Caída dunha cornixa anunciada
Como era tristemente previsible, onte sobre as 21 horas precipitáronse sobre a rúa os cascotes e bloques de cantería que formaban a cornixa do número 9 da rúa da Torre que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, denunciara xa nun par de ocasións, polo seu evidente perigo de derrube dado o seu mal estado de conservación que constituía un evidente perigo para as persoas e bens.
A primeira fotografía corresponde á documentación gráfica que Amigos do Casco Histórico achegou ao seu último informe advertindo do perigo do estado desta cornixa.
A segunda foi tomada na mañá de hoxe despois do derrube.
A fortuna quixo que a consecuencia do suceso non se producise ningunha desgraza persoal, e nun principio só advertimos danos nos tellados das casas colindantes, así como nun vehículo aparcado nesa rúa.
O material que se desprendeu da fachada foi recollido por membros de protección civil, que procederon a cortar a calle.
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario