SILENCIO POLA CASA GÓTICA

captura_facebook_2      Cando están a piques de cumprirse dous anos desde que Betanzos amencese un día sen unha das súas casas máis representativas e emblemáticas, a Casa dos Vilousaz, ou máis coñecida por todos como a Casa Gótica, Betanceiros en el Mundo convoca a todos os seus amigos e simpatizantes a través de Facebook para que participen nunha concentración ou evento,  que inclúe un par de minutos de silencio, o próximos sábado 9 de outubro ás 20:30, na rúa da Cerca, mesmo diante do solar que ocupaba a que todos considerabamos a casa máis antiga e bonita de Betanzos.

captura_facebook 

Para saber os detalles da convocatoria, e poder expresar a túa opinión sobre ela, pica na imaxe ou sobre  este texto que te levará a páxina de Facebook de “Betanceiros en el Mundo”

     A Xunta Directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, en sesión celebrada no día de onte xoves 23 de setembro de 2010 tomou entre outros acordos o de apoiar este evento.

image

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Adjudican por 417.270 euros el albergue de peregrinos brigantino

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 8 de setembro de 2010

lavozdegalicia_080910

Cultura adjudica las obras para el albergue de peregrinos

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao mércores 8 de setembro de 2010

laopinion_080910

martes, 7 de septiembre de 2010

ADXUDICADO O ALBERGUE DE PEREGRINOS

Por fin!

Cando xa estabamos a tremer pola súa rehabilitación a casa da pescadería parece que ve luz verde cara ao seu destino como albergue de peregrinos.

Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

Aínda que non chega para este ano santo, tal e como se nos anunciara, celebramos igualmente que este proxecto se materialice nos próximos meses. Porque 8 meses son o plaza ofertado pola empresa adxudicataria e esperamos non supere ese tempo e vexamos en plena época primaveral acobillar peregrinos nas súas instalacións.

O anuncio vense de publicar na web da Sociedad Pública de Investimentos de Galicia este día 6 e fontes cercanas á Asociación Amigos do Casco Histórico nos anuncian comezo de obras en dúas ou tres semanas… que así sexa.

Agardamos con inquietude este comezo desexando ver materializada esta obra e así poñer unha pedra importante na dinamización do noso Casco Histórico e recuperar un dos seus edificios civís emblemáticos.

Noraboa a tod@s.




Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
image

 

lunes, 6 de septiembre de 2010

A I Concentración de Motos Clásicas no xornal “El Entorno Metropolitano”

     O xornal  "El Entorno Metropolitano" recolle no  seu número correspondente ao mes de agosto o éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, celebrado o pasado 28 de agosto.

metropolitano_0810

A I Concentración de Motos Clásicas no xornal Betanzos e a súa comarca

     O xornal  "Betanzos e a súa comarca" recolle no  seu número correspondente ao mes de setembro o éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, celebrado o pasado 28 de agosto.

Recorte do xornal "Betanzos e a súa Comarca" correspondente ao mes de setembro de 2010




Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de setembro de 2010 do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de:

http://www.comerciodebetanzos.com

páxina  da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE)

betanzsoeasuacomarca_0910_portada