O Concello concedeu durante 2009 un total de 35 licenzas de obras para vivendas do casco histórico
O Concello recoñece o labor realizado por Asociacións como Amigos do Casco Histórico
O dato está recollido da páxina web oficial do Concello de Betanzos http://www.betanzos.net/
Na mesma noticia aparecida neste órgano oficial do Concello de Betanzos contense un recoñecemento a asociacións como Amigos do Casco Histórico de Betanzos cando afirma que o traballo realizado por elas en benificio desta importante zona de Betanzos comeza a dar os seus froitos.
O Concello concedeu durante 2009 un total de 35 licenzas de obras para vivendas do casco histórico Betanzos, 31 de maio de 2010. - O Concello concedeu durante 2009 un total de 35 licenzas no casco histórico, un número importante "máis se cabe nesta época de crise económica que afecta, de forma especial, ao sector inmobiliario", segundo explicou hoxe o concelleiro de Urbanismo, José Luis Santos Cobelo, quen considera que tanto por estes datos como polas consultas realizadas por particulares e as medidas tomadas por distintos propietarios "as accións encamiñadas polo goberno local en colaboración coa Xunta, os expedientes abertos e o traballo realizado por asociacións como Amigos do Casco Histórico cara a esta zona da cidade comezar a dar os seus froitos". |
1 Comentario:
O que pasa é que a día de hoxe, a pesar de que o conello xa recibiu os cartos en outubro, os veciños aínda non cobraron as subvencións. O que está a crear malestar e desacougo nos que cumpriron todos os requisitos e o noso concello non sabe atendelos.
Publicar un comentario