martes, 30 de junio de 2009

Nova imaxe da asociación

Hoxe, con motivo da primeira Asamblea Xeral de Socios, comezamos a remodelar o noso blog, usando os debuxos que moi xentilmente nos cedeu o deseñador gráfico betanceiro Luís Galán. Esta remodelación durará uns días máis para coordinar tódalas cores e seccións, así que se algúns dos cambios blog non o creedes axeitado, por favor comentádeo.

No logotipo para a asociación, Luís transforma unha porta entreaberta da antiga muralla que pechaba o casco histórico no H e no B que forman as iniciais do blog.



Na cabeceira do blog podedes ver outro dos seus debuxos onde sobre unha vista do perfil do casco histórico se recortan as igrexas de Santiago, Santa María e San Francisco.




Se queredes coñecer maís dos deseños de Luís Galán podedes visitar o seu blog "dibujar me está matando” onde poderedes ver entre outras cousas, os carteis correspondentes a esta e outras educións das Feiras Medievais de Betanzos.


domingo, 28 de junio de 2009

Amigos do Casco Histórico mantén vivo o debate sobre a situación do casco

Alédanos ver que os nosos esforzos para que non se esqueza, aínda máis, o estado do casco histórico brigantino, teñan repercusión tanto nos medios coma na xente que se implica comentando ou dando a súa opinión. Esperamos que isto sexa o comezo dun movemento aínda maior que axude a mellorar o estado xeral da nosa cidade e en particular do casco histórico.
Grazas pola vosa axuda e agardamos seguir contando coa vosa colaboración.

Publicado o 28 de xuño

Amigos do Casco Histórico “remove” o debate sobre a situación do barrio

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos da os seus primeiros pasos. Ao nacemento de www.betanzoshistorico.com súmase a convocatoria, con carácter extraordinario, da primera asamblea xeral de socios, para o martes 30 de xuño, as 20.30 horas. A reunión, terá lugar na Aula de Cultura de Caixa Galicia, no Cantón de San Roque.

En canto a www.betanzoshistorico.com, o obxectivo é mover o debate entre os residentes e ofrecer un punto de encontro onde verter ideas e posturas. Así, a Feira Franca Medieval, o Camiño Inglés ou as obras no palco da música son temas de discusión dos seus visitantes, que, ademais de opinión, dan resposta e formulan medidas, de protesta, mobilización ou agradecemento.
 
Preme na imaxe para ver a noticia ampliada

A Casa Gótica obtén licenza de obra

Publicado o 28 de xuño de 2009


A Casa Gótica obtén licenza de obra




A xunta de goberno do Concello de Betanzos acordou otorgar a licenza de obra para a rehabilitación do edificio para vivenda unifamiliar situado na rúa de A Cerca número 5, máis coñecido como Casa Gótica, dacordo co proxecto presentado no Concello no que se deberon facer unha serie de modificacións ata obter agora a licenza para as obras. A Casa Gótica, do século XV, é o inmoble máis antigo de Betanzos. O pasado mes de outubro, o seu propietario desmontou a fachada alegando motivos de seguridade.
Pese ao permiso, o Concello brigantino mantén as accións xudiciais contra o propietario do inmoble.

Preme no enlace para ver a noticia ampliada

sábado, 27 de junio de 2009

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos convoca Asamblea Xeral de socios.

ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

Estimado socio:

Pola presente comunícolle que o vindeiro martes día 30 de xuño de 2009 reuniráse a Asamblea Xeral de socios en sesión extraordinaria, en primeira convocatoria ás 20:30h e en segunda convocatoria ás 20:45h. Dita sesión celebraráse na Aula de Caixa Galicia, situada no Cantón de San Roque, nº 3 e terá a seguinte orde do día:

1. Información acerca das accións e xestións realizadas ata o momento pola Xunta Xestora da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos.

2. Presentación da proposta de Xunta Directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos e a súa aprobación.

3. Información de próximas accións a realizar pola Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. Presenza na Feira Franca Medieval 2009.

4. Rogos e preguntas.

Esperando poder contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.

En Betanzos, xuño de 2009.


ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

Estimado socio:

Por la presente le comunico que el próximo martes día 30 de junio de 2009 se reunirá la Asamblea General de socios en sesión extraordinaria, en primera convocatoria a las 20:30h y en segunda convocatoria a las 20:45h. Dicha sesión se celebrará en el Aula de Caixa Galicia, situada en el Cantón de San Roque, nº 3 y tendrá el siguiente orden del día:

1. Información acerca de las acciones y gestiones realizadas hasta el momento por la Junta Gestora de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos.

2. Presentación de la propuesta de Junta Directiva de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos y su aprobación.

3. Información de próximas acciones a realizar por la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. Presencia en la Feria Franca Medieval 2009.

4. Ruegos y preguntas.

Esperando poder contar con su presencia, reciba un cordial saludo.

En Betanzos, junio de 2009.

Junta Gestora de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos


jueves, 25 de junio de 2009

Betanzos asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés

Publicado o de 25 xuño de 2009


Faraldo asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés
A alcaldesa, María Faraldo, espera que Betanzos poida contalo próximo ano co albergue de peregrinos que a Xunta constrúe no casco histórico “tendo en conta a importancia destas instalacións nun ano como o que ven, coa celebración do Ano Santo Xacobeo”. Faraldo explicou que éste foi un dos puntos analizados durante a reunión do Consorcio do Camiño Inglés, que integra a 18 municipios e a presidencia do cal corresponde agora ó Concello de Betanzos.


O Camiño Inglés tamén existe
O consorcio que aglutina ós municipios polos que discurre a ruta xacobea, que une Ferrol e Santiago, prepárase para o Ano Santo.


Betanzos asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés coa intención de impulsa-la ruta
O Consorcio do Camiño Inglés, formado por 18 municipios, reuniuse en Betanzos, concello que asume a presidencia, para analiza-la situación actual do Camiño e planxear unha serie de accións e actuacións a desenrolar durante os próximos meses para prepara-lo próximo Ano Santo.

Preme nos enlaces para ver a noticia ampliada

miércoles, 24 de junio de 2009

Xa está na rúa o cartel da Feira Medieval 2009

Xa se pode ver nos establecementos e rúas de Betanzos, o cartel anunciador da Feira Medieval 2009, que terá lugar durante os próximos 10, 11 e 12 de xullo.

 

Como en todos os anos anteriores, este ano o cartel tamén é obra do artista gráfico betanceiro, Luís Galán.

No seu blog "dibujar me está matando” podedes ver outros carteis correspondentes a outras edicións desta festa, ademais doutras obras gráficas deste mesmo autor.
 
O cartel foi presentado a semana pasada pola alcaldesa, María Faraldo; o primeiro tenente de alcalde, Javier de la Fuente, e o concelleiro de Infraestruturas e Festas, Andrés Porcas, no que foi o primeriro acto desta Feira Medieval 2009, que se desarrollará nas principais rúas do Casco Histórico Betanceiro

San Xoan 2009: Noite meiga no casco histórico de Betanzos

A noite de San Xoán é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.

O lume é un dos elementos purificadores que queima as impurezas. 0 resplandor das labaradas no seo da noite, descobre os diaños ocultos na escuridade. A calor desprendida das lumaradas semella recualos ate facelos fuxir.

Así se viviu, entre sardiñas e churrascos, esta noite meiga de San Xoan no casco histórico de Betanzos.

martes, 23 de junio de 2009

Comeza a decoración do casco histórico para a Feira Medieval

Publicado o 23 de xuño de 2009



Seis kilómetros de tela para a Feria Franca Medieval

O Concello de Betanzos inicia esta semana os traballos de decoración das rúas do casco histórico de Betanzos para a Feira Franca Medieval, o cartel da feira, deseñado polo betanceiro Luis Galán, foi presentado onte. A Feira celebrarase os días 10, 11 y 12 de xullo.



Máis de seis kilómetros de tela decorarán a Feira Franca

O Concello de Betanzos inicia esta semana os traballos de decoración das rúas do casco histórico de Betanzos para a Feira Franca Medieval. A alcaldesa, María Faraldo Botana; o primeiro tenente de alcalde, Javier de la Fuente Lago; e o concelleiro de Infraestructuras e Festas, Andrés Porcas Fraga, presentaron o cartel da duodécima edición, un deseño do betanceiro Luis Galán na líña dos realizados en anos anteriores con protagonismo para a cidade medieval, o seus símbolos e elementos máis tradicionais ou representativos da época.

Lembrade que a Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos vai estar presente na feira medieval. Buscadenos!!

Preme nos enlaces para ver a noticia ampliada

lunes, 15 de junio de 2009

Betanzos inicia as obras de mellora do entorno do palco da música

Publicado o 14 de xuño de 2009


Betanzos inicia as obras de mellora do entorno do palco da música

O Concello de Betanzos iniciou as obras de mellora do entorno do palco da música, unha primeira fase do proxecto de reordenación da praza García Hermanos, que pretende acometer o goberno local para optimizar o funcionamento da plaza como recibidor e distribuidor urbano.



Betanzos mellorará o entorno do palco da praza García Hermanos

O Concello de Betanzos informa de que inicia as obras de mellora do entorno do palco da música situado na plaza García Hermanos, nunha primeira fase do proxecto de reordenación deste enclave que pretende levar a cabo o Goberno local, co obxectivo de optimizar o funcionamento da praza como recibidor e distribuidor urbano. Esta actuación conta cun presuposto de 83.456 euros.

Preme nos enlaces para ver a noticia ampliada

viernes, 12 de junio de 2009

Concerto fundación CIEC

Hoxe venres 12 de xuño ás 20.30 horas na Casa Núñez, Sede da Fundación CIEC de Betanzos terá lugar o concerto de 2uS dentro no ciclo ESPAZOS SONOROS

O gurpo está formado por Fernando Abreu (clarinete en Bb, A, Eb e clarinete baixo) e Pablo G. Carrera (guitarras acústica e eléctrica)

2uS (Dous)2uS lese “dous”. Simple. Porque son dous músicos. Dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello. Dúas procedencias diferentes que converxen nun mesmo punto: visións diferentes pero complementarias. Unha dobre personalidade de son acústico e eléctrico, temas libres e outros máis melódicos e elaborados. Porque a aventura de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Es un Árbol…) e Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos) se nos adianta con toda unha declaración de intencións: en Só son sons non hai que tratar de buscar razóns teóricas, senón deixarse levar pola sonoridade e gozar a música dun xeito máis sensorial e menos intelectual. Música instrumental con amplas influencias do jazz, do funk, da música contemporánea, da world music...2uS (Dous)


2uS achéganos unha fórmula musical moi próxima ao concepto actual de jazz europeo: hai improvisación, pero tamén elementos e influencias do amplo espectro de estilos musicais que comparten ambos os músicos.

sábado, 6 de junio de 2009

O Casco Histórico de Betanzos, proxecto prioritario na Xunta de Galicia

“Betanzos e a súa Comarca”, o xornal de ACEBE, a Asociciación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, tamén fai referencia, no número correspondente ao mes de xuño, á reunión mantida entre o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e a Alcaldesa de Betanzos María Faraldo, onde o primeiro asumiu como proxecto prioritario para o goberno autonómico, a recuperación do casco histórico brigantino.

 
 Podes pinchar na imaxe para vela ampliada

Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de xuño do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de http://www.comerciodebetanzos.com

páxina  da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE)


 

viernes, 5 de junio de 2009

Alcaldesa e Presidente marcan prioridades

Recorte do Metropolitano, correspondente ao mes de maio de 2009

De novo outra publicación faise eco da reunión de hai poucos días entre a alcaldesa de Betanzos, María Faraldo, e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que se puxo de manifesto o apoio do presidente autonómico para a revitalización do casco histórico brigantino.
Neste caso é o xornal mensual "El Entorno Metropolitano", correspondente ao mes de maio, do que lles ofrecemos este recorte.

Faraldo marca prioridades coa Xunta

Podes pinchar na imaxe para vela ampliada

jueves, 4 de junio de 2009

O BNG brigantino defende a súa xestión do casco histórico

 

Publicado o 4 de xuño de 2009  
 


O Bng betanceiro defende a súa xestión sobre o centro histórico.


Lembremos que o BNG ostentou no anterior goberno municipal bipartito PSOE-BNG a concellaría de centro histórico.



Podes pinchar na imaxe para vela ampliada.

Feira medieval de Betanzos, récord de solicitudes

Publicado o de 3 xuño de 2009

O goberno local tramitou xa máis de 450 solicitudes de postos para a Feira Franca



Publicado o de 3 xuño de 2009
A Feira Medieval de Betanzos de este ano contará con 125 postos
O Concello de Betanzos ultima os preparativos da Feira Medieval, que se celebrará o segundo fin de semana do mes de xullo. Nestos días, unha comisión técnica valora as solicitudes, que este ano baten o récord e superan as 450, de profesionais para instalar o seus postos nas rúas do casco urbano da cidade brigantina.

Lembrade que a Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos vai estar presente na feira medieval. Buscade o noso posto de información e compartide con nós as vosas inquedanzas.

Pincha na imaxe para vela ampliada

Betanzos Virtual, a guía de Betanzos decana na rede

 

Hoxe presentámosvos unha nova páxina para engadir á nosa sección de ligazóns ou enlaces.

Trátase de  Betanzos Virtual, unha guía online da Cidade dos Cabaleiros e un verdadeiro clásico para todos aqueles que hai tempo buscamos datos sobre Betanzos na rede.
Case con toda probabilidade Betanzos Virtual sexa a guía decana no internet de Betanzos, xa que cremos que está activa desde o ano 1998.

A páxina corresponde a un "deseño de mocidade" de "leoplus", xove, e tamén veterano valor, da blogosfera brigantina, e malia os seus moitos anos e da súa escasa actualización, segue cumprindo perfectamente co seu labor informativo e divulgativo de Betanzos, e aínda se segue vendo de moi bo grado.



Como non podía ser doutro xeito, en Betanzos Virtual hai un apartado dedicado  especialmente ao "Casco Antigo" con descricións e fotos dos seus principais monumentos e lugares.

Que a disfrutedes!

miércoles, 3 de junio de 2009

Betanzos by "edicions espontaneas"

En 2005 Toni García funda Edicións Espontáneas xunto a Yolanda Somoza, coa que comparte estudo desde 2004.
Os dous son titulados pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, e gozan dun amplo e meritorio currículum.
Segundo din os seus propios socios fundadores, Edicións Espontáneas nace para a difusión da Arquitectura desde un punto de vista social, recomendable tanto para os entendidos do tema como para a xente que non teña unha formación nese campo
O video que vos presentamos, sen centrarse exclusivamente no casco histórico, ofrece dun xeito máis xeral, a súa particular visión sobre o urbanismo pasado, presente e futuro de Betanzos.
Lugares e xente coñecida, opinando sobre o seu entorno e o seu xeito de vivir, ás veces dunha maneira tan evidente e rotunda como cando di unha das entrevistadas: "Betanzos é a cidade onde nacín, onde vivo e onde quero vivir..."
Seguro que provocará un san debate, xa que sen dúbida, é unha das súas finalidades.
Con esa mesma sa intención poñémosvolo para que o disfrutedes.

martes, 2 de junio de 2009

La Casa Gótica Betanceira vuelve a ser noticia

Recorte de "El Ideal Gallego" del martes 2 de junio de 2009, en donde a través de un artículo de Lucía Tenreiro, la denominada "Casa Gótica" betanceira, o mejor dicho, lo que queda de ella, vuelve a ser noticia.
Nos alegra comprobar que la desidiosa desaparición de la que estaba considerada como la casa más antigua de Betanzos no cae fácilmente en el olvido, y que la periodista se haga eco del deseo general de todos los vecinos y no vecinos de Betanzos o de su casco histórico, de que se articulen las medidas necesarias para que este inmueble, catalogado en el Plan de Especial Protección y Ordenación del Casco Histórico, vuelva a lucir más renovado si cabe, para disfrute de vecinos y visitantes, y fundamento y cimiento de nuestra historia.

La Xunta requirió la ejecución de “estudios complementarios” en una resolución anterior
Patrimonio examina un plan de reposición presentado por el dueño de la Casa Gótica

Podes pinchar na imaxe para vela ampliada se queres

lunes, 1 de junio de 2009

Unha mostra de colaboración cidadá.


Fotodenuncia:
O coche, que non as persoas, escaleiras abaixo
Foto enviada, con ruego de su publicación, por una vecina del casco histórico betanceiro, al periódico El Ideal Gallego y en donde se denuncia gráficamente que en esta zona sujeta a especial respeto y protección, en la actualidad en materia de aparcamiento:..."parece que todo vale".
La foto fue publicada el domingo dia 31 de mayo de 2009