miércoles, 23 de diciembre de 2009
martes, 22 de diciembre de 2009
Amigos do Casco cos rapaces do Vales Villamarín
O pasado 20 de novembro, celebrouse en Betanzos, á iniciativa da concellaría de Infancia e Familia, un “pleno infantil”, no que os nosos escolares analizaron con seriedade e sensatez envexables, moitas das carencias da nosa cidade. Énchenos de orgullo e satisfacción saber que xa se están formando nas nosas aulas as novas xeracións dispostas a tomar o relevo na defensa do patrimonio que recibimos dos nosos maiores. Noso máis sincero parabén e felices festas. |
sábado, 19 de diciembre de 2009
As casas que compre a Xunta no Casco Histórico ofreceranse a mozos e maiores
- O Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, garantiu onte á alcaldesa, María Faraldo, a adquisición de casas para reformar e propor para o aluguer ou a venda protexida para mozos e terceira idade. - Nunha entrevista que tivo lugar en Santiago, o conselleiro reiterou á rexedora a intención do seu departamento de executar un plan, que arrincaría en 2010 e desenvolveríase en varias fases, de adquisición e recuperación de edificios, até completar como obxectivo entre 12 ou 15 inmobles. |
O xornal "El Ideal Gallego" o publica hoxe, sábado 19 de decembro de 2009 nunha reportaxe da xornalista Lucía Tenreiro. |
O xornal “La Voz de Galicia” tamén o recolle na súa edición de hoxe sábado 19 de decembro de 2009. |
jueves, 17 de diciembre de 2009
O Concello de Betanzos anuncia sancións para os incumprimentos reiterados das ordes municipais
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 16 de decembro de 2009 |
A noticia mereceu un destacamento na portada do xornal |
miércoles, 16 de diciembre de 2009
O concello de Betanzos anuncia a restauración da talla de madeira do “Cristo da Ribeira”
- A talla, de visita obrigada para todos os turistas que visitan o noso casco hístórico, hai tempo que está moi deteriorada.- A propia alcaldesa de Betanzos, Dona María Faraldo, califica esta restauración de “pequena actuación”, que ha de sumarse a outras obras executadas pola administración local, que teñen como obxecto revitalizar o casco histórico da cidade.- O Concello está pendente dunha subvención da Deputación Provincial, coa que acometería a eliminación do cableado da emblemática porta. |
Puerta del Cristo | |
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 13 de decembro de 2009 |
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao domingo 13 de decembro de 2009. |
martes, 15 de diciembre de 2009
Algo se mueve en el Casco
- La alcaldesa se reunirá la próxima semana con el conselleiro de Territorio para abordar temas de rehabilitación.- El ayuntamiento remite el expediente de una casa ruinosa del centro a la Fiscalía.- CxB apuesta por un nuevo reglamento para proteger el casco histórico y anima a los partidos a valorarlo. |
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 12 de decembro de 2009 |
lunes, 14 de diciembre de 2009
A alcaldesa de Betanzos anuncia a inminente licitación do albergue de peregrinos de Betanzos
O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle o compromiso da Xunta de Galicia e da Alcaldesa de Betanzos, de levar a cabo a licitación do albergue de peregrinos de Betanzos antes do remate deste ano. |
Novas da Asociación Amigos do Casco Histórico no xornal “Betanzos e a súa Comarca” correspondente ao mes de decembro
O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle no seu número correspondente ao mes de decembro, varias novas relacionadas coa actividade de Amigos do Casco Histórico |
|
jueves, 10 de diciembre de 2009
O proxecto de rehabilitación do barrio da Tinería en Lugo podería aplicarse en Betanzos
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 9 de decembro de 2009 |
viernes, 4 de diciembre de 2009
Mais de cen casas de Betanzos necesitan rehabilitación urxente
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” do venres 4 de decembro de 2009 |
A Xunta recoñece que a falta de fondos atrasa o seu plan para Betanzos
|
miércoles, 2 de diciembre de 2009
Sete rúas renovadas no Casco Histórico betanceiro
Non todas ían ser malas noticias para o Casco Histórico betanceiro, e o xornal "El Ideal Gallego" de hoxe recolle a conclusión dos traballos de pavimentación e outras fundamentais melloras, en sete das súas rúas. |
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 2 de decembro de 2009 |
O debate sobre o Casco Histórico, sempre presente nos xornais
Como complemento da extensa reportaxe sobre o Casco Histórico de Betanzos, aparecido onte en "La Voz de Galicia" hoxe este mesmo xornal pregúntase ¿Hacia dónde va Betanzos? |
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” do mércores 2 de decembro de 2009 |
martes, 1 de diciembre de 2009
A páxina do Concello de Betanzos, informa sobre as obras dos Soportais
A páxina web do Concello de Betanzos www.betanzos.net ofrece mais información sobre as obras que se están levando a cabo na zona dos Soportais, anunciando que chegan a sua última fase.
|
Preme na imaxe de enriba para consultar o plano da obra directamente desde a páxina do Concello de Betanzos www.betanzos.net |
O Casco Histórico de Betanzos, un tema sempre de interese, un tema sempre a debate
O estado actual do Casco Histórico de Betanzos, é motivo dunha ampla reportaxe nas páxinas centrais, "A Voz da Coruña", do xornal "La Voz de Galicia" |
viernes, 27 de noviembre de 2009
O albergue de peregrinos de Betanzos licitarase antes de finais de 2009
O Consello da Xunta de Galicia de onte 26 de novembro, anunciou unha serie de investimentos en varios dos trazados do Camiño de Santiago, e dentro do Camiño Inglés, anunciou a licitación das obras do albergue para peregrinos iniciado en Betanzos, para finais de este mesmo ano 2009. É unha boa noticia para Betanzos, da que como sabedes, estabamos pendentes. Outro paso máis neste longo percorrido de que Bentanzos, e máis concretamente o seu casco histórico, teña unha instalación que o dinamice e lle de vida. Non imos caer na ilusión de crer que influímos algo nesta decisión, que se produce aos poucos días da nosa queixa: ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”, por que creemos que seguramente estaba xa tomada. Conformarémonos con felicitarnos e felicitar tamén a todos os betanceiros, deste novo paso que a Xunta de Galicia deu para que Betanzos dispoña desta nova instalación. O noso compromiso é con vostedes. Tamén por eso inserimos a continuación un extracto do acordo do Consello da Xunta onde se contén esta boa noticia e compromiso para Betanzos. |
CULTURA E TURISMO DESTINARÁ 6,3 MILLÓNS DE EUROS PARA A Intervención na rede albergues As actuacións definidas no Plan corrector están destinadas a proporcionarlles aos albergue do antigo colexio das monxas da Rúa Trinidade, en Ribadeo. A licitación será solicitada durante o 2010 para ampliar a oferta de 304 plazas nos 7 albergues desta ruta (Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte e Sobrado). Respecto ao Camiño Primitivo, no Ano Santo 2010 entrará en funcionamento o novo albergue de Seixas, en Palas de Rei, que achegará 36 novas prazas ás 102 ofertadas na actualidade nas instalacións de Padrón (A Fonsagrada), O Cádavo (Baleira), Lugo e San Román de Retorta (Guntín). Do mesmo xeito, estanse a redactar os proxectos de execución para os futuros albergues da Casa de Pasarín (A Fonsagrada) e o de Castroverde. Na Vía de Prata estanse a estudar accións para resolver a carencia de aloxamento De forma resumida, a S.A de Xestión do Plan Xacobeo a través das dúas fases do De cara ao Ano Santo 2010 entrarán en funcionamento 5 novos albergues en O remate da reforma completa do albergue de Melide no próximo ano permitirá sumar Como novidade, está previsto instalar nos albergues un panel informativo en que se
|
Publicado por betanzoshistorico en 15:22 0 comentarios
Etiquetas: Asociación, referencias
Artigos Relacionados:miércoles, 25 de noviembre de 2009
O inacabado proxecto de Albergue de Peregrinos de Betanzos
Hai só uns días e baixo o título de ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NIN ESTÁ NIN SE LLE ESPERA” incluiimos nesta páxina a nosa queixa sobre o atraso que acumulan as obras do proxectado albergue de peregrinos en Betanzos, e o noso queixume por que este atraso leve consigo non poder gozar desta instalación para o próximo ano, con máis razón sendo ano santo xacobeo, cousa que non volverá suceder ata o ano 2021.
Tamén volvemos incluír a nosa queixa, xunto con outras suxestións ante a proximidade do ano xacobeo 2010 nun escrito entregado recentemente pola Asociación no Concello de Betanzos, e que tamén pode verse todavía nesta páxina.
Hoxe o xornal “El Ideal Gallego” recolle esta queixa nun documentado artigo da xornalista Lucía Tenreiro.
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 25 de novembro de 2009 |
martes, 24 de noviembre de 2009
O Concello de Betanzos proxecta un programa de visitas guiadas para os mozos betanceiros
O anuncio o fixo o Concelleiro Delegado en Economía, Facenda, Comercio e Turismo, Don Pablo Tomé Crespo, quen avanzou onte a súa intención de potenciar estes programas cara ao vindeiro ano.
Os itinerarios de estas rutas serán o Casco Histórico betanceiro, o Pasatempo ou ben unha combinación de ambas rutas.
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, aplaude esta iniciativa sobre todo tendo en conta o éxito de participación acadado pola visita guiada que esta asociación realizou o pasado domingo 8 de novembro, o que veu confirmar o interese dos nosos veciños por ampliar os seus coñecementos sobre o noso pasado e o noso patrimonio, considerando esta iniciativa como un primer paso para a programación doutras organizadas polo propio concello, e mesmo incorporando as novas tecnoloxías que todos temos hoxe á nosa disposicón: audio, vídeo, bluetooth, etc…xa sexa a través de telefóno móbil, internet, ou a descarga directa na oficina de turismo municipal, petición realizada por Amigos do Casco Histórico á nosa alcaldesa Dª María Faraldo en recente entrevista.
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do martes 24 de novembro 2009 |
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” do martes 24 de novembro de 2009 |
Os nosos escolares piden a rehabilitación do noso Casco Histórico
O pasado venres 20 de novembro, e con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, tivo lugar no salón de plenos do concello brigantino, o segundo pleno infantil que se celebra na nosa cidade, como consecuencia da iniciativa da nosa concelleira de Infancia e Familia, Esperanza Sánchez. Aínda que presidido polo noso primeiro tenente alcalde Javier de la Fuente, os espazos ocupados normalmente polos nosos representantes electos, ocupábannos nesta ocasión alumnos dos nosos centros de ensino. As propostas e peticións, todas moi sensatas por certo, que debateron os nosos escolares, foron do mais variado, e van desde a renovación do instrumentos da banda, unha pista de skate, a limpeza do río, un auditorio, un novo colexio, un centro de educación viaria, e un centro de lecer infantil, a outras moitas reivindicacións menores, todas moi razoadas e razoables. Pero sen lugar a dúbida para nós é de resaltar a petición realizada por un grupo dos nosos escolares, máis concretamente a dos alumnos de 6º A do colexio Vales Villamarín, quen levaron “a pleno” nin nada máis nin nada menos que unha proposta de rehabilitación do noso casco histórico. A ambiciosa e inesperada proposta, ademais de enchernos de tenra satisfacción, vénnos a confirmar na idea de que a mellora do noso casco histórico non é só cousa de turistas e comerciantes, e que a súa posta en valor é desexada por todos os veciños de Betanzos, residentes ou non residentes nesta zona, pero tamén, e é o que nos gusta, por maiores e novos, é dicir con independencia da súa idade. A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, quere felicitar pola súa razoada proposta aos alumnos de 6º A do Colexio Vales Villamarín de Betanzos, e énchenos de orgullo e satisfacción saber que xa se están formando nas nosas aulas as novas xeracións dispostas a tomar o relevo na defensa do patrimonio que recibimos dos nosos maiores. Noso máis sincero parabén. Quédanos a todos moito traballo por facer, pero coa axuda dos nosos mozos, nada debería de asustarnos. |
Ao día seguinte os xornais o recollían desta maneira:
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” do sábado 21 de novembro de 2009 |
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do sábado 21 de novembro 2009 |
Publicado por betanzoshistorico en 20:53 1 comentarios
Etiquetas: Asociación, prensa
Artigos Relacionados: