A Fundación CIEC, unha institución dinamizadora do noso Casco Histórico.
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 27 de xaneiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 27 de xaneiro de 2010 |
A pesar da súa penosa situación e do consenso xeral da necesidade da súa potenciación e posta en valor, o Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) para o ano 2010, que destina para Betanzos case un millón e medio de euros, irá parar a diferentes obras, pero ningunha delas terá relación directa co casco histórico betanceiro.
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao mércores 27 de xaneiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao martes 26 de xaneiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 26 de xaneiro de 2010 |
Os xornais do domingo 24 de xaneiro de 2010, seguen recollendo o malestar dos veciños do casco histórico betanceiro, despois do desplome da fachada dun edificio sobre a rúa Sombrereiros, e recollen o recordartorio do equipo de goberno municipal, a través do seu Concelleiro de Urbanismo, José Luis Santos Cobelo, de que con independencia da situación de cada un dos inmobles, e á marxe de expedientes abertos, os propietarios teñen a obrigación legal de manter en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade toda clase de terreos, construcións, edificios e instalacións ademais do deber de conservación dos mesmos.
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 24 de xaneiro de 2010 |
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao domingo 24 de xaneiro de 2010. |
Ao día seguinte do derrube da casa número 19 da rúa da Cerca do casco histórico betanceiro na súa fachada sobre a rúa Sombrereiros, todos os medios de comunicación fanse eco da triste noticia, coincidindo en resaltar a angustia e frustación dos veciños, sobre todo tendo en conta o previsible da mesma.
A este respecto e como lembran varios destes medios, cabe resaltar que este inmoble formaba parte da primeira lista de edificios que a Asociación Amigos do Casco Histórico, notificara hai meses ao Concello de Betanzos, como potencialmente perigosos para a seguridade das persoas.
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 23 de xaneiro de 2010 |
![]() | Recortes do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao sábado 23 de xaneiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal “La Opinión” correspondente ao sábado 23 de xaneiro de 2010 |
Tal e como era previsible hoxe venres 22 de xaneiro e aoredor das 11 horas da mañá, unha das casas en estado de ruína do noso Casco Histórico derrubouse parcialmente sobre a rúa Sombrereiros.
Se temos en conta a hora do suceso, e que a rúa en cuestión estaba nese momento aberta ao tránsito de persoas, todos os betanceiros temos que estar contentos de que nestes momentos non teñamos que lamentar ningunha desgraza persoal.
A casa en cuestión é o número 19 da rúa da Cerca, que fai esquina á rúa Sombrereiros e o derrube produciuse precisamente na fachada que dá a esta última rúa.
A pesar de que o forte andamio que cubría esta fachada actuou como amortiguador dos cascallos, estes chegaron a golpear a fachada da casa de enfronte, habitada en todos os seus pisos por unha coñecida familia betanceira, que aínda non logra reporse do susto.
O edificio forma parte do conxunto ruinoso da calle da Cerca, onde tamén se atopa a Casa Gótica, e que desde hai tempo é obxecto de numerosas protestas dos veciños en diversos medios de comunicación.
As dúas rúas en cuestión, Cerca e Sombrereiros, quedaron xa a media mañá de hoxe pechadas ao tráfico de persoas e vehículos coas conseguintes molestias para todos os veciños
Este edificio, en estado ruinoso xa hai moito tempo, e do que se desprenderon cascotes en varias ocasións, xa fora motivo do peche temporal da rúa da Cerca, e formaba parte da lista de edificios que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos notificara por escrito ao Concello polo seu perigo para os veciños.
Publicado por betanzoshistorico en 20:36 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, novas
Artigos Relacionados:A Asociación de Amigos do Casco histórico de Betanzos comunica a tódolos seus socios que teñen domiciliado o pago das cotas, que a vindeira semana se procederá a cargar a cota correspondente ao primeiro semestre do ano 2010.
Tamén lembramos aos socios que non teñen domiciliado o pago, que xa poden realizalo a través de transferencia ou ingreso na conta que dispón a Asociación en Caixa Galicia.
![]() | Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao martes 5 de xaneiro de 2010. |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao martes 5 de xaneiro de 2010 |
Un grupo de cidadáns preocupados polo progresivo deterioro do casco histórico de Betanzos, tanto no estado ruinoso de boa parte dos seus edificios como polo seu declive como espazo económico e residencial.
Un grupo de cidadáns a quen só move o interese cívico e que estamos decididos a actuar para deter este proceso e que o casco histórico volva a ser un lugar dinámico e agradable no que vivir, e poda ser legado con orgullo ás vindeiras xeracións.