Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de diciembre de 2010

Betanzos en “España Directo”

Fragmento do Programa de RTVE "España Directo" correspondente ao luns 27 de decembro de 2010 onde se mostra o estado de ruína e abandono do casco histórico de Betanzos e entrevístase a algúns veciños que viven na zona.

miércoles, 3 de marzo de 2010

A nova ordenación do tráfico provoca o descontento de veciños das rúas Cañota, Ánxeles e Cruz Verde

     Blancolexítimo recolle non seu “outeiro”, o descontento dunha boa parte dos veciños das rúas dos Ánxeles e Cruz Verde, que debido á nova, e polo visto definitiva, ordenación do tráfico derivada das obras que estanse a facer na zona dos soportais, teñen que acceder ás súas vivendas a partir de agora pola Fonte de Unta.

     O asunto, que xa dou lugar a unha manifestación de veciños e apareceu reiteradamente na prensa, o fundamenta cun vídeo ilustrativo colgado na rede onde pode verse o percorrido que tiveron que facer os residentes desta zona nun día en que debido a estar esta rúa tamén en obras, para máis desgraza e paciencia si cabe, tiveron que desviarse na Fonte de Unta, pola rúa das Monxas, paseo da Tolerancia e rúa do Pozo, para a través da Cañota, acceder a plazoleta dos Ánxeles, e continuar ainda camiño os que iban para a Cruz Verde.

   

sábado, 8 de agosto de 2009

Programa das festas de Betanzos 2009

 
 

FESTAS

  SAN ROQUE
  2009
 
 

 

 

PROGRAMA

 

 

 

Xa está na rúa o cartel e o programa das Festas de San Roque 2009

 

 

O CARTEL

 

O cartel desta edición 2009 das festas de Betanzos foi realizado por Xosé Tomás, ilustrador, profesor, e artista gráfico  betanceiro.

 

 

O PREGÓN

Este ano o pregoeiro será o ex-alcalde de Betanzos e actual eurodiputado Antolín Sánchez Presedo que lerá o pregón aos seus paisanos e conveciños desde o balcón do Concello na tarde do venres día 14, acto que marcará o inicio das festas de Betanzos 2009.

 


 

Danzas gremiais, globo e caneiros, son os números fortes nos que se asentan tradicionalmente as Festas de Betanzos
 

AS DANZAS

 

Danza de Labradores de Betanzos

 


 

A responsabilidade de manter viva a tradición das Danzas Gremiais de Betanzos, recae na actualidade no grupo "Xóvenes do Pobo"

 

 

 

 

O GLOBO

 

 

 

 

 

 

OS CANEIROS

 

 

 

 

 

FELICES FESTAS DE SAN ROQUE 2009

 

 

jueves, 23 de julio de 2009

“Nuestro Castro”

En decembro do ano 2007, o Concello de Betanzos anuncia, a través da súa Alcaldesa Dona Maria Faraldo, a creación dun taller de comunicación audiovisual, que ía ter como principais fins a alfabetización audiovisual de todos os betanceiros que o desexaran, e ademais, a difusión e rexistro en soporte audiovisual, de todas as actividades culturais do pobo e das súas asociacións.

A dirección do curso, que nace con vocación de continuidade, asúmea o cineasta brigantino José Carlos Soler, o mesmo que en novembro do ano seguinte 2008, dirixiría con gran éxito, a primeira edición do Festival Internacional de Cine Documental das Mariñas: XÓM (Xanela ó Mundo)




O taller comeza a súa andadura, e baixo a inspiración e supervisión de José Carlos Soler, e colaboracións tan inestimables como a de Lucía Tenreiro ou Lourdes Suárez, tras moitas horas de traballo e entusiasmo dun grupo de betanceiros, nace o documental “Nuestro Castro”, que hoxe presentámosvos.


O documental, ideado, dirixido, presentado, participado e producido en todos os seus tramos e fases, en Betanzos e por betanceiros, estréase como as grandes producións, no inigualable marco da Igrexa Conventual de San Francisco, e servindo como broche final da clausura do Primeiro Festival Internacional de Cine Documental das Mariñas, e ante persoas tan relevantes no mundo audiovisual galego como Manuel González, director da Axencia do Audiovisual Galega; José Manuel Sande, programador do CGAI; Mario Roldán, actor; David Pérez, realizador de Telecinco, e Iñaki González, director delegado de Antena 3, que formaban parte do xurado do festival.



A partir deste momento o documental “Nuestro Castro” non ten moita sorte na súa promoción, de tal xeito que queda un tanto esquecido, e que nós saibamos, non se volve a exhibir, ata agora, en ningún medio de comunicación.

Debido á inestimable colaboración de José Carlos Soler, e a de Antón Taboada, hoxe rescatamos dun inmerecido soño esta obra, na que os nosos políticos, comerciantes, persoas relevantes do pobo e veciños en xeral, expresan a súa opinión sobre o mellor xeito de revitalizar o noso Casco Histórico.

O que van ver vostedes ten que gustarlles necesariamente, por que se van a ver a vostedes mesmos.


Neste documental..¡Saímos todos!



Créditos

 

Taller de Comunicación Audiovisual das Mariñas


Entrevistadora

Lucía Tenreiro

 

Realización

Antón Taboada

 

Jefa de Producción

Lourdes Suárez

Edición

Carlos Soler

Vecinos de Betanzos

Jesús Nüñez Alfredo Erias
María Luisa Couceiro Antonio Fraga
Fernando Blanco Javier Etcheverría
José Manuel Romay Juan Suárez
Antolín Sánchez Ignacio Núñez
Adolfo Sánchez María del Pilar Babío
Adela Rivera Susana Presas
Marité Núñez Javier Lomba
Fina Caramés Inés Amor
Paula Veiga María Josefa Míguez
Mercedes Rosende Andrés Otero

Agradecimientos

A los vecinos y al Ayuntamiento de Betanzos

Taller(c)2008

sábado, 18 de julio de 2009

A zona histórica de Betanzos derrúbase

A zona histórica de Betanzos derrúbase, ese é o titular da nova emitida o día 17 de xullo de 2009, na edición do serán do programa da Televisión de Galicia, Galicia Noticias. A nova fala do derrubamento na rúa da Cerca, do que xa falamos onte. Neste vídeo tamén se fai referencia á existencia da nosa asociación e da preocupación existente polo estado do casco histórico.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

miércoles, 15 de julio de 2009

Cultura sin Lugar (pasado.es)

"Cultura sin Lugar" é un espazo aberto na rede onde Francisco Porto e Rocío Osorio expoñen a súa creatividade nun proxecto creativo-descriptivo que amosa a visión da cultura diaria que tendemos a non percibir conxugándoa cós espazos físicos sociais.


 
 

Os dous forman parte do grupo de artistas que se reúnen en torno a "12 lúas" proxecto cultural basado nas novas tecnoloxías gratuítas de internet (Youtube , Mindtouch Deki Wiki, Blogspot, Google Mail, Archive.org, Flickr y Facebook) coas licencias Creative Commons.


 
 

Hoxe presentámosvos unha obra conxunta de ambos artistas na que utilizando como pretexto bonitas fotos do noso Casco Histórico, aproveitan para continuar no seu labor de denunciar os espazos socioculturais abertos.

 
 

Cultura sin Lugar (pasado.es) sigue en su intención de denunciar los espacios socioculturales abiertos a través de las galerías de cristales imaginarios. Los cascos históricos de cada ciudad representan a través de los reflejos de sus ventanas el mundo exterior e interior de cada cultura.
El pasado inconsciente continúa en nuestras miradas como un futuro inminente, un ser desarrollador que poco a poco vuelve hacia la consciencia. Un ser envolvente que nos hace reflexionar hacia el interior social.
Cultura sin Lugar (pasado.es) es un feedback al pasado al inicio cultural de toda sociedad y al espacio que poco ha sido olvidado como un ser en peligro de extinción que debemos proteger antes de que sea demasiado tarde. Esta unión intrínseca del futuro y el pasado lo representan históricamente los oficios que se han ido adaptando a los nuevos tiempos y marcan la identidad cultural de cada sociedad.
El futuro inminente viene de la mano de nuevas tecnologías, máquinas e inventos los cuales la sociedad no los controla totalmente. Espacios que no deben ser solapados o enterrados por cementos, cables, computadoras Históricos espacios necesitados para resurgir en el interior sociocultural y que no deben ser olvidados.
¿Cultura sin Lugar? o ¿Lugar sin Cultura?

 

 

CRÉDITOS

Dirección: Francisco Porto

Producción y Realización: Rocío Osorio y Francisco Porto

Fotografía: Francisco Porto

Diseño: Rocío Osorio

Lugar: Casco Histórico de Betanzos

Música: Art House (Art House)

Atributton – Noncommercial - Share Alike 3.0

Creative Commons

lunes, 6 de julio de 2009

A Expulsión dos Leprosos, número forte da Feira Franca Medieval de Betanzos

Quizais por ser unha das esceas máis coidadas e con maior leprosos_mparticipación de actores e voluntarios, a "Expulsión dos Leprosos" sexa unha das máis espectaculares e que maior éxito teñen, dentro da Feira Franca Medieval de Betanzos. 
Hoxe poñémosvos o video "Expulsión dos leprosos da cidade de Betanzos" que hai algún tempo circula por Youtube. Véndoo, sobre todo o que non a coñeza, poderase facer unha idea desta representación e en xeral desta festa.


Expulsión dos leprosos da cidade de Betanzos

Imaxinade un camiño que atravesa un denso bosque de piñeiros.

Preto vese a silenciosa canle dun regato que baixa das montañas.

Non hai ningún son máis que o das pisadas sobre as follas e as ramas que caeron das árbores e que tapizan o camiño.

De súpeto, non lonxe de vós, o soar dunha campá e dunhas castañuelas rompe a tranquilidade da tarde.

Sen pensalo dúas veces, corredes a escondervos entre os piñeiros, mentres a persoa de capa gris pasa camiñando cun andar canso e dubitativo.

Non podedes ver a súa cara, pero sabedes que está desfigurada, espantosa e sucia, e que achegarse, podería carrexarvos o mesmo castigo.

Ë un leproso

 

A lepra foi unha das primeiras enfermidades descritas no mundo antigo.

A Biblia considerábaa non só como unha enfermidade do corpo, senón tamén como unha enfermidade da alma.

Incurable ata hai apenas uns poucos anos, introdúcese en Betanzos na Idade Media a través dos soldados que volven das conquistas e cruzadas.

Para evitar o contaxio, aos leprosos excluíaselles da vida común, e prohibéuselles vivir dentro das murallas da cidade, obrigándoos a vivir “extramuros” nunha zona do actual barrio da Madalena.

Levábase ao doente aos límites da cidade onde se lle recitaban as prohibicións: prohibíaselle a entrada a igrexas, mercados, muiños ou calquera reunión de persoas; lavar as súas mans e roupa en calquera regato; sair da súa casa sen usar o seu traxe de leproso; tocar coas súas mans as cousas que quixera mercar; entrar en tabernas en busca de viño; ter relacións sexuais excepto coa súa propia muller; conversar con persoas nos camiños, a menos que se atopase afastado delas; tocar as cordas e postes das pontes, a menos que se puxera unhas luvas; achegarse aos nenos e novos; beber en calquera compañía que non fose a dos propios leprosos; camiñar na mesma dirección do vento polos camiños…

Unha vez proferidas todas estas, e outras parecidas prohibicións, dábaselle ao leproso unha capucha de cor marrón ou gris, e unha campá ou un par de castañuelas para avisar á xente da súa proximidade.

O leproso, só e desamparado, debía vivir afastado de todas aquelas persoas que non foran castigadas coa lepra, e nunca máis podería presentarse en lugares públicos.


Xa vedes o triste que era ser leproso en Betanzos

Boa Feira Franca

miércoles, 3 de junio de 2009

Betanzos by "edicions espontaneas"

En 2005 Toni García funda Edicións Espontáneas xunto a Yolanda Somoza, coa que comparte estudo desde 2004.
Os dous son titulados pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, e gozan dun amplo e meritorio currículum.
Segundo din os seus propios socios fundadores, Edicións Espontáneas nace para a difusión da Arquitectura desde un punto de vista social, recomendable tanto para os entendidos do tema como para a xente que non teña unha formación nese campo
O video que vos presentamos, sen centrarse exclusivamente no casco histórico, ofrece dun xeito máis xeral, a súa particular visión sobre o urbanismo pasado, presente e futuro de Betanzos.
Lugares e xente coñecida, opinando sobre o seu entorno e o seu xeito de vivir, ás veces dunha maneira tan evidente e rotunda como cando di unha das entrevistadas: "Betanzos é a cidade onde nacín, onde vivo e onde quero vivir..."
Seguro que provocará un san debate, xa que sen dúbida, é unha das súas finalidades.
Con esa mesma sa intención poñémosvolo para que o disfrutedes.

martes, 26 de mayo de 2009

Dani López e a Cidade dos Cabaleiros.


Música de Dani López, e bonitas imaxes do Casco Histórico Betanceiro. Algunhas delas tomadas desde sitios tan pouco frecuentes, ou polo menos tan pouco accesibles, como o campanario da torre do reloxo, ou desde o da torre de Santo Domingo. Moi recomendable e unha gozada para case todos os sentidos. O da vista e o do oido polo menos.


Para saber máis cousas de Dani López, podes visitar a súa páxina web oficial: