Betanzos en “España Directo”
Fragmento do Programa de RTVE "España Directo" correspondente ao luns 27 de decembro de 2010 onde se mostra o estado de ruína e abandono do casco histórico de Betanzos e entrevístase a algúns veciños que viven na zona.
Fragmento do Programa de RTVE "España Directo" correspondente ao luns 27 de decembro de 2010 onde se mostra o estado de ruína e abandono do casco histórico de Betanzos e entrevístase a algúns veciños que viven na zona.
Publicado por betanzoshistorico en 3:40 0 comentarios
Etiquetas: referencias, video
Artigos Relacionados:Foto: José Manuel G. Casal
Decembro 2010
Publicado por betanzoshistorico en 15:54 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, festas
Artigos Relacionados:
O casco histórico de Betanzos sufre un novo derrumbo da outra casa Gótica na rúa da Cerca
Desplomouse parte do tellado e unha parede coa fortuna de que todos os cascotes cairon cara o interior da propia casa. Policía Local e los efectivos de Protección Civil de Betanzos, que recibiron o aviso dos veciños, optaron por cortala vía á espera da evaluación do estado da vivienda deshabitada.
![]() | Recorte da edición dixital do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao Luns 7 de decembro de 2010 |
Preme na imaxe para consultar a nova na edición dixital de “La Voz de Galicia”
Como era tristemente previsible, onte sobre as 21 horas precipitáronse sobre a rúa os cascotes e bloques de cantería que formaban a cornixa do número 9 da rúa da Torre que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, denunciara xa nun par de ocasións, polo seu evidente perigo de derrube dado o seu mal estado de conservación que constituía un evidente perigo para as persoas e bens.
A segunda foi tomada na mañá de hoxe despois do derrube.
A fortuna quixo que a consecuencia do suceso non se producise ningunha desgraza persoal, e nun principio só advertimos danos nos tellados das casas colindantes, así como nun vehículo aparcado nesa rúa.
O material que se desprendeu da fachada foi recollido por membros de protección civil, que procederon a cortar a calle.
Publicado por betanzoshistorico en 18:20 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, fotodenuncia, novas
Artigos Relacionados:![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 19 de novembro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 14 de novembro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao venres 5 de novembro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao venres 5 de novembro de 2010 |
![]() | Recorte da edición dixital do xornal “La Opinión” correspondente ao venres 5 de novembro de 2010 |
A “Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos” quere agradecer a sensibilidade dos medios de comunicación ante este problema, na súa campaña de denuncia e concienciación cidadá, para que as institucións públicas adopten solucións para resolver definitivamente esta situación que prexudica a imaxe da nosa cidade, e inflúe negativamente nun crecente turismo cultural emerxente, que se gañou o noso rico e belo Patrimonio Histórico por méritos propios.
Publicado por betanzoshistorico en 18:28 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, prensa
Artigos Relacionados:Como xa o fixera noutra ocasión anterior, a “Asociación Amigos do Casco Histórico” presentou á Corporación Municipal do Excmo. Concello de Betanzos un novo escrito con informes e documentación gráfica, de inmobles do casco histórico nos que se considera necesaria unha actuación urxente, por objetivar deficiencias que supoñen un grave risco para persoas e bens , co fin de que se adopten as medidas de competencia municipal necesarias, o máis axiña posible , para solucionar o problema.
Tamén se testemuñou, que ante a chegada da estación invernal, adóptense as medidas de seguridade oportunas noutros inmobles en mal estado de conservación, co mesmo fin: garantir a seguridade dos cidadáns e bens.
A “Asociación Amigos do Caco Histórico” quere transmitir a constante preocupación dos veciños ante esta grave situación, que obriga a pechar rúas, alterando o tránsito necesario de persoas e vehículos.
Por último, a “Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos” quere agradecer a sensibilidade dos medios de comunicación ante este problema, na súa campaña de denuncia e concienciación cidadá, para que as institucións públicas adopten solucións para resolver definitivamente esta situación que prexudica a imaxe da nosa cidade, e inflúe negativamente nun crecente turismo cultural emerxente, que se gañou o noso rico e belo Patrimonio Histórico por méritos propios.
|
Con motivo do Día Mundial da Arquitectura, 4 de Outubro, a delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, decide homenaxear o Casco Vello de Betanzos.
O colectivo de arquitectos debía elexir unha obra nova, unha obra histórica e un tramo físico vinculados ao Camiño de santiago. O noso Casco Histórico é obxeto de homenaxe no epígrafe de obra histórica.
Neste sentido, a Asociación de Amigos do Casco Histórico celebra esta visión conxunta do noso núcleo histórico o que non fai senón reforza-la idea de que ademáis da estricta restauración dos inmobles de interese patrimonial o que prima é a rehabilitación e posta en valor de todo o conxunto.
|
UNHA OBRA HISTÓRICA: O CASCO VELLO DE BETANZOS
O peregrino cruza o río Mandeo pola Ponte Vella e entra en Betanzos, antiga capital dunha das sete provincias do Reino de Galicia, polo Arco da Ponte Vella, unha das portas da muralla medieval. A rúa dos Prateiros conduce ata a Porta da Vila e á populosa praza de García Irmáns.
A cidade presenta un dos conxuntos histórico-artísticos máis relevantes de Galicia. Do seu pasado señorial, da Baixa Idade Media, renacentista e barroco, falan rúas e prazas, igrexas, conventos, retablos e capelas. Entre os edificios civís destacan o Pazo de Bendaña (ss. XV-XVIII) e o Pazo do Concello (s. XVIII). Os templos góticos constitúen un conxunto de referencia: a igrexa de Santiago (s. XV) foi patrocinada por Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, e ten na súa portada unha imaxe de Santiago Cabaleiro; presenta unha planta de tres naves e tres ábsidas e conta con capelas como a de don Pedro de Ben, xoia renacentista que contén un dos mellores retablos do renacemento galego, obra do escultor Cornielles de Holanda (s. XVI).
Outra igrexa gótica é a conventual de San Francisco (s. XIV), onde se atopa o célebre sepulcro de Pérez de Andrade, O Bo. Presenta unha fermosa cabeceira oxival e un notable conxunto de sepulcros señoriais nas súas ábsidas e cruceiro. A terceira igrexa gótica é a de Santa María de Azougue (s. XIV), de tres naves e tres ábsidas, cun retablo barroco no seu altar maior, no que se reutilizaron catorce relevos hispanoflamengos (s. XVI) dedicados á vida de María e á Paixón de Cristo.
Na praza dos irmáns García Naveira destacan a igrexa de San Domingos (s. XVII) e o seu campanario barroco construído entre 1700 e 1714 por Fernando de Casas Novoa, o Arquivo do Reino de Galicia, obra de tempos de Carlos III (1775) e a Biblioteca Municipal (s. XVIII). Deixando atrás esta praza, a ruta segue pola rúa do Rollo ata a ponte vella das Cascas, sobre o río Mandeo. Abandona o núcleo urbano e segue ata os lugares de Couto, Campoeiro e Xan Rozo, para entrar, máis adiante, no concello de Abegondo.
“
4 de Outubro (Día Mundial da Arquitectura)
Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
Publicado por betanzoshistorico en 8:34 0 comentarios
Etiquetas: novas, referencias
Artigos Relacionados: Cando están a piques de cumprirse dous anos desde que Betanzos amencese un día sen unha das súas casas máis representativas e emblemáticas, a Casa dos Vilousaz, ou máis coñecida por todos como a Casa Gótica, Betanceiros en el Mundo convoca a todos os seus amigos e simpatizantes a través de Facebook para que participen nunha concentración ou evento, que inclúe un par de minutos de silencio, o próximos sábado 9 de outubro ás 20:30, na rúa da Cerca, mesmo diante do solar que ocupaba a que todos considerabamos a casa máis antiga e bonita de Betanzos.
![]() | A Xunta Directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, en sesión celebrada no día de onte xoves 23 de setembro de 2010 tomou entre outros acordos o de apoiar este evento. |
Publicado por betanzoshistorico en 17:25 3 comentarios
Etiquetas: Asociación, eventos, referencias
Artigos Relacionados:![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 8 de setembro de 2010 |
![]() | Recorte da edición dixital do xornal “La Opinión” correspondente ao mércores 8 de setembro de 2010 |
Por fin!
Cando xa estabamos a tremer pola súa rehabilitación a casa da pescadería parece que ve luz verde cara ao seu destino como albergue de peregrinos.
Aínda que non chega para este ano santo, tal e como se nos anunciara, celebramos igualmente que este proxecto se materialice nos próximos meses. Porque 8 meses son o plaza ofertado pola empresa adxudicataria e esperamos non supere ese tempo e vexamos en plena época primaveral acobillar peregrinos nas súas instalacións.
O anuncio vense de publicar na web da Sociedad Pública de Investimentos de Galicia este día 6 e fontes cercanas á Asociación Amigos do Casco Histórico nos anuncian comezo de obras en dúas ou tres semanas… que así sexa.
Agardamos con inquietude este comezo desexando ver materializada esta obra e así poñer unha pedra importante na dinamización do noso Casco Histórico e recuperar un dos seus edificios civís emblemáticos.
Noraboa a tod@s.
Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos |
Publicado por betanzoshistorico en 19:16 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, novas, referencias
Artigos Relacionados:![]() | O xornal "El Entorno Metropolitano" recolle no seu número correspondente ao mes de agosto o éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, celebrado o pasado 28 de agosto. |
Publicado por betanzoshistorico en 23:47 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, motos clásicas, prensa
Artigos Relacionados:![]() | O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle no seu número correspondente ao mes de setembro o éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, celebrado o pasado 28 de agosto. |
![]() Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de setembro de 2010 do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de: http://www.comerciodebetanzos.com páxina da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE) |
Publicado por betanzoshistorico en 20:00 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, motos clásicas, prensa
Artigos Relacionados:Un grupo de cidadáns preocupados polo progresivo deterioro do casco histórico de Betanzos, tanto no estado ruinoso de boa parte dos seus edificios como polo seu declive como espazo económico e residencial.
Un grupo de cidadáns a quen só move o interese cívico e que estamos decididos a actuar para deter este proceso e que o casco histórico volva a ser un lugar dinámico e agradable no que vivir, e poda ser legado con orgullo ás vindeiras xeracións.