ADXUDICADO O ALBERGUE DE PEREGRINOS
Por fin!
Cando xa estabamos a tremer pola súa rehabilitación a casa da pescadería parece que ve luz verde cara ao seu destino como albergue de peregrinos.
Aínda que non chega para este ano santo, tal e como se nos anunciara, celebramos igualmente que este proxecto se materialice nos próximos meses. Porque 8 meses son o plaza ofertado pola empresa adxudicataria e esperamos non supere ese tempo e vexamos en plena época primaveral acobillar peregrinos nas súas instalacións.
O anuncio vense de publicar na web da Sociedad Pública de Investimentos de Galicia este día 6 e fontes cercanas á Asociación Amigos do Casco Histórico nos anuncian comezo de obras en dúas ou tres semanas… que así sexa.
Agardamos con inquietude este comezo desexando ver materializada esta obra e así poñer unha pedra importante na dinamización do noso Casco Histórico e recuperar un dos seus edificios civís emblemáticos.
Noraboa a tod@s.
Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos |
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario