sábado, 27 de febrero de 2010

Betanzos non se resigna a perder as súas “xoias medievais”

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010

A Casa Gótica non é unha ruína

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010

Nova da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010

viernes, 26 de febrero de 2010

Onte celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria de Socios da Asociación Amigos do Casco Histórico

     Onte, 25 de febreiro, celebrouse a asamblea xeral ordinaria de Socios da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, co obxecto de informar, primordialmente, sobre as actuacións levadas a cabo no último ano e presentar ante todos os resultados da enquisa sobre o Casco Histórico.

asamblea_1 

     A relación das actividades realizadas dende a última asamblea (xuño de 2009) estruturouse en actividades administrativas, culturáis, informativas e institucionáis. No eido cultural destacaron diversas iniciativas como foron a elaboración do “xogo do Tiruriru” e a conseguinte difusión entre asociacións, escolares, medios e concello. Recordouse o éxito da visita guiada organizada pola Asociación e o precedente que sentou de cara a este Ano Santo e se aproveitou o foro para anunciar o acordo de colaboración coa ONG “Imagen en Acción” para realizar unha reportaxe fotográfica sobre o noso Casco.

     En relación coas actividades informativas falouse da confección e reparto de información sobre as subvencións anunciadas e se aproveitou a ocasión para recordar que o prazo para a súa solicitude está aberto ata fináis de marzo. A continuación explicouse en profundidade o proceso de elaboración das notificacións sobre os edificios en riesgo para a cidadanía mencionando que estamos á espera de recibir información do concello sobre a situación desas notificacións. Neste punto aproveitouse para lembrar que estes escritos foron enviados, despóis da súa entrega ao concello, a tódolos grupos políticos con representación municipal.

asamblea_3 

     O punto sobresaínte da asamblea foi a presentación da enquisa aos asociados entregando un exemplar do documento resumen a cada un dos presentes. Lembrando a participación elevada, con 688 enquisados, sobresaen na enquisa a necesidade de concienciación e implicación cidadá e a rehabilitación das vivendas xunto coa información sobre axudas, como os tres aspectos máis prioritarios. Quedou patente a unanimidade dos consultados sobre a importancia máxima do Casco Histórico para Betanzos e a urxencia de recuperar o seu rico patrimonio histórico artístico e conseguir que sexa unha referencia dun turismo cultural emerxente e o motor económico da comarca.

     Xa nas actividades previstas para o futuro vindeiro, a Asociación esbozou unhas liñas de actuación que seguen as iniciadas nos ámbitos da difusión, información e reclamación, facendo fincapé na idea de abrir novas vías de participación cidadá.

asamblea_2

     No animado turno de rogos e preguntas quedou reflexo patente da importancia de promocionar o noso Casco Histórico facendo partícipes del a tódolos Betanceiros e veciños da comarca, seguros que do renacer do noso Casco seremos beneficiarios todos…sen ningunha duda.

En Betanzos, febreiro de 2010.

image

jueves, 25 de febrero de 2010

Presentación dos resultados da enquisa sobre o estado do casco hístórico no Matadoiro

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 25 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 25 de febreiro de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao xoves 25 de febreiro de 2010

laopinion_250210

miércoles, 24 de febrero de 2010

Resultados da enquisa sobre o estado do Casco Histórico de Betanzos

A Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos nada para promover a rehabilitación integral do Casco histórico (CH), realizou un estudo a través dunha enquisa para coñecer a opinión dos cidadáns sobre o CH e determinar cales serían as actuacións prioritarias a realizar.

Desta avaliación global da situación do CH esperamos sentar as bases para posteriores estudos de seguimento así como achegar ideas cara a un Plan Integral para o CH.

DSC_0204

Dita enquisa, con carácter anónimo, realizouse na nosa cidade entre os meses de xullo e Agosto do 2009

A participación cidadá foi elevada, con 688 enquisados.

A totalidade dos enquisados resaltan a importancia do CH para Betanzos e a necesidade de implicarse políticos e cidadanía para recuperar o seu rico patrimonio histórico artístico, dando unha imaxe atractiva e competitiva da que se beneficien residente e visitantes, e conseguir que sexa unha referencia dun turismo cultural emerxente e o motor económico da comarca.

Os resultados xerais puxeron de manifesto que os aspectos peor valorados na enquisa foron: o estado en xeral do CH, pavimentación, mal estado das vivendas, déficit de zonas verdes e equipamentos socioculturais, escaseza de aparcadoiro

As tres accións prioritarias máis importantes son: a rehabilitación das vivendas, implicación da cidadanía e subvencións para rehabilitar o CH

No apartado de suxestións destacar que os cidadáns desexan a rehabilitación, buscando un CH vivo, considerando positivo un debate coa cidadanía, para definir o tipo de casco que desexan

A recuperación do CH é unha obrigación para propietarios e institucións públicas, pois é o mellor legado histórico-cultural que lles podemos deixar ás nosas futuras xeracións.

