sábado, 24 de julio de 2010

Amigos do Casco Histórico de Betanzos prepara varias actividades para dinamizar esta importante zona da cidade durante o verán

Visita guiada "Tras la huella indiana"

    A primeira delas será a visita guiada "Tras la Huella Indiana" que se realizará o sábado 31 de xullo, sobre un itinerario no que se visitarán as principais obras que constitúen todavía hoxe, o legado dos Irmáns García Naveira.
    Fará de "guía" nesta visita, o Cronista Oficial da Cidade de Betanzos Don José Raimundo Núñez-Varela e Lendoiro.

    A visita guiada iniciarase ás 11 horas na praza betanceira do Peirao

Concerto de jazz "JUAN CARLOS CASAL JAZZ TRIO" no casco histórico de Betanzos 

     A segunda actividade é o concerto de jazz "Juan Carlos Casal Jazz Trío" que se celebrará na praza da Constitución de Betanzos o vindeiro venres 6 de agosto ás 22 horas.

 
1ª Concentración de motos clásicas cidade de Betanzos 2010 

     A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos tamén ten previsto realizar o sábado 28 de agosto a "1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos" onde ademais de agasallos e obsequios para os participantes, está prevista unha visita ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e unha ruta polas principais rúas do noso casco histórico.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario