A Asociáción Amigos do Casco Histórico de Betanzos denuncia a pésima tradución ao inglés dos novos paneis informativos
A Asociación Amigos do Casco Histórico congratúlase de que o Concello teña reposto os vellos paneis informativos que indican os monumentos e outros lugares de interese da cidade.
Calquera que sexa a opinión que a un podan merecerlle tanto a estética dos novos paneis como a súa ubicación -esta última certamente mellorable- os novos indicadores supoñen unha clara mellora sobre o aspecto de abandono e deterioro que mostraban os anteriores.
Dito esto, a Asociación Amigos do Casco Histórico ten que lamentar o absoluto dislate cometido na traducción dos paneis ó inglés.
É evidente que a empresa encargada de facer tal traballo usou un traductor automático ou ben lle encargou a tarefa a alguén sen as mínimas cualificacións para tal cometido.
Membros da Asociación, con competencia para esta tarefa, teñen feito un estudo dos erros cometidos na presunta traducción ó inglés dos paneis, sendo o resultado desolador.
Compre destacar que non estamos falando de algún que outro erro máis ou menos pintoresco cometido aquí ou alá. Moi ó contrario, os textos ingleses carecen na súa maior parte de sentido ó térense traducido ás palabras castelás unha a unha e na mesma orde, algo que non se pode facer nunca nunha traducción.
Ademáis existe un número inxente de erros léxicos, morfolóxicos e sintácticos.
Como é evidente, o que estamos comentando redunda nunha imaxe penosa da cidade, de desleixo e ignorancia, que o Concello non debe tolerar.
A Asociación adxunta con este escrito o comentario polo miúdo de 4 dos textos, non escollidos máis que como representación do teor no que están redactadas as traduccións inglesas do resto.
A Asociación quere exixir á Corporación municipal a retirada dos paneis por parte da empresa responsable e a súa sustitución por outros nos que non se poña en entredito a imaxe e dignidade de Betanzos.
Fonte Diana Cazadora TEXTO: Fonte de Diana Cazadora. | ||
Texto inglés: Xa ó comenzo úsase “fussed”,participio do verbo “to fuse”, “fundir”,no sentido en que se funden os fusibles ( que se chaman así por esta razón),palabra ésta coa que está emparentada,a través do latín. Porén,o verbo en inglés para “fundir”,no sentido metalúrxico,é en inglés “ to cast”. Polo tanto,o texto correcto debería ter sido: “Cast in Paris by the Ducet and Fils company…” Neste contexto, “imitating” debería ter sido relegado por “after”,que é o que lle da as connotacións dun ”modelo que se segue”. Por tanto deberíase ter preferido “after the Diana of Versailles´,in the Louvre”. Cando se di “ in which he took…” , o pronome persoal “he”,non ten antecedente ningún na frase,co cal non se entende a quen se refire. A razón é que o texto orixinal é impersonal: “ se tomaron”. Polo tanto,o texto inglés debería ter sido : “ In which the first photographs of a public event were taken”.
Ademáis,repétese a palabra “event” e utilízase “informant”,que ten un sentido moi distinto o de “informador”,ainda que esta palabra tamén está mal empregada en castelán. As palabras correctas deberían ter sido “informador”,no texto castelán e “reporter”,no texto inglés. Ainda mellor: “ according to media reports of the time”. O absurdo máis absoluto está no derradeiro párrafo. A palabra castelán “traída” é un sustantivo que coincide,efectivamente,co participio do verbo “traer”,pero non se pode traducir tomando o mesmo tempo do verbo inglés e convertíndoo nun sustantivo que non existe “to bring”…”brought” (¿). Non hai nada na palabra inglesa “brought” que teña nada que ver co subministro público de auga. O texto queda así non xa incomprensible senón indescifrable para un anglófono. En inglés debería terse escrito : “the public water supply” ;
E se se engadira: “ which made the use of springs obsolete” ( “que deixou obsoleto o uso das fontes”) . quedaría ademáis claro por qué se traen a conto as traídas. |
Porta da Vila | ||
Contrariamente ó que adoita ser normal, aquí non debería ter posto o artigo “the” diante do nome do mestre de obra,porque “master builder” xa o precede como título. Polo tanto: “master builder Juan de Bergantiños “. “Ensanche “ debería ser “enlargement”. Antes de “main access” debería ir o artigo “the” A palabra “shields” significa en inglés os escudos de defensa que usaban os soldados,aparte doutros usos como en Xeoloxía etc., pero non se usan en heráldica. Os escudos herádicos chámanse en inglés “ coat of arms”. Polo tanto,a traducción debería ser: “ The coats of arms of Galicia etc…” Finalmente,como noutros textos,compre destacar que se usan os topónimos sempre en castelán ou en castrapo,pero nunca en galego na traducción,ainda que os nomes en galego son os únecos topónimos oficiais. |
Porta do Cristo | ||
En todo caso,o máis correcto tería sido : “ The ´ Porta do Cristo´ ( “Christ´s Gate”),also known as (o comparativo tamén falta no texto do panel) A Ribeira … “
Como noutro texto anterior, se se quere dicir que a Porta do Cristo deriva o seu nome da escultura,o correcto en inglés é : “recieves it´s name after a wood carving…” .
Ademáis , a palabra usada no texto da traducción ,“statue”,estatua,non se corresponde coa imaxe dunha crucifixión en madeira,para a que se usaría “sculpture” ou,mellor ainda, “wood carving”. “Environs” soa literario e fora de lugar,no canto de “surroundings”. Ademáis “towers castellations” non significa nada en inglés,pero,en todo caso,o adxectivo tería que ir diante do nome. “Battlements “ tería sido suficiente; ou,en todo caso, “fortified towers”. Esa parte da torre seica serve de apoio á unha casa particular, pero non se pode usar “support “,ou soa raro,en lugar de “wall” ou “foundation”,se é ou ben “parede” ou parte da “cimentación”. Ademáis “one” está repetido. E “particular house” é outro caso de “falsos amigos”,porque “particular” significa en inglés “específico” ou “concreto”,pero non o que se quere decir,que sería “private”, ou sexa que o correcto houbera sido “private house”.
Para un texto de oito líneas,non é nada doado facelo tan mal. |
1 Comentario:
Visto o visto, o Concello lucíuse de moito carallo, porque o fin e o cabo e a súa responsabilidade (por moito que digan que cousa do Consorcio). Non só polas traduccións (que é de traca), senón tamén polas ubicacións, anclaxes, etc). Que imaxe tan penosa proxectamos do noso Casco, e todo pola incompetencia dos nosos dirixentes politicos.
Publicar un comentario