 

EDICIÓN COMPLETA

Podes descargar o dossier completo da enquisa, pulsando no icono de abaixo, que che levará ao espazo de "windows live" onde está aloxada.
   
portada_enquisa



portada_enquisa_resumen
 

EDICIÓN RESUMIDA

Utilizando o mesmo sistema, podes baixarte unha edición resumida da enquisa, que pode resultar máis práctica para imprimir ou ver os resultados máis significativos.

   

     O espazo onde está aloxada a enquisa é gratuíto, e polo tanto nalgún momento pode deixar de funcionar. Si isto pasase podes enviar un correo pedindo a enquisa a correo@betanzoshistorico.com e con moito gusto cha enviarermos.

presentacion_enquisa

Os resultados da enquisa, foron presentadosn polo presidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, Antonio Asensi e vicepresidente David Martínez, nunha rolda de prensa que tivo lugar no recentemente restaurado edificio "Matadoiro", este mesmo mércores 24 de febreiro.

martes, 23 de febrero de 2010

A Asociación Amigos do Casco Histórico convoca Asamblea Xeral de socios

ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

Estimado socio:

Pola presente comunícolle que o vindeiro xoves día 25 de febreiro do   2010
reuniráse a Asamblea Xeral de socios en sesión extraordinaria, en primeira
convocatoria ás 20:30h e en segunda convocatoria ás 20:45h.
Dita sesión celebraráse na Aula de Caixa Galicia, situada no Cantón de
San Roque, nº 3 e terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior.
2. Estado das contas.
3. Información das actividades realizadas
4. Enquisa. Presentación.
5. Actividades previstas
6. Rogos e preguntas.

Esperando poder contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.
En Betanzos, febrero de 2010

Estimado socio:

Por la presente le comunico que el próximo jueves día 25 de febrero de
2010 se reunirá la Asamblea General de socios en sesión
extraordinaria, en primera convocatoria a las 20:30h y en segunda
convocatoria a las 20:45h. Dicha sesión se celebrará en el Aula de
Caixa Galicia, situada en el Cantón de San Roque, nº 3 y tendrá el
siguiente orden del día:
1. lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior.
2. estado de las cuentas.
3. información de las actividades realizadas
4. encuesta. Presentación.
5. Actividades previstas
6. ruegos y preguntas.
Esperando poder contar con su presencia, reciba un cordial saludo.
En Betanzos, febrero de 2010.

jueves, 11 de febrero de 2010

Os xornais recollen as reivindicacións da nosa Asociación ante o Concello

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 11 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 11 de febreiro de 2010 Podes picar na imaxe para vela ampliada

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao sábado 23 de xaneiro de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao sábado 23 de xaneiro de 2010

miércoles, 10 de febrero de 2010

AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO ESIXE AO CONCELLO MEDIDAS CONTUNDENTES PARA GARANTIR A SEGURIDADE

     O pasado día 2 de febreIro reuniuse unha representación da nosa Asociación coa Alcaldesa e o Concelleiro de urbanismo para repasar as últimas accións promovidas tanto pola Asociación como polo Concello en relación co noso Casco Histórico.

entrevista_concello_020210 

     Esta reunión veu precedida da lamentable caída da vivenda da rúa dos Sombreireiros e marcou boa parte do contido da mesma.

    

A nosa intención foi recabar información tanto sobre aquelas iniciativas presentadas pola Asociación como aquelas anunciadas polo goberno municipal en disitintos medios. Así mesmo, falouse sobre futuras accións de cara a este Ano Santo.

 

     Comezouse falando sobre as notificacións de vivendas en estado de perigo para a seguridade pública presentadas pola Asociación no seu día. Entre elas, desafortunadamente estaba a vivenda da rúa dos Sombreireiros e nesa liña a Asociación insistiu na necesidade de empregar medidas contundentes en situacións extremas coma a referida, mesmo chegando a execucións subsidiarias en caso de omisión. Neses termos o Concello comunicounos que ía comezar coa execución subsidiaria das obras de consolidación das edificacións adxacentes á demolida, en caso de desatenderse o requerimento previo. Tamén se nos adiantou que de agora en adiante, os requerimentos con aviso de sancións e execucións subsidiarias ían ir en aumento debido á situación á que estamos chegando.

Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

     A continuación preguntamos sobre outra das reinvindiacacións da Asociación, a licitación do Albergue de peregrinos, anunciada en Consello da Xunta de 26 de novembro, para fináis de ano. Anticipóusenos que no prazo dun mes publicaríase dito anuncio. Dando por boa esta resposta polo momento, a Asociación fixo fincapé en que no caso de non producirse dita publicación, esixiríamos, xa de modo máis firme, o cumprimento do anunciado.

     Sobre a posibilidade de ubicar unha Oficiña de Información ao peregrino na Ponte Vella, tal e como propuxemos dende a Asociación, recoñecéusenos a dificultade de dotar de personal para ese posto. Falamos da posibilidade de empregar voluntariado e insistimos na idoneidade da proposta sobre todo cara aos meses centráis do ano.

     Con respecto a aquelas iniciativas anunciadas anteriormente polo goberno municipal, quixemos coñecer, sobre todo, en que estado estaba a compra de inmobles por parte da administración autonómica. Contestóusenos que se remitiran as diferentes ofertas en poder do Concello ao IGVS para comezar a negociación cos disitntos propietarios. Esperamos que en vindeiras datas esto teña os seus froitos e nese sentido seguiremos expectantes.

puerta_del_cristo

    

    

     O outro anuncio municipal polo que preguntamos foi o referido á reparación dos Arcos e Portas de entrada ao Casco e sobre todo a retirada de cableado das mesmas, obxecto de petición de subvención á Diputación. A resolución desa solicitude, está prevista polo Concello para datas próximas.

 

     Xa de cara ao Ano Santo insistimos na necesidade de programar visitas guiadas ao Casco Histórico, tanto para escolares como para calquer cidadán, incluso con periodicidade fixa nos meses de verán. Respecto á organización de actividades culturáis dentro da programación do Xacobeo non se nos anunciou nada concreto, se ben sí se falou de que o Concello ía recibir fondo para organizar actos destas características. Insistimos na idoneidade do noso Casco para celebrar este tipo de eventos, tanto pola súa singularidade como pola súa oportunidade.

     A Asociación, como representación dun incipiente movimento de concieciación social sobre o valor no noso Casco Histórico, aproveitou a reunión para trasmitir a esixencia de ter información de primeira man, de agora en adiante, sobre aquelas actuacións ou obras a acometer no mesmo.

     O encontro rematou, tras 3 horas, cun recordatorio, que facemos extensivo a tódo-los partidos políticos, sobre a necesidade de que o noso Casco Histórico teña, sempre, unha presenza prioritaria na axenda política dos nosos gobernantes.

     E nesas seguiremos.

image

lunes, 8 de febrero de 2010

Catro rúas cortadas en Betanzos polo perigo para os veciños dalgún dos seus edificios

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 6 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 6 de febreiro de 2010

sábado, 6 de febrero de 2010

Confirmado o desaloxo dos veciños de A Cerca que nuns días poderán volver á súa vivenda

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 5 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 5 de febreiro de 2010







Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao venres 5 de febreiro de 2010.
Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao venres 5 de febreiro de 2010

viernes, 5 de febrero de 2010

Nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010

     Seguindo coa intención de manter informada á cidadanía acerca das posibles axudas á
rehabilitación de vivendas do noso Casco Histórico, a Asociación faise eco do anuncio aparecido na edición impresa do xornal La Voz de Galicia do día 4 de febreiro de 2010, onde se anuncia a APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010.

anuncio_axudas_2010
     Estas axudas van dirixidas a propietarios e/ou inquilinos de vivendas do noso Casco Histórico e zona de protección. Recóllense nesta convocatoria actuacións encamiñadas á Rehabilitación de vivendas, restauración de fachadas e carpinterías e a mellorar, entre outras, condicións de accesibilidade, protección contra incendios, ornato e salubridade, estanqueidade, seguridade estrutural, instalacións, etc.
    

     O PRAZO para a presentación de solicitudes son os meses de FEBREIRO E MARZO e será necesario achegar a seguinte documentación:
          - impreso de solicitude cumplimentado e asinado
          - fotocopia/s compulsada/s do NIF de solicitante/s
          - documento acreditativo da titularidade da vivenda
          - declaracións responsables sobre o uso da vivenda e outras solicitudes efectuadas 
          - fotocopia da declaración da renda da unidade familiar do ultimo ano
    

     A información sobre estas axudas pode atoparse na Oficina de Rehabilitación situada na planta baixa do Concello na Praza da Constitución, que deberá informar con precisión sobre as mesmas.


NORMATIVA APLICABLE:
     - Convenio de colaboración entre o Ministerio de Vivienda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Betanzos.
     - Ordenanza municipal reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas (BOP nº 260, do 12 de novembro de 2003). http://bop.dicoruna.es/bop/2003/11/12/11425-x.htm

Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos 
Betanzos, febreiro de 2010

image

imaxe_axudas

jueves, 4 de febrero de 2010

A seguridade dos cidadáns obxectivo prioritario

     

     A edición dixital do xornal La Voz de Galicia, publicou onte unhas declaracións de Antonio Asensi, presidente da Asociación Amigos do Casco, sobre o peche das rúas Sombrereiros e Cerca, como consecuencia do último derrube dunha das súas casas, considerándoo unha medida necesaria para salvaguardar a seguridade dos cidadáns de Betanzos


vozdixital_030210

picando na imaxe podedes ver o artigo

“desaloxo inmediato” para os veciños afectados polo derrube da rúa sombrereiros

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao xoves 4 de febreiro de 2010.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao xoves 4 de febreiro de 2010

miércoles, 3 de febrero de 2010

O goberno municipal desaloxa varias vivendas na rúa da Cerca ante o perigo de novos derrubes

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 3 de febreiro de 2010.

martes, 2 de febrero de 2010

O Concello pide melloras no servizo de recollida de lixos no casco histórico betanceiro

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 2 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 2 de febreiro de 2010

Continúa adiante a instrución xudicial sobre o desmonte da Casa Gótica

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 2 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 2 de febreiro de 2010