Mostrando entradas con la etiqueta audio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Entrevista na Radio Galega ao vicepresidente de Amigos do Casco Histórico, David Martínez Máquez

    O pasado martes día 10 de novembro o programa da Radio Galega "Aquí Galicia" que dirixe o xornalista Xusto López Carril, achegouse a Betanzos a realizar unha reportaxe sobre a deterioración do noso Casco Hiistórico, e entrevistou ao noso vicepresidente David Martínez Máquez, quen atendeu gustosamente aos xornalistas, esforzándose, a xulgar polas súas declaracións, en ofrecer sen faltar á verdade, unha visión positiva de Betanzos en xeral, e do noso Casco Histórico en particular.

logo_crtvg_150
xustolopezcarril_p
 
 
O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos 

     A entrevista, levada a cabo polo xornalista Marcial Mouzo foi realizada no  Adro de Santa María, dura pouco máis de sete minutos e podédela escoitar premendo no “play” do reprodutor.

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

jueves, 8 de octubre de 2009

Debate do pleno de Betanzos sobre a proposta de adquisición da Torre de Lanzós e da Casa Gótica

Hai uns días fixémonos eco da noticia que no pleno do Concello de Betanzos, fora:
Rexeitada a expropiación da Casa Gótica e da torre de Lanzós
Casa do Concello de Betanzos

Como complemento desta información e directamente desde a páxina web do Concello de Betanzos:

http://www.betanzos.net/

“Dalle ao play”

podedes escoitar o fragmento do pleno ordinario celebrado o 29 de setembro de 2009, onde se debate a moción presentada polo PSdeG-PSOE betanceiro sobre a proposta de adquisición da Torre de Lanzós e a Casa Gótica, moción que, como sabedes, foi rexeitada polo pleno cos votos desfavorables dos concelleiros do Partido Popular e de Cidadáns por Betanzos.