viernes, 5 de noviembre de 2010

Amigos do Casco Histórico continúa coa súa campaña de denuncia do estado de perigo e abandono de numerosos inmobles

     Como xa o fixera noutra ocasión anterior, a “Asociación Amigos do Casco Histórico” presentou á Corporación Municipal do Excmo. Concello de Betanzos un novo escrito con informes e documentación gráfica, de inmobles do casco histórico nos que se considera necesaria unha actuación urxente, por objetivar deficiencias que supoñen un grave risco para persoas e bens , co fin de que se adopten as medidas de competencia municipal necesarias, o máis axiña posible , para solucionar o problema.

     Tamén se testemuñou, que ante a chegada da estación invernal, adóptense as medidas de seguridade oportunas noutros inmobles en mal estado de conservación, co mesmo fin: garantir a seguridade dos cidadáns e bens.

     A “Asociación Amigos do Caco Histórico” quere transmitir a constante preocupación dos veciños ante esta grave situación, que obriga a pechar rúas, alterando o tránsito necesario de persoas e vehículos.

     Por último, a “Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos” quere agradecer a sensibilidade dos medios de comunicación ante este problema, na súa campaña de denuncia e concienciación cidadá, para que as institucións públicas adopten solucións para resolver definitivamente esta situación que prexudica a imaxe da nosa cidade, e inflúe negativamente nun crecente turismo cultural emerxente, que se gañou o noso rico e belo Patrimonio Histórico por méritos propios.

ribeira_106 ribeira_20 santiago_1
cerca_41 sanfrancisco_37
santiago_3 cerca_13 santiago_2
cerca_09 clerigos_13 santiago_5
ribeira_52_2 irmandinos_4_6 lanzos_23
horreo_28

torre_9_2

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario