Mostrando entradas con la etiqueta carteis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carteis. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de mayo de 2013

As Raíñas e damas das Festas saen polo Casco.



 Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos ten o pracer de invitarvos a todos vos a un percorrido pola historia e a memoria das festas patronais do noso pobo a través dos traxes de Raíñas e Damas lucidos ó longo dos últimos 60 anos.                                           

Os vestidos poderán verse nos escaparates dos locais valeiros do Casco Histórico que se atopan na Rúa do Castro e Rúa Travesa. 

Se fuches dama ou Raíña das Festas e queres colaborar connosco envíanos un correo a correo@betanzoshistorico.com ou unha mensaxe privada a través do noso facebook.

Copitec dixital cos carteis, os comercios do Casco cos maniquís, os propietarios dos locais e moitas betanceiras xa colaboran, e ti?
 

martes, 7 de mayo de 2013

III Almoeda: 18 de maio

Terceira edición dun dos vosos eventos favoritos , a ALMOEDA, mercadillo de segunda man, troco, artesanía e taller de reciclaxe. ¿Tes trastos na casa e queres vendelos ou cambialos? ¿Fas cousas cas túas mas? ¿Es artesán? Ponte en contacto con nos!!
Por outra parte se cres que os trastos doutros son tesouros agochados pra ti esperámoste o sábado pola mañá na Almoeda!!



 Deixámosvos esta imaxe da última edición:


martes, 16 de octubre de 2012

Segunda edición de ALMOEDA

Segunda edición dun dos vosos eventos favoritos , a ALMOEDA, mercadillo de segunda man, troco, artesanía e taller de reciclaxe. ¿Tes trastos na casa e queres vendelos ou cambialos? ¿Fas cousas cas túas mas? ¿Es artesán? Ponte en contacto con nos!!
Por outra parte se cres que os trastos doutros son tesouros agochados pra ti esperámoste o domingo pola mañá na Almoeda!!

cartel_almoeda_2012

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos dentro dos actos que organiza, co fin de dinamizar o Casco Histórico, programou para o día vindeiro 21 de outubro : “Almoeda” (mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e taller de reciclaxe), que se desenvolverá en horario de 10 a 14 horas na zona da igrexa de Santa María.
     As persoas que o desexen poderán vender ou cambiar todo tipo de obxectos de segunda man ou elaborados artesanalmente, para o que deberán inscribirse a través do correo electrónico correo@betanzoshistorico.com ou a través do evento de facebook habilitado ao efecto.

Colaboran nesta actividade o  Concello de Betanzos, e Copitec Dixital.

miércoles, 18 de julio de 2012

II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

cartel_motos_2012

Despois do éxito da Primeira Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, convoca para o vindeiro mes de agosto a segunda edición desta mostra.

A concentración terá lugar o vindeiro sábado 11 de agosto a partir das 10 horas na praza da Constitución de Betanzos.

Para participar na concentración é convinte realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.

inscrición

Para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

     A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, de 10:30 h. a 12:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

     Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1987

     A partir das 13 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

EXPOSICIÓN DE MOTOS

Desde as 10:30 h. ata a finalización da ruta urbana, onde procederase á entrega de premios e sorteo de regalos entre os participantes.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
     A partir das 17:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
     Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS
     Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios recordos e agasallos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

     Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes.

CONCERTO

Pechará esta II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos a actuación no adro de Santa María, dun grupo musical que se anunciará oportunamente.

viernes, 12 de agosto de 2011

ALMOEDA NO CASCO HISTÓRICO

  A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos dentro dos actos que organiza, co fin de dinamizar o Casco Histórico, programou para o día 20 de Agosto : “Almoeda” (mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e taller de reciclaxe), que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas na zona da igrexa de Santa María.
     As persoas que o desexen poderán vender ou cambiar todo tipo de obxectos de segunda man ou elaborados artesanalmente, para o que deberán inscribirse a través do correo electrónico ou os teléfonos habilitados ao efecto.
Colaboran nesta actividade o  Concello e as Parroquias de Betanzos, ademais de Copitec Dixital.
Promociona: Comerciantes e Empresarios do Casco Histórico de Betanzos.

cartaz_almoeda

martes, 28 de junio de 2011

Corenta e catro empresas colaboradoras

    Corenta e catro empresas e profesionais asentados no Casco Histórico de Betanzos, colaboran coa Asociacion no desenvolvemento da gymkana de fotos que tivo lugar o pasado fin de semana e no resto de actividades previstas durante este verán para a dinamización e posta en valor desta importante zona da nosa cidade.

        A todas elas moitas grazas.
comercios_colaboradores 

B & B PELUQUEROS

CASA DO QUEIXO

SEMENTES O HORREO

CAFÉ-BAR OASIS

CALZADOS ESCALA

CAFÉ LANZÓS

LA TIENDA DE AURORA

RETALES LEONOR

MOENIA

LA TIENDA DE JOSEFINA

FARALDO FOTÓGRAFO

SELGAS ÓPTICOS

A CABEZA DO CABALO

RELOJERÍA JAVIER

CRESPO

T-PEINO

JOYERÍA DANIEL

DEIVE

HERMANOS VIDAL

MERCERÍA LA PALMA

ZOQUIÑOS

BAZAR MIGUEL

TEJIDOS INÉS

MARY OTERO

MENTA

PEPE GRANERO

CARMITA

TARTARUGA

CARACOL

LENCERÍA ALICIA

CHELA

FARMACIA DEL DR. COUCEIRO

FINITA CARAMÉS

ADEGA LASTRAS

A COVA DO FRADE

SOLAL – SANA CONFITURA

CONCHEIRO

BOGAR ASISTENCIA

MARÍA MODA Y COMPLEMENTOS

COPITEC DIXITAL

PANADERÍA RABIZAS

EL GLOBO DE CRIS

LENCERÍA JULIA

TITTO BLUNI

jueves, 16 de junio de 2011

PRIMERA GYMKANA FOTOGRÁFICA SOBRE O CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos organiza a

 I Gymkana Fotográfica sobre o Casco Histórico de Betanzos

Cartel I Gymkana Casco Histórico de Betanzos 

A iniciativa enmárcase dentro das actividades de promoción e dinamización do noso casco histórico que periodicamente leva a cabo a Asociación, e é a primeira dunha serie que terán lugar ao longo deste verán e que se realizarán coa promoción e colaboración dos comerciantes e empresarios asentados nesta zona da nosa cidade.
Ata este momento son xa máis de corenta os negocios e profesionais que colaborarán coa Asociación nesta iniciativa, que contará tamén coa inestimable colaboración no seu aspecto organizativo do Concello de Betanzos e de Copitec Dixital.

A gymkana terá lugar durante os dias 23 e 24 de xuño e desenvolverase con arranxo ás seguintes bases:

BASES

 

01. Los temas fotográficos versarán sobre el Casco Histórico de Betanzos (ver plano página Web del Casco histórico : www.betanzoshistorico.com )

02. Impreso de inscripción: en COPITEC DIXITAL, C/Plaza de la Constitución 4. Telf.: 981775069, los días 23 y 24 de Junio y en página la página Web: www.betanzoshistorico.com

03. El número de fotografías a presentar por participante estará limitada a 3

04. El formato de las fotografías será de 20x30 cm. Se admitirán fotos en color y en blanco y negro.

05. Entregar los días 23 y 24 de junio (hasta las 13 horas) sobre con pseudónimo y título de fotografías en su exterior. En su interior soporte electrónico (tarjeta de memoria o pendrive) con fotografías y otro sobre cerrado con impreso de inscripción.

06. Las fotografías serán entregadas en soporte electrónico para su impresión en la siguiente dirección: COPITEC DIXITAL, C/Plaza de la Constitución 4. Telf. 981. 775069

07. Todas las fotografías recibidas serán expuestas en paneles en la Puerta de la Villa, Rúa Traviesa, Plaza de la Constitución y atrio de la iglesia de Santa María de Azogue

08. De todas las fotografías recibidas serán seleccionadas tres, que recibirán los siguientes premios

Primer premio: Trofeo y cheque de compra de: 250 € para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Segundo premio: Trofeo y cheque de compra de: 150€ para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Tercer premio: Trofeo y cheque de compra de: 100 € para establecimientos adheridos a la campaña del Casco Histórico

Los talones de compra tendrán una validez de tres meses desde la fecha de entrega

Se remitirá a los medios de comunicación el fallo del jurado

09. Las fotografías quedarán en propiedad de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

10. Todas las fotografías participantes en el concurso, serán expuestas en establecimientos del Casco Histórico y página Web de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos desde el 30 de Junio al 17 de Julio

11. Entrega de premios: día 25 en la Plaza de la Constitución a las 13 horas

12. Participar supone aceptar estas bases y la inapelable decisión del jurado, que estará formado por un experto en Fotografía y representantes de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos y de Comerciantes del Casco Histórico

DESCARGAS

tumb_ficha tumb_sobre
FICHA DE INSCRICIÓN ETIQUETA SOBRE

miércoles, 4 de agosto de 2010

I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

I CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

Cartaz 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

     A concentración terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.

     Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.

Inscrición motos clásicas 

                   

A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:

620 082 498  (Gabriel)    -   686 715 020 (Alberto)

E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

     A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

     Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1985

     As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.

     A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
     A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
     Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS
     Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

     Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.

miércoles, 21 de abril de 2010

Betanzos estrea novos paneis informativos no Casco Histórico

novos paneis informativos en Betanzos

     Aínda que con certo atraso sobre o previsto, lembremos que a súa instalación estaba prevista para o mes de novembro pasado, comezou a instalación de novos paneis informativos no noso casco histórico.

     Os novos paneis en tres idiomas: galego, español e inglés, e cunha nova disposición en vertical, veñen substituír aos antigos, unicamente en idioma galego, que se instalaron nos tempos nos que o BNG detentaba a Concellería de Casco Histórico, supoñendo naquel entón un importante avance.

     Outras forzas políticas, a propia Asociación Amigos do Casco Histórico e en xeral, veciños e visitantes de Betanzos, fixeron notar repetidamente a necesidade de que estes paneis estivesen nas tres linguas máis utilizadas polas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio, e agora empeza a concretarse esta petición.

     Esperamos que nos próximos días váianse renovando todos os paneis que nos 36 lugares diferentes da nosa cidade, dedícanse a explicarlle ao cidadán a importancia do que está a ver en cada caso.

     Como a felicidade poucas veces pode ser completa, xa empezaron a xurdir as primeiras críticas referentes á tradución do texto ao inglés, que a dicir de varios expertos en moitos casos non é a máis acertada e mesmo ás veces con tantos erros que a fan incomprensible.

     Esperemos que isto último se corrixa, e que se acuda a un experto coñecedor da lingua inglesa para traducir estes textos para os paneis que faltan por pór, e corríxanse os fallos que houbera nos xa postos.

     Polo resto non cabe máis que felicitarnos todos polo feito de que por fin se concrete esta iniciativa tan necesaria para a imaxe e promoción do noso Casco Histórico.

novos paneis informativos en Betanzos

sábado, 8 de agosto de 2009

Programa das festas de Betanzos 2009

 
 

FESTAS

  SAN ROQUE
  2009
 
 

 

 

PROGRAMA

 

 

 

Xa está na rúa o cartel e o programa das Festas de San Roque 2009

 

 

O CARTEL

 

O cartel desta edición 2009 das festas de Betanzos foi realizado por Xosé Tomás, ilustrador, profesor, e artista gráfico  betanceiro.

 

 

O PREGÓN

Este ano o pregoeiro será o ex-alcalde de Betanzos e actual eurodiputado Antolín Sánchez Presedo que lerá o pregón aos seus paisanos e conveciños desde o balcón do Concello na tarde do venres día 14, acto que marcará o inicio das festas de Betanzos 2009.

 


 

Danzas gremiais, globo e caneiros, son os números fortes nos que se asentan tradicionalmente as Festas de Betanzos
 

AS DANZAS

 

Danza de Labradores de Betanzos

 


 

A responsabilidade de manter viva a tradición das Danzas Gremiais de Betanzos, recae na actualidade no grupo "Xóvenes do Pobo"

 

 

 

 

O GLOBO

 

 

 

 

 

 

OS CANEIROS

 

 

 

 

 

FELICES FESTAS DE SAN ROQUE 2009

 

 

miércoles, 24 de junio de 2009

Xa está na rúa o cartel da Feira Medieval 2009

Xa se pode ver nos establecementos e rúas de Betanzos, o cartel anunciador da Feira Medieval 2009, que terá lugar durante os próximos 10, 11 e 12 de xullo.

 

Como en todos os anos anteriores, este ano o cartel tamén é obra do artista gráfico betanceiro, Luís Galán.

No seu blog "dibujar me está matando” podedes ver outros carteis correspondentes a outras edicións desta festa, ademais doutras obras gráficas deste mesmo autor.
 
O cartel foi presentado a semana pasada pola alcaldesa, María Faraldo; o primeiro tenente de alcalde, Javier de la Fuente, e o concelleiro de Infraestruturas e Festas, Andrés Porcas, no que foi o primeriro acto desta Feira Medieval 2009, que se desarrollará nas principais rúas do Casco Histórico Betanceiro

domingo, 17 de mayo de 2009

carteis