Fotos gañadoras I Gymkana Fotográfica Casco Histórico de Betanzos
Tal e como figuraba nas bases do concurso, o pasado sábado ás 13 horas na praza da Constitución, deuse a coñecer o fallo do xurado, e a entrega de premios aos gañadores da I Gymkana Fotográfica Casco Histórico de Betanzos.
O xurado estivo presidido polo experto fotógrafo Raúl Gil, e na súa composición tamén figuraba un representante da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos e outro máis designado polos comerciantes promotores do evento.
O primeiro premio 250 €, trofeo e diploma, foi para: José Luís Lagares Crespo, coa foto que leva por título: "Maceta, Escaleras, Farol”.
Realizou a entrega do premio: Ramón García Vázquez Alcalde do Excmo. Concello de Betanzos
O segundo premio 150 €, trofeo e diploma, foi para: Isabel Rumbo coa foto: S/T. Realizou a entrega: Paula Roel en representación de Comerciantes e Empresarios do Casco Histórico.
O terceiro premio 100 €, trofeo e diploma, foi para Ana Muiño pola foto que leva por título: "Soportais Praza da Constitución" Entega o premio: Mercedes Rosende en representación da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
Ao concurso presentáronse 30 participantes que presentaron un total de 88 fotos, moitas delas de gran calidade a dicir dos membros do xurado, achegando moitas delas puntos de vista e aspectos novos do noso Casco Histórico.
Despois de estar as fotos expostas en paneis en diversos puntos da zona comercial do Casco Histórico, o concurso inicia agora unha segunda fase de exposición xa que ata mediados do mes de xullo as fotos poderán verse nos escaparates dos establecementos colaboradores constituíndo así outro aliciente máis para visitar e pasear Betanzos.