A Asociación Amigos do Casco Histórico continúa coa sua campaña de denuncia de inmobles en estado perigoso
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos ven de presentarlle á Corporación Municipal un novo escrito no que insta ó Concello de Betanzos a que tome medidas a fin de atallar o grave problema que supón para a seguridade de persoas e bens o estado de deterioro de numerosos inmobles do Casco Histórico.
Nesta ocasión son dezasete os inmobles denunciados.
O escrito que presentouse onte por rexistro no Concello de Betanzos recolle unha fotografía de cada un dos inmobles co texto:
“Ante a grave situación de deterioro que está a padecer o Casco Histórico, a Asociación “Amigos do Casco Histórico de Betanzos”, ten a ben informar, que o inmoble identificado se observan deficiencias, as cales poden supor un grave risco para as persoas e bens, polo que esta Asociación insta a que, á maior urxencia posible, se tomen aquelas medidas de competencia municipal, que sexan necesarias para solucionar o problema.”