Mostrando entradas con la etiqueta enquisa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enquisa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2010

Resultados da enquisa sobre o estado do Casco Histórico de Betanzos

A Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos nada para promover a rehabilitación integral do Casco histórico (CH), realizou un estudo a través dunha enquisa para coñecer a opinión dos cidadáns sobre o CH e determinar cales serían as actuacións prioritarias a realizar.

Desta avaliación global da situación do CH esperamos sentar as bases para posteriores estudos de seguimento así como achegar ideas cara a un Plan Integral para o CH.

DSC_0204

Dita enquisa, con carácter anónimo, realizouse na nosa cidade entre os meses de xullo e Agosto do 2009

A participación cidadá foi elevada, con 688 enquisados.

A totalidade dos enquisados resaltan a importancia do CH para Betanzos e a necesidade de implicarse políticos e cidadanía para recuperar o seu rico patrimonio histórico artístico, dando unha imaxe atractiva e competitiva da que se beneficien residente e visitantes, e conseguir que sexa unha referencia dun turismo cultural emerxente e o motor económico da comarca.

Os resultados xerais puxeron de manifesto que os aspectos peor valorados na enquisa foron: o estado en xeral do CH, pavimentación, mal estado das vivendas, déficit de zonas verdes e equipamentos socioculturais, escaseza de aparcadoiro

As tres accións prioritarias máis importantes son: a rehabilitación das vivendas, implicación da cidadanía e subvencións para rehabilitar o CH

No apartado de suxestións destacar que os cidadáns desexan a rehabilitación, buscando un CH vivo, considerando positivo un debate coa cidadanía, para definir o tipo de casco que desexan

A recuperación do CH é unha obrigación para propietarios e institucións públicas, pois é o mellor legado histórico-cultural que lles podemos deixar ás nosas futuras xeracións.

 

EDICIÓN COMPLETA

Podes descargar o dossier completo da enquisa, pulsando no icono de abaixo, que che levará ao espazo de "windows live" onde está aloxada.
   
portada_enquisa



portada_enquisa_resumen
 

EDICIÓN RESUMIDA

Utilizando o mesmo sistema, podes baixarte unha edición resumida da enquisa, que pode resultar máis práctica para imprimir ou ver os resultados máis significativos.

   

     O espazo onde está aloxada a enquisa é gratuíto, e polo tanto nalgún momento pode deixar de funcionar. Si isto pasase podes enviar un correo pedindo a enquisa a correo@betanzoshistorico.com e con moito gusto cha enviarermos.

presentacion_enquisa

Os resultados da enquisa, foron presentadosn polo presidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, Antonio Asensi e vicepresidente David Martínez, nunha rolda de prensa que tivo lugar no recentemente restaurado edificio "Matadoiro", este mesmo mércores 24 de febreiro.

viernes, 24 de julio de 2009

E a ti que che importa!

DSC_0204


Dende onte xa se atopan distribuídos por diferentes locais do casco histórico os buzóns da asociación, nos que se poderán realizar suxerencias, ou depositar as enquisas sobre o estado do casco histórico. Como sabedes dende a nosa presentación, os buzóns están creados por Luís Galán, deseñador gráfico betanceiro autor do logotipo da Asociación. Agardamos que todos os que non a cubristes durante a Feira Medieval poidades facelo ao longo das próximas semanas e opinar sobre os temas fundamentais relacionados coa revitalización do Casco Histórico, para desta forma colaborar con nós.

A enquisa podédela atopar ao carón dos propios buzóns ou descargala nun arquivo pdf en galego ou castelán premendo nos enlaces de abaixo.


Estes son os locais onde están situados os buzóns da Asociación amigos do Casco Histórico

 

Chirri Café

Rúa Ferradores 17

 

Xoiería Daniel

Rúa Prateiros 4

 

Copitec Dixital

Praza Constitución 4

 

Café Lanzós

Rúa Lanzós, s/n

 

A Cova do Frade

Rúa San Francisco 8

 

Dende a Asociación Amigos do Casco Histórico queremos agradecer a todos estes locais a súa colaboración.

 

MOITAS GRAZAS