sábado, 6 de julio de 2013

COMUNICADO SOBRE ÚLTIMAS NOTICIAS DE PROXECTOS NO CASCO HISTORICO.

Todo o exposto a continuación derívase das conversas mantidas nas últimas semanas co Excmo. Concello de Betanzos:


1.- Rehabilitación de casas no Casco Histórico:

As actuacións previstas en dous inmobles do Casco Histórico, van ser postergadas debido a que a entidade encargada de xestionar os fondos para ditas actividades, comunicou á Xunta a falta de dispoñibilidade de fondos para elas.
En todo caso, a Xunta comprométese a demandar unha subvención a entidades estatais a finais de ano para dita labor.
Parécenos necesario recordar que os inmobles mencionados son propiedade da Xunta e que foron adquiridos durante a pasada campaña electoral.
Por tanto, é xusto reclamar a responsabilidade que conleva, en primeiro lugar, dende o punto de vista da seguridade e en segundo lugar o beneficio á comunidade das actividades desenvoltas en ditos edificios.
Dende a Asociación de Amigos do Casco Histórico, vemos necesario a elaboración dun Plan Integral de Rehabilitación, consensuado por todas as forzas políticas, que sirva para sentar unhas bases firmes para a recuperación do Casco.

2.- Mercado Municipal:

Respecto ás nosas consultas sobre a idoneidade de dar un impulso ó mercado municipal, cabe dicir que o Concello xa  solicitou unha subvención para a súa promoción e publicidade, tanto a nivel local como comarcal.

3.- Feiras Quincenais: 

Nestas conversas fíxosenos saber, ademáis, que próximamente darase luz verde a novos postos durante a Feira Quincenal. Estarían situados na zona comprendida da Porta da Vila hacia a Rúa Travesa dando prioridade a cousas de artesanía.
Dende a Asociación, auguramos que dita iniciativa terá moito éxito debido ás nosas experiencias previas co gremio durante as Almoedas e debido á gran acollida da recuperación dos escaparates nos locais actualmente sen actividade e en aluguer.

4.- Circulación polo Casco Histórico:

Moi pronto coñeceremos o borrador que establecerá as novas normas de circulación e estacionamento no Casco.