viernes, 28 de enero de 2011

Últimos días da campaña de recollida de firmas “Polo Plan Integral”

Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos     O vindeiro domingo, dia 30 finaliza a campaña de recollida de firmas iniciada pola Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, esixindo a urxente realización e execución dun plan integral de rehabilitación para o Casco, debidamente acordado por parte de todas as forzas políticas coa finalidade de que Betanzos, e en especial o seu Casco Histórico sexa un referente de vida, turístico e motor da economía comarcal.
     Con tal motivo membros da directiva desta Asociación, amigos e simpatizantes, recollerán, na praza García Irmáns ás 13 horas, a firma de todas aquelas persoas interesadas que aínda non o fixesen, constituíndo o último dos actos previstos para esta campaña.
O acto será amenizado polo grupo musical betanceiro Qando Vand
A Asociación Amigos do Casco Histórico dá as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron coa campaña, e en xeral a todos os betanceiros e simpatizantes que estes días nos trasladaron o seu apoio e suxestións, e comprométese a en os inmediatos días seguintes a dar información pública sobre o alcance da mesma.

viernes, 14 de enero de 2011

Planificación da recollida de firmas polo plan integral de recuperación do Casco Histórico

     A Asociación Amigos do Casco Histórico continúa coa sua campaña de recollida de firmas polo Plan Integral de Rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos.
     Ademais dá multitude de firmas que estamos recibindo de colaboradores e simpatizantes, de dentro e fora de Betanzos, que descargan o prego de firmas de internet e estánnolas facendo chegar a algún membro da Xunta Directiva, e as firmas que se están recollendo nos establecementos comerciais colaboradores, membros da Asociación vanse desprazar aos lugares e as horas que podeis ver no calendario adxunto a fin de que ninguén que o desexe poida quedar sen expresar coa súa firma o desexo de que Betanzos teña o Centro histórico que se merece e que ademais nos convén a todos.

DIA

LUGAR

HORARIO

Sábado 15

Pta. de la Villa

Av. Jesús García Naveira

11-12

12-13

Domingo 16 (feira)

Praza García Hermanos

11.30-13.30

Sábado 22

Domingo 23

Rosalia de Castro

Bellavista

Angeles

Ribera (Matadero)

Iglesia Sta Mª

Iglesia Ntra. Señora

Iglesia Santiago

11-12

12-12,30

12,30-13

11,30-12,30

12,30

13.30

Sábado 29

Domingo 30

Condesa

Magdalena

Praza García Hermanos

(Peche da campaña)

12-13

13-13,30

13.00

Colabora connosco!

Necesitamos a túa firma!

miércoles, 12 de enero de 2011

Análise dos cascos históricos galegos

     Os cascos históricos galegos son obxecto de estudo e análise nun artigo de xornal.com correspondente ao luns 10 de xaneiro de 2011.
     Nesta análise faise especial referencia ao estado actual do casco histórico betanceiro e ademais de citar datos do resultado da enquisa realizada recentemente pola Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, inclúense unhas declaracións do seu presidente Antonio Asensi, así como unha entrevista coa Alcaldesa María Faraldo.

Recorte da edición dixital do  “Xornal.com” correspondente ao Luns 10 de xaneiro de 2011
xornal_100111_1
xornal_100111_2
xornal_100111_3

lunes, 3 de enero de 2011

Campaña de recollida de firmas polo Plan Integral de Rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos

    A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos iniciou unha recollida de firmas para pedir aos nosos representantes políticos a urxente elaboración  e execución dun plan integral de rehabilitación para o noso Casco.
    A recollida de firmas farase por parte dos membros da Asociación en diferentes lugares e datas ao longo de todo este mes de xaneiro, e arrincou o pasado xoves día 30 no que se recolleron firmas na Rúa Ferradores (Soportais do Campo)
    O texto en concreto para o que se pide a firma é o seguinte:

“Ante a grave deterioración que durante os últimos anos vén sufrindo o  Casco Histórico de Betanzos, os abaixo asinantes esixen  a urxente elaboración  e execución dun plan integral de rehabilitación para o Casco, debidamente acordado pola totalidade das forzas políticas,  coa finalidade de que  Betanzos  e, en especial o seu Casco Histórico, sexa un referente  de vida, turístico e motor da economía comarcal.”

    

Se queres colaborar con esta campaña podes descargarche o impreso de firmas nun arquivo .pdf para recoller as firmas das persoas do teu entorno e facérnolo chegar a calquera membro da Xunta Directiva da Asociación ao longo deste mes de xaneiro.

firmas_250
Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos