miércoles, 19 de marzo de 2014

Reportaxe Casco Histórico: A.A.C.H. de Betanzos na televisión: V Televisión

A Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos tamén está nos medios audiovisuais e para proba disto deixámosvos o seguinte enlace:

http://www.vtelevision.es/informativosv/2014/03/14/0031_26_204582.htm  

Na reportaxe, facémonos presentes no programa Vía V, de V Televisión do venres 14 de Marzo, tratando o tema de rehabilitacións de cascos históricos de Galicia e concretamente o caso de Betanzos no que apostamos decididamente polo noso Patrimonio.

Como podedes ver, tamén reivindicamos á Xunta de Galicia que cumpra e asuma o seu compromiso no programa de rehabilitación das vivendas que adquiriron, pois teñen gran responsabilidade como propietarios e deberían dar exemplo. 
As promesas feitas, non se poden seguir dilatando máis no tempo.
Teñen que demostrar responsabilidade, seriedade e compromiso nos prazos dados.
Betanzos non pode e non quere esperar máis.
Sabemos que noutros lugares estanse a levar a cabo este tipo de iniciativas, do cal nos alegramos, pero tamén é certo que Betanzos ten un verdadeiro e auténtico potencial coa posta en valor da zona monumental, e polo tanto, así o reclamamos dende a Asociación de Amigos do Casco Histórico, porque as promesas están ben (se se cumpren), pero agora mesmo só nos podemos remitir ós feitos.


Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario