martes, 25 de marzo de 2014

Uns 40 "detectives" peinando o Casco Histórico en busca de imaxes.


Gracias a  José Manuel Rey do IES Francisco Aguiar, celebrase un concurso de detalles fotográficos, co obxectivo de colaborar na conservación do Casco Histórico partindo do seu coñecemento. Trátase da localización de determinados detalles arquitectónicos que se poden descubrir nun paseo atento polo Casco. O concurso durará oito semanas (para rematar aproximadamente nas celebracións das Letras Galegas), e en cada semana publican tres fotografías a identificar, xunto con unha pregunta relativa a unha delas (a resposta poderá atoparse nos paneis informativos que acompañan determinados monumentos); no comezo propoñen detalles sinxelos e fáciles de situar, e progresivamente vai aumentando a dificultade. Utilizan un arquivo de imaxes elaborado o curso pasado por alumnado de 4º ESO.
O concurso iniciouse a  semana do 24-28 de febreiro.




Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario