miércoles, 9 de noviembre de 2011

La Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos en contra de la paralización.

En relación con las recientes noticias  aparecidas en la prensa, sobre la paralización por parte del IGVS,  de la  recuperación de inmuebles adquiridos en el Casco Histórico de Betanzos aludiendo a motivos económicos, la Asociación Amigos del Casco Histórico de Betanzos, ha decidido enviar sendos escritos al Conselleiro Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta de Galicia y al Alcalde del Concello de Betanzos, a fin de que: 
"Que con la urgencia que el caso requiere:
Se potencien las ayudas necesarias para subvencionar la rehabilitación de inmuebles.
Que ante la llegada de la estación invernal, se adopten las medidas de seguridad oportunas  en todos aquellos inmuebles que por su mal estado de conservación, conlleven un riesgo para  la seguridad de las personas y bienes.
Se tomen por parte de esa institución las medidas necesarias para desactivar la paralización de recuperación de viviendas adquiridas por el IGVS "

IGVS_concello IGVS_conselleria

Pinchando en las imágenes puedes acceder a los archivos en formato pdf.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Concerto "Betanzos Historical Bands 11.0"

Este venres, día 30, terá lugar a primeira edición do concerto "Betanzos Historical Bands 11.0" no adro de Santa Maria. O repertorio combinado de jazz, funky e gospel virán da man de Juan Carlos Casal Trío Jazz, Quanda Band e Spiritual. O evento, organizado por Café Lanzós e Adega Lastras, apoiada pola Asociación Amigos do Casco Histórico e con cartel deseñado por Luis Galán, ven a continuar os precedentes cada vez máis habituais de concertos nos locáis do noso Casco Histórico, nas igrexas e mesmo o concerto de Jazz na praza da Constitución o pasado ano, reforzando a idea dun Casco Histórico como marco idóneo para este tipo de actuacións que ben poderían e deberían ter continuidade en vindeiras datas.

Vémonos en Santa Maria!

sábado, 20 de agosto de 2011

Fotos da 1ª edición de “Almoeda”

Galería de fotos da 1ª edición de

 

ALMOEDA

 

Mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e Taller de reciclaxe

A todos os expositores, comerciantes e colaboradores: “MOITAS GRAZAS”

viernes, 12 de agosto de 2011

ALMOEDA NO CASCO HISTÓRICO

  A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos dentro dos actos que organiza, co fin de dinamizar o Casco Histórico, programou para o día 20 de Agosto : “Almoeda” (mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e taller de reciclaxe), que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas na zona da igrexa de Santa María.
     As persoas que o desexen poderán vender ou cambiar todo tipo de obxectos de segunda man ou elaborados artesanalmente, para o que deberán inscribirse a través do correo electrónico ou os teléfonos habilitados ao efecto.
Colaboran nesta actividade o  Concello e as Parroquias de Betanzos, ademais de Copitec Dixital.
Promociona: Comerciantes e Empresarios do Casco Histórico de Betanzos.

cartaz_almoeda

martes, 28 de junio de 2011

Fotos gañadoras I Gymkana Fotográfica Casco Histórico de Betanzos

     Tal e como figuraba nas bases do concurso, o pasado sábado ás 13 horas na praza da Constitución, deuse a coñecer o fallo do xurado, e a entrega de premios aos gañadores da I Gymkana Fotográfica Casco Histórico de Betanzos.
     O xurado estivo presidido polo experto fotógrafo Raúl Gil, e na súa composición tamén figuraba un representante da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos e outro máis designado polos comerciantes promotores do evento.

premios_gymkana_01 premios_gymkana_02 premios_gymkana_03

     O primeiro premio  250 €, trofeo e diploma, foi para: José Luís Lagares Crespo, coa foto que leva por título: "Maceta, Escaleras, Farol”.

     Realizou a entrega do premio: Ramón García Vázquez Alcalde do Excmo. Concello de Betanzos

PRIMEIRO PREMIO
maceta_escaleras_farola_102
Autor: José Luis Lagares Crespo
Título: Maceta, Escaleras, Farol

O segundo premio 150 €, trofeo e diploma, foi para: Isabel Rumbo coa  foto: S/T. Realizou a entrega: Paula Roel en representación de Comerciantes e Empresarios do Casco Histórico.

SEGUNDO PREMIO
premios_gymkana_s_t
Autora: Isabel Rumbo
Título: S/T

O terceiro premio 100 €, trofeo e diploma, foi para Ana Muiño pola foto que leva por título: "Soportais Praza da Constitución" Entega o premio: Mercedes Rosende en representación da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

TERCEIRO PREMIO
premios_gymkana_soportais
Autora: Ana Muiño
Título: Soportais Praza da Constitución
 

ENTREGA PREMIOS

Primeiro Segundo Terceiro
entrega_primeiro_premio entrega_segundo_premio entrega_terceiro_premio
 

     Ao concurso presentáronse  30 participantes que presentaron un total de 88 fotos, moitas delas de gran calidade a dicir dos membros do xurado, achegando moitas delas puntos de vista e aspectos novos do noso Casco Histórico.

     Despois de estar as fotos expostas en paneis en diversos puntos da zona comercial do Casco Histórico, o concurso inicia agora unha segunda fase de exposición xa que ata mediados do mes de xullo as fotos poderán verse nos escaparates dos establecementos colaboradores constituíndo así outro aliciente máis para visitar e pasear Betanzos.

Corenta e catro empresas colaboradoras

    Corenta e catro empresas e profesionais asentados no Casco Histórico de Betanzos, colaboran coa Asociacion no desenvolvemento da gymkana de fotos que tivo lugar o pasado fin de semana e no resto de actividades previstas durante este verán para a dinamización e posta en valor desta importante zona da nosa cidade.

        A todas elas moitas grazas.
comercios_colaboradores 

B & B PELUQUEROS

CASA DO QUEIXO

SEMENTES O HORREO

CAFÉ-BAR OASIS

CALZADOS ESCALA

CAFÉ LANZÓS

LA TIENDA DE AURORA

RETALES LEONOR

MOENIA

LA TIENDA DE JOSEFINA

FARALDO FOTÓGRAFO

SELGAS ÓPTICOS

A CABEZA DO CABALO

RELOJERÍA JAVIER

CRESPO

T-PEINO

JOYERÍA DANIEL

DEIVE

HERMANOS VIDAL

MERCERÍA LA PALMA

ZOQUIÑOS

BAZAR MIGUEL

TEJIDOS INÉS

MARY OTERO

MENTA

PEPE GRANERO

CARMITA

TARTARUGA

CARACOL

LENCERÍA ALICIA

CHELA

FARMACIA DEL DR. COUCEIRO

FINITA CARAMÉS

ADEGA LASTRAS

A COVA DO FRADE

SOLAL – SANA CONFITURA

CONCHEIRO

BOGAR ASISTENCIA

MARÍA MODA Y COMPLEMENTOS

COPITEC DIXITAL

PANADERÍA RABIZAS

EL GLOBO DE CRIS

LENCERÍA JULIA

TITTO BLUNI

jueves, 16 de junio de 2011

PRIMERA GYMKANA FOTOGRÁFICA SOBRE O CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos organiza a

 I Gymkana Fotográfica sobre o Casco Histórico de Betanzos

Cartel I Gymkana Casco Histórico de Betanzos 

A iniciativa enmárcase dentro das actividades de promoción e dinamización do noso casco histórico que periodicamente leva a cabo a Asociación, e é a primeira dunha serie que terán lugar ao longo deste verán e que se realizarán coa promoción e colaboración dos comerciantes e empresarios asentados nesta zona da nosa cidade.
Ata este momento son xa máis de corenta os negocios e profesionais que colaborarán coa Asociación nesta iniciativa, que contará tamén coa inestimable colaboración no seu aspecto organizativo do Concello de Betanzos e de Copitec Dixital.

A gymkana terá lugar durante os dias 23 e 24 de xuño e desenvolverase con arranxo ás seguintes bases:

BASES

 

01. Los temas fotográficos versarán sobre el Casco Histórico de Betanzos (ver plano página Web del Casco histórico : www.betanzoshistorico.com )

02. Impreso de inscripción: en COPITEC DIXITAL, C/Plaza de la Constitución 4. Telf.: 981775069, los días 23 y 24 de Junio y en página la página Web: www.betanzoshistorico.com

03. El número de fotografías a presentar por participante estará limitada a 3

04. El formato de las fotografías será de 20x30 cm. Se admitirán fotos en color y en blanco y negro.

05. Entregar los días 23 y 24 de junio (hasta las 13 horas) sobre con pseudónimo y título de fotografías en su exterior. En su interior soporte electrónico (tarjeta de memoria o pendrive) con fotografías y otro sobre cerrado con impreso de inscripción.

06. Las fotografías serán entregadas en soporte electrónico para su impresión en la siguiente dirección: COPITEC DIXITAL, C/Plaza de la Constitución 4. Telf. 981. 775069

07. Todas las fotografías recibidas serán expuestas en paneles en la Puerta de la Villa, Rúa Traviesa, Plaza de la Constitución y atrio de la iglesia de Santa María de Azogue

08. De todas las fotografías recibidas serán seleccionadas tres, que recibirán los siguientes premios

Primer premio: Trofeo y cheque de compra de: 250 € para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Segundo premio: Trofeo y cheque de compra de: 150€ para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Tercer premio: Trofeo y cheque de compra de: 100 € para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Los talones de compra tendrán una validez de tres meses desde la fecha de entrega

Se remitirá a los medios de comunicación el fallo del jurado

09. Las fotografías quedarán en propiedad de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

10. Todas las fotografías participantes en el concurso, serán expuestas en establecimientos del Casco Histórico y página Web de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos desde el 30 de Junio al 17 de Julio

11. Entrega de premios: día 25 en la Plaza de la Constitución a las 13 horas

12. Participar supone aceptar estas bases y la inapelable decisión del jurado, que estará formado por un experto en Fotografía y representantes de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos y de Comerciantes del Casco Histórico

DESCARGAS

tumb_ficha tumb_sobre
FICHA DE INSCRICIÓN ETIQUETA SOBRE

martes, 24 de mayo de 2011

Admirando Betanzos: Su arquitectura popular. Galería de imaxes

DSC_0538Continuando coa súa labor de promoción e dinamización do noso casco histórico, o pasado domingo 15 de Maio, a  ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS organizou una visita guiada polo casco histórico de Betanzos, baixo o título “Admirando Betanzos: su arquitectura popular”.
Arredor de 40 persoas reunímonos as 11 da mañá na Porta da Vila, onde nos esperaba a betanceira María Álvarez Crespo, quen exerceu de guía.  No noso recorrido polas rúas Fonte de Unta, Monxas, Arco da Ponte Vella, Cerca, Porta do Cristo, Galera, Arco da Ponte Nova, San Francisco, Praza de Fernán Pérez de Andrade e  Rúa Nova, expúxonos a evolución da arquitectura popular: dende as vivendas con sobrado e hórreo, ao balcón corrido, soportal e ventá galerada, hasta chegar ao nacemento da galería que foi favorecido pola aparición do vidro plano e cortado, fabricado na Granxa de San Ildefonso, que se traía para acristalar a popa dos galeóns en Ferrol. María tamén nos amosou a obra dalgúns importantes arquitectos contemporáneos coma Juan de Ciórraga; Antonio de Mendoza ou González Villar.
Nesta visita aprendemos que antes dos incendios que destruíron DSC_0556Betanzos había sobrados de madeira e hórreos nas zonas onde vivían labradores e mariñeiros, que as galerías pintábanse normalmente de branco, o forxado dos corrillos de branco ou negro e o balcón corrido de castaño ou verde, e que esta última cor resultou tan característica que acabou sendo coñecida como “verde Betanzos”.
Pasaba un pouco da unha cando rematamos a visita, esperando que contribuíra a coñecer algo mellor a nosa cidade para que sexamos capaces de valorala e conservala xa que, como mencionou a nosa guía, conta cunha das  mostras de arquitectura popular máis fermosas e completas de Galicia.

Podedes ver a galeria de imaxes completa  neste enlace

jueves, 19 de mayo de 2011

Subvencións para a rehabilitación da Xunta de Galicia

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, dentro da súa iniciativa de manter informada á cidadanía das novas relacionadas coa Rehabilitación de inmobles no noso Casco Histórico, lles presenta a continuación unha síntese das axudas anunciadas pola Xunta de Galicia para REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL, EN CASCOS HISTÓRICOS E NO CAMIÑO DE SANTIAGO.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) 23/3/2011 publica o decreto polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas; rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

Este decreto cumpre dúas funcións primordiais:
- A unificación nun único texto de toda a normativa legal que rexía as rehabilitacións no medio rural e nos conxuntos históricos galegos.
- A simplificación dos trámites burocráticos, que facilitarán as actuacións dos propietios das vivendas a rehabilitar.

A anterior normativa, que regulaba a Cédula de Rehabilitación de Calidade que o presente decreto derroga, establecía un procedemento administrativo complexo e lento que desincentivaba aos propietarios das vivendas de acometer a súa rehabilitación. O sistema que agora queda derrogado chegaba incluso a esixir aos propietarios das vivendas a realización de obras que non tiñan previstas como condición indispensable para a concesión das axudas, o que en moitos casos incrementaba de maneira notable os orzamentos da rehabilitación, impedindo a execución da mesma en moitos casos en que os propietarios das vivendas non dispoñían dos fondos ou o financiamento necesario para facer fronte a ese incremento do custe.

O decreto aprobado hoxe elimina determinadas esixencias na tramitación das axudas por estar xa acreditadas a través doutras administracións, como é a través das licenzas municipais, simplifícanse os trámites para a obtención da calificación das actuacións e regúlase a posibilidade de modificar as obras aprobadas, en función dos imprevistos xurdidos durante a execución das mesmas e incluso de reducir as obras inicialmente previstas cando a situación económica do solicitante o aconselle, reducindo proporcionalmente a subvención pero sen que por isto se perda o dereito a axuda sobre a parte de obra executada.

Deste xeito flexibilízase o procedemento permitindo adaptar as obras aos imprevistos aos que sempre están expostas as actuacións de rehabilitación, facilitando as actuación dos propietarios das mesmas e mantendo as garantías do boa uso dos fondos públicos.

Co obxectivo de que os recursos públicos se empreguen efectivamente naquelo ao que están destinados, limitase a posibilidade ampliación das vivendas con axudas públicas, de maneira que a superficie útil das vivendas rehabilitadas que se amplíen será a superficie máxima das vivendas protexidas, que está fixada en 140 metros cadrados. Desta maneira garántese o dereito á rehabilitación e á ampliación das vivendas co obxectivo de garantir aos moradores o disfrute dunha vivenda digna, pero evitase subvencionar actuacións que van mais aló da rehabilitación ou a creación de espazos destinados a usos diferentes aos da vivenda cuxo financiamento non debe correr por conta da administración pública. Se a superficie inicial da vivenda é superior aos 140 metros cadrados contarase con axudas para a rehabilitación, pero non para a súa ampliación.

Requisitos
Para acceder ás axudas para rehabilitación que establece o decreto é preciso que tanto as vivendas coma os propietarios das mesmas cumpran unha serie de requisitos, basicamente os seguintes:

- As vivendas deberán ter unha antigüidade mínima de 10, 15 ou 40 anos:
· 10 anos no caso de axudas para remate de fachadas
· 15 anos para rehabilitación de edificios ou vivendas
· 40 anos para reconstrución de edificios ou vivendas
- Acreditar a residencia do propietario no inmoble salvo que as obras se realicen coa finalidade de arrendar a vivenda. Nese caso haberá que presentar o contrato de alugueiro por un período mínimo de cinco anos.
- A vivenda dedicarse a residencia habitual e permanente do propietario durante o prazo como mínimo, de 5 anos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de cualificación definitiva. No caso de vivendas parta aluguer deberán estar alugadas durante un mínimo de cinco anos.
- No caso de galegos residente no exterior da comunidade autónoma, e que non destinen as vivendas a alugueiro, deberán residir na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante polo menos 15 días ao ano, tal como establece a Lei de Vivenda de 2008.
- Ingresos familiares ponderados máximos:
· 3,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) cando se trate de actuacións no ámbito rural
· 6,5 veces o IPREM, cando se trate de actuacións para uso propio nos ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago
· No caso de vivendas para alugueiro, os inquilinos non poderán superar 4,5 veces o IPREM

Remate de fachadas e cubertas
Incluiranse nesta categoría as actuacións que contemplan a execución das obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas non se remataron no momento da construción do edificio, polo que actualmente presentan como único acabado de fachada ou de cuberta, materiais que non foron deseñados para quedar vistos e que deturpan a imaxe exterior da edificación e do contorno no que esta se empraza.

Para poder acceder ás axudas deberá acreditarse que a vivenda foi habitada durante un período mínimo de cinco anos. Desta maneira evitase que as axudas se destinen a vivendas que aínda se atopan en construción, como pasaba co decreto de 2006.

As axudas para o remate de fachadas obrigan a deixar rematado o exterior da vivenda, rematando tódalas fachadas da mesma e colocando lousa, tella ou outro material de cuberta no tellado da mesma. Tamén será obrigatorio rematar as fachadas de tódalas construcións anexas, propiedade da mesma persoa e que se atopen a menos de 15 metros da vivenda.

Rehabilitación de edificios e vivendas
As actuacións de rehabilitación son as que, dentro dos límites da primitiva vivenda, teñen como obxectivo:

- Mellorar as condicións estruturais e de seguridade do edificio e a vivenda.
- Mellorar as condicións de accesibilidade.
- Mellorar as condicións construtivas, funcionais ou de habitabilidade.
- Remodelación de vivendas, mediante obras que teñan por obxecto a variación da distribución interior para adecuala ás necesidades das persoas usuarias ou mellorar as condicións relativas aos requisitos básicos do Código Técnico da Edificación.
- A remodelación de edificios, entendendo por tal aquela que teña por obxecto a variación dos límites das vivendas, a modificación do número de vivendas existentes no edificio ou a adaptación ao uso de vivenda de espazos que orixinalmente non tiñan dito uso.
- A mellora da eficiencia enerxética da vivenda, do edificio ou das súas instalacións.
- A ampliación da superficie útil da vivenda mediante a incorporación de espazos que, incluídos dentro dos límites da edificación existente non tiveran o uso da vivenda cando se trate de satisfacer as necesidades de persoas con problemas de mobilidade ou maiores de 65 anos, se busque adaptar a vivenda ás necesidades dos seus moradores ou se busque a protección e posta en valor do patrimonio construído.

Non se considera rehabilitación o baleirado das vivendas, a eliminación ou substitución da estrutura horizontal das plantas habitables do edificio que afecten a mais do 20 por cento da superficie da vivenda ou edificio sobre o que se actúa e as actuacións de amoblamento ou de acabados interiores que non estean ligadas a outras obras de rehabilitación.

Reconstrución de edificios ou vivendas
O decreto define como reconstrución de edificios ou vivendas as que teñen por obxecto recuperar para o uso, en condicións semellantes a unha obra nova, as vivendas ou edificios existentes cando se cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que as obras impliquen a eliminación, substitución ou nova execución de, polo menos, un 20 por cento da estrutura horizontal da planta das vivendas ou edificios sobre os que se actúa.
- Que teñan por obxecto a ampliación dunha vivenda unifamiliar fóra dos límites da edificación primitiva e ditas obras sexan necesarias por algunha destas razóns:
· Dotar á vivenda de condicións axeitadas de habitabilidade
· Resolver os problemas de accesibilidade das persoas moradoras na vivenda.
· Dar cumprimento ás esixencias da normativa urbanística.
· Por requirimentos da normativa de protección do patrimonio ou para poñer en valor o patrimonio arquitectónico.
· Ser preciso incrementar a superficie útil da vivenda para satisfacer as necesidades das persoas moradoras nela, sempre que a superficie útil final da vivenda non supere os 140 metros cadrados

Os edificios ou vivendas a reconstruír deberán contar como mínimo con todas as fachadas da edificación primitiva.

Axudas
As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido do 50 por cento do orzamento protexido, co límite de 6.600 euros no caso de obras de remate de fachada e rehabilitación e 8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.
As axudas serán convocadas a través dunha orde que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, na que se regulará o prazo de solicitude das mesmas e o importe máximo que se destinará en 2011 a cada unha das modalidades.

Información
Para máis información diríxanse á Oficina de Rehabilitación do Concello na Praza da Constitución, onde informarán puntualmente da situación na que se encontran estas e outras subvencións.



Podedes descargar toda a información completa neste enlace:


martes, 10 de mayo de 2011

Admirando Betanzos: Su arquitectura popular

VISITA GUIADA-2Este domingo día 15 de maio de 2011, a Asociación de Amigos do casco histórico de Betanzos comprácese en invitarvos a todos a unha nova visita guiada polo casco histórico de Betanzos.

Nesta ocasión, guiados pola profesora Dona María Álvarez Crespo, descubriremos as características da arquitectura popular betanceira a través dos diferentes exemplos existentes no casco histórico.

Comezaremos a visita na ás 11.00 da mañá na Porta da Vila e iremos pasando polos seguintes puntos: Fonte de Unta, As Monxas, A Cerca, Porta do Cristo, Galera, Praza de Fernan Pérez de Andrade rematando na Rúa Nova.

       ¡Esperámosvos a todos!

Colaboran: Concelleria de Turismo. Excmo. Concello de Betanzos e Copitec Dixital

viernes, 1 de abril de 2011

Memoria de actividades 2009 - 2011

     Presentámosvos a memoria de actividades desde 2009 a 2011 realizadas pola Asociación Amigos do Casco Histórico (CH) de Betanzos, que se presentou a todos os socios en recente asemblea xeral e que será difundida en folleto próximamente a toda a cidadanía.

asamblea_socios_casco_2011

     Esta reflicte todas as actuacións desenvolvidas, co fin de reverter a progresiva deterioración do CH, tanto no espazo ruinoso de boa parte dos seus edificios, como polo declive no espazo económico-residencial, e conseguir un lugar dinámico e agradable no que vivir, legado de orgullo para futuras xeracións.

     Desde a creación da Asociación, buscouse defender os intereses veciñais e sociais do Casco Histórico e monumental da nosa cidade en relación á súa estética, promovendo a súa rehabilitación integral e dando solucións aos problemas no ámbito da vivenda, salubridade pública, zonas verdes, tráfico, seguridade, revitalización social e económica, lecer, actividades sociais, culturais e deportivas. Tamén se apoiou a investigación de estudos sobre o CH, elaboración dun proxecto de restauración/conservación CH, promoción de foros, debates, seminarios e campañas divulgativas de concienciación sobre a necesidade de conservar o seu patrimonio cultural, así como unha oferta de recursos que facilitasen o desenvolvimiento económico, comercial e turístico.

     A promoción de rutas e visitas guiadas co fin de coñecer o CH, creación de instrumentos informáticos en Internet para difundir actividades, mensaxes e comunicación coa cidadanía, tamén foron outra das tarefas realizadas.

memoria 2009 - 2011

    O fin último do noso proxecto, é conseguir sensibilizar ás Administracións Públicas para que se impliquen en actuacións de mellora do CH promovendo un Plan Integral. O poder e atractivo de Betanzos está no seu CH e o futuro da cidade pasa pola súa rehabilitación a través dun Plan Integral acordado por todas as forzas políticas.

Por último, agradecemos a todos os medios de comunicación, a súa constante sensibilidade cara á cidadanía, demostrando o seu apoio ao CH

Betanzos a 1 de abril 2011.

A directiva

MEMORIA 2009 –2011

Podes descargar o folleto da memoria, pulsando no icono de abaixo, ou na imaxe da dereita, que che levará ao espazo de "windows live" onde está aloxada.

   
memoria_2009-2011

jueves, 31 de marzo de 2011

Situación actual del edifico de la calle Valdoncel número 24

     Ante la preocupación ciudadana y los comentarios emitidos en distintos medios porvaldoncel_24 algún colectivo y/o particular sobre la situación de la casa n 24 de la C/ Valdoncel, la Asociación Amigos do Casco Histórico de  Betanzos, después de realizar diversas gestiones con el fin de informarse en que situación se encontraba el edificio y que proyectos inmediatos existen sobre el mismo, y con el permiso de sus propietarios, se hace saber lo siguiente:

· El edificio tiene a día de hoy aprobada la declaración de inmueble ruinoso.

· En el momento del derrumbe, la propiedad estaba gestionando el inicio de las obras.

· En el momento de producirse el mencionado derrumbe se adoptaron inmediatamente las medidas de seguridad necesarias para evitar un derrumbe mayor y el consiguiente peligro para la seguridad ciudadana, aún a costa de una ocupación de la vía pública y conscientes de las molestias que estas medidas pudiesen causar.

· Por tratarse de un edificio con cierto grado de protección es necesario presentar además del proyecto de demolición y sujeción de fachada, también proyecto de obra de rehabilitación.

A día de hoy los citados documentos están presentados en el Ayuntamiento y Patrimonio para sus correspondientes licencias municipales y poder acometer las obras lo más rápido posible y evitar perjuicios a vecinos y viandantes.