II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos organiza a
II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS
Despois do éxito da Primeira Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, convoca para o vindeiro mes de agosto a segunda edición desta mostra.
A concentración terá lugar o vindeiro sábado 11 de agosto a partir das 10 horas na praza da Constitución de Betanzos.
Para participar na concentración é convinte realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.
Para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:
clasicasbetanzos@gmail.com
A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, de 10:30 h. a 12:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante
A partir das 13 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.
EXPOSICIÓN DE MOTOS
Desde as 10:30 h. ata a finalización da ruta urbana, onde procederase á entrega de premios e sorteo de regalos entre os participantes.
RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
A partir das 17:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.
ENTREGA DE PREMIOS
Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios recordos e agasallos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.
Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes.
CONCERTO
Pechará esta II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos a actuación no adro de Santa María, dun grupo musical que se anunciará oportunamente.
Publicar un comentario