A Xunta de Galicia destina 1.850.000 euros para potenciar o comercio nos conxuntos históricos das cidades
A fonte da noticia é a propia páxina oficial da Xunta de Galicia
- As subvencións están enmarcadas no “Plan ÁGORA, agora Re-comercia” e teñen como obxectivo darlle un pulo ás zonas históricas das vilas galegas impulsado a ocupación de locales baleiros para cadeas sucursalistas e comercios do téxtil, calzado e xoiería
-
Van dirixidas a aqueles comerciantes que boten andar o seu negocio nun local desocupado e pretendan mellorar a súa imaxe, con axudas para reforma ou ampliación do establecemento e contratación de servizos externos de asesoramento, entreoutros
Santiago, 23 de xuño de 2010.- A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no D.O.G a convocatoria de subvencións dirixidas á posta en marcha de cadeas sucursalistas e comercios do téxtil, calzado e xoierías, en locais desocupados de conxuntos históricos. Trátase dunha medida enmarcada no coñecido como Plan ÁGORA, agora Re-comercia, que contempla unha contía para estas axudas de 1.850.000 euros e que ten como obxectivo mellorar tanto a competitividade como a imaxe dos establecementos galegos.
Deste xeito, os interesados poden solicitar as achegas para a reforma ou ampliación do seu local, para a instalación de medidas de aforro de enerxía e auga e para a mellora do punto de venda. Tamén se consideran actuacións subvencionables a contratación de servizos exteriores de escaparatismo, a colocación de letreiros luminosos ou rótulos; a adquisición de mobiliario e equipamento comercial, así como a instalación de establecementos comerciais en locais desocupados de conxuntos históricos das vilas galegas.
Poderán pedir as axudas aqueles comerciantes que teñan a consideración de peme, teñan o domicilio social e fiscal en Galicia e non conten con máis de 20 empregados.
As achegas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, cunha porcentaxe de subvención que contempla un máximo do 50 ao 70% do investimento previsto ata un máximo de 12.000 ou 20.000 euros segundo a actuación.
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario