“BETANCEIROS EN EL MUNDO” CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN CON 2 MINUTOS DE SILENCIO POLA CASA GÓTICA
Cando están a piques de cumprirse dous anos desde que Betanzos amencese un día sen unha das súas casas máis representativas e emblemáticas, a Casa dos Vilousaz, ou máis coñecida por todos como a Casa Gótica, Betanceiros en el Mundo convoca a todos os seus amigos e simpatizantes a través de Facebook para que participen nunha concentración ou evento, que inclúe un par de minutos de silencio, o próximos sábado 9 de outubro ás 20:30, na rúa da Cerca, mesmo diante do solar que ocupaba a que todos considerabamos a casa máis antiga e bonita de Betanzos.
A Xunta Directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, en sesión celebrada no día de onte xoves 23 de setembro de 2010 tomou entre outros acordos o de apoiar este evento. |
3 Comentarios:
Meus máis sinceiros e entusiastas parabéns á vosa Asociación por este acordo. Se non nos unimos quenes estamos a prol da recuperación do noso Casco as posibilidades de logralo son nulas.
Moitas grazas.
Xulio
Neste com noutros casos o goberno municipal segue de brazos cruzados. Señora alcaldesa, que é o que lle impide obrigar ao propietario á reposición da legalidade?. Non se escude en que hai un procedemento xudicial aberto porque unha cousa non interfere a outra. É bochornoso que levemos dous anos con esta situación e ninguén asuma responsabilidades.
Que ocasión perdida cuando en un pleno se propuso la compra de la Torre de Lanzos y la Casa Gótica y la alcaldesa junto con CXB rechazaron la propuesta. Ahora corremos el riesgo de quedarnos sin las dos. ¿Pero cómo se puede ser tan insensible? ¿Dónde está el amor por Betanzos?
Maria
Publicar un comentario