domingo, 8 de noviembre de 2009

Éxito de participación na “visita guiada” realizada polos Amigos do Casco Histórico

     Tal e como estaba previsto este domingo día 8 de novembro levouse a cabo, con gran éxito de participación, a "visita guiada" ao Betanzos mais antigo, organizada por Amigos do Casco Histórico.
Antonio Asensi, presidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

     A visita comezou no Museo das Mariñas, onde en primeiro lugar, o presidente da Asociación Amigos do Casco Histórico,  Antonio Asensi, saudou a todos os participante cunhas palabras de benvida.

     A continuación Alfredo Erias, director do Museo e Biblioteca municipal, foi descubrindo para sorpresa e ledicia de todos os asistentes, os segredos e curiosidades, que se custodian e expoñen nesta modélica instalación.

Alfredo Erias, Director do Museo e Biblioteca Municipal de Betanzos

 

   Praza do Campo, Porta da Vila e Rúa Travesa foi o itenario seguido a continuación polos asistentes, ilustrados en todo momento por Alfredo Erias, con datos sobre a súa importancia, historia e evolución.

    
   Xa metidos no Betanzos mais medieval, o adro e Igrexas de Santa María e San Francisco, foron de seguido os lugares visitados, sendo obxecto como corresponde, dunha atención especial por parte de todos os asistentes.

Mercado Municipal, rúa Roldán, praza do Concello e Igrexa de Santiago, foron os lugares visitados de seguido.

A visita rematou nas instalacións do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) onde os asistentes foron recibidos polo seu director e fundador, o artísta gráfico betanceiro Jesús Núñez, quen ademais de mostrar as instalacións e explicar a todos a importancia deste centro, agasallou aos asistentes con diversas publicacións

     Nada mais rematar a visita, os membros da Asociación Amigos do Casco Histórico presentes