"Lave os pés antes de entrar no casco..."
Foto e comentario recibidos en correo@betanzoshistorico.com con rogo de publicación.
Foto e comentario recibidos en correo@betanzoshistorico.com con rogo de publicación.
Publicado por betanzoshistorico en 21:38 1 comentarios
Etiquetas: fotodenuncia
Artigos Relacionados: Parece mentira pero non é. Domingo 28 de marzo, domingo de Ramos,son as 6,30 do serán o Campo, os Soportais, a Porta da VIla chea de xente.... a imaxe non ten "desperdicio" |
![]() |
Foto y comentario recibidos en correo@betanzoshistorico.com con ruego de publicación.
Publicado por betanzoshistorico en 20:31 1 comentarios
Etiquetas: fotodenuncia
Artigos Relacionados:A Fundación CIEC, Centro Internacional de Estampa Contemporánea, e unha fundación privada creada en 1997, froito do esforzo e tesón do artista Jesús Núñez, có obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
Pola súa actividade converteuse hoxe en día nun dos principales axentes dinamizadores do noso casco histórico.
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 29 de marzo de 2010 |
Baixo esta formulación inicial, aparece no exemplar de marzo de "BETANZOS e a súa comarca" un extenso artigo de opinión onde Xulio Rozados, este amante de Betanzos onde os haxa, tenta penetrarnos, coa prosa socarrona que o caracteriza, nos "misterios" actuais, que rodean á polo de agora “desaparecida” casa dos Vilousaz.
"BETANZOS e a súa comarca", máis coñecido por "O períódico de Betanzos", ou "O xornal dos comerciantes", dá conta no seu número correspondente a este mes de marzo de 2010, da celebración e dos pricipales acordos tomados na nosa recentemente celebrada "Asemblea Xeral de Socios". ___________________________________________ |
“Amigos do casco histórico” propón en Asamblea as novas liñas de acción para este anoO colectivo presentou as iniciativas levadas a cabo dende a súa creación e novas propostas de actuación REDACCIÓN / Betanzos A Asociación “Amigos do Casco Histórico” debatíu en Asamblea as diferentes liñas de acción que o colectivo levará adiante ao longo do ano. Tras realizar un balance das actividades promovidas dende a súa creación, presentaron aos seus asociados os resultados das enquisas realizadas durante os meses de xullo e agosto pasado así como as diferentes xestións realizadas durante estes primeiros meses de andaina do colectivo. O Presidente do colectivo, Antonio Asensi, salientou a importancia de conseguir a implicación non so das administracións e dos políticos, senón sobre todo, da cidadanía á hora de coidar e rehabilitar a zona monumental da cidade. “A responsabilidade última da conservación do casco e das súas edificacións é dos propietarios”, dixo, “a xente ten que ter conciencia e consciencia neste sentido. O casco histórico está enfermo pero ten tratamento”. |
![]() | O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle no seu número correspondente ao mes de marzo de 2010, varias novas relacionadas coa actividade de Amigos do Casco Histórico |
![]() Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de marzo de 2010 do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de: http://www.comerciodebetanzos.com páxina da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE) | ![]() |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao martes 9 de marzo de 2010 |
Baixo este suxestivo título, “La Voz de Galicia” de hoxe, publica unha extensa reportaxe de Xesús Fraga, sobre os antecedentes e estado actual do Casco Histórico brigantino.
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 8 de marzo de 2010. |
Dentro da ampla reportaxe e baixo o título de "Un diamante sin pulír", recóllese un artigo de opinión de Bego Méndez e David Martínez, ambos arquitectos pertencentes ao estudo BMDM, (http://www.bmdmarquitectos.blogspot.com/) radicado no noso casco histórico, e persoas moi activas dentro da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, da cal David Martínez é vicepresidente.
Publicado por betanzoshistorico en 17:27 0 comentarios
Etiquetas: prensa, referencias
Artigos Relacionados:Blancolexítimo recolle non seu “outeiro”, o descontento dunha boa parte dos veciños das rúas dos Ánxeles e Cruz Verde, que debido á nova, e polo visto definitiva, ordenación do tráfico derivada das obras que estanse a facer na zona dos soportais, teñen que acceder ás súas vivendas a partir de agora pola Fonte de Unta.
O asunto, que xa dou lugar a unha manifestación de veciños e apareceu reiteradamente na prensa, o fundamenta cun vídeo ilustrativo colgado na rede onde pode verse o percorrido que tiveron que facer os residentes desta zona nun día en que debido a estar esta rúa tamén en obras, para máis desgraza e paciencia si cabe, tiveron que desviarse na Fonte de Unta, pola rúa das Monxas, paseo da Tolerancia e rúa do Pozo, para a través da Cañota, acceder a plazoleta dos Ánxeles, e continuar ainda camiño os que iban para a Cruz Verde.
Publicado por betanzoshistorico en 14:32 3 comentarios
Etiquetas: ligazóns, referencias, video
Artigos Relacionados: “Imagen en Acción”, é unha organización non gobernamental, apartidista e aconfesional, que nace co fin principal de porse ao servizo doutras ONG e colectivos sociais que traballan no campo da sensibilización, a acción social e a cooperación internacional ofrecendo a cobertura fotográfica de eventos, actividades e proxectos. Desta forma, coa axuda do material gráfico achegado por IEA, preténdese que o papel que estas organizacións exercen na sociedade sexa máis visible e teña un maior impacto. Como sabedes a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, subscribiu un acordo de colaboración con “Imagen en Acción” para obter a súa axuda na mellor potenciación do noso casco histórico. Como primeiro froito deste acordo de colaboración, un equipo desta Asociación desprazouse a Betanzos, e entrevistou ao noso presidente Antonio Asensi. A entrevista, adornada cunhas estupendas fotos do noso casco histórico, aparece na súa revista “Objetivo Solidario” correspondente ao mes de febreiro. |
|
Publicado por betanzoshistorico en 15:10 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, fotos, ligazóns, prensa, referencias
Artigos Relacionados:![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 28 de febreiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 27 de febreiro de 2010 |
![]() | Recorte da edición dixital do xornal “La Opinión” correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010 |
Un grupo de cidadáns preocupados polo progresivo deterioro do casco histórico de Betanzos, tanto no estado ruinoso de boa parte dos seus edificios como polo seu declive como espazo económico e residencial.
Un grupo de cidadáns a quen só move o interese cívico e que estamos decididos a actuar para deter este proceso e que o casco histórico volva a ser un lugar dinámico e agradable no que vivir, e poda ser legado con orgullo ás vindeiras xeracións.