miércoles, 17 de octubre de 2012

Amigos do Casco Histórico organiza un rastro en su afán por resucitar el barrio

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 17 de outubro de 2012

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao mércores 17 de outubro de 2012

Podes pinchar nesta ligazón para consultar a nova na edición dixital de “El Ideal Gallego”

martes, 16 de octubre de 2012

Segunda edición de ALMOEDA

Segunda edición dun dos vosos eventos favoritos , a ALMOEDA, mercadillo de segunda man, troco, artesanía e taller de reciclaxe. ¿Tes trastos na casa e queres vendelos ou cambialos? ¿Fas cousas cas túas mas? ¿Es artesán? Ponte en contacto con nos!!
Por outra parte se cres que os trastos doutros son tesouros agochados pra ti esperámoste o domingo pola mañá na Almoeda!!

cartel_almoeda_2012

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos dentro dos actos que organiza, co fin de dinamizar o Casco Histórico, programou para o día vindeiro 21 de outubro : “Almoeda” (mercadiño de 2ª man, troco, artesanía e taller de reciclaxe), que se desenvolverá en horario de 10 a 14 horas na zona da igrexa de Santa María.
     As persoas que o desexen poderán vender ou cambiar todo tipo de obxectos de segunda man ou elaborados artesanalmente, para o que deberán inscribirse a través do correo electrónico correo@betanzoshistorico.com ou a través do evento de facebook habilitado ao efecto.

Colaboran nesta actividade o  Concello de Betanzos, e Copitec Dixital.

lunes, 20 de agosto de 2012

Fotos da II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos – Fotos de Marisa Gabín

marisa-gabin-e1040235

Álbum de fotos da II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, celebrada o día 11 de agosto de 2012 organizada pola Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos

Fotos da fotógrafa betanceira Marisa Gabín

Podes pinchar neste enlace para ver o álbum de fotos directamente en Picasa

lunes, 13 de agosto de 2012

Fotos de la II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

Podes pinchar neste enlace para ver o álbum de fotos directamente en Picasa

miércoles, 18 de julio de 2012

II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

II CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

cartel_motos_2012

Despois do éxito da Primeira Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos, a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, convoca para o vindeiro mes de agosto a segunda edición desta mostra.

A concentración terá lugar o vindeiro sábado 11 de agosto a partir das 10 horas na praza da Constitución de Betanzos.

Para participar na concentración é convinte realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.

inscrición

Para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

     A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, de 10:30 h. a 12:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

     Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1987

     A partir das 13 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

EXPOSICIÓN DE MOTOS

Desde as 10:30 h. ata a finalización da ruta urbana, onde procederase á entrega de premios e sorteo de regalos entre os participantes.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
     A partir das 17:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
     Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS
     Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios recordos e agasallos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

     Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes.

CONCERTO

Pechará esta II Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos a actuación no adro de Santa María, dun grupo musical que se anunciará oportunamente.

viernes, 8 de junio de 2012

Nova Xunta Directiva

Na Asemblea Xeral de Socios do pasado 10 de abril de 2012, produciuse a renovación da Xunta Directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. A composición da nova Xunta Directiva é a seguinte:

PRESIDENTE:
PAULO B. MARTINEZ
VICEPRESIDENTA:
ADRIANA BLANCO
SECRETARIO:
JUAN M. GOMEZ
TESOUREIRA:
PATRICIA TEIJEIRO
VOGAIS:
SEGUNDO JORGE
DAVID MARTINEZ
MIGUEL DIEGUEZ
JOSE M. MACEIRA.
Por outra parte, a directiva saínte quere agradecer a colaboración recibida cara a esta asociación nas actividades emprendidas polos distintos medios de comunicación, institucións, empresas e particulares en beneficio do Casco Histórico de Betanzos.

Dende a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos esperamos nesta nova etapa seguir contando coa vosa colaboración nas nosas actividades e iniciativas.

viernes, 17 de febrero de 2012

El Casco Histórico como motor económico

El Ideal Gallego publica hoy una entrevista de la periodista Lucía Tenreiro a Antonio Asensi, presidente de la Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, bajo el título de:

“Esta parte de la ciudad está llamada a ser su motor económico”

betanzos /

“El casco no entiende de ideologías”

entrevista_ideal_170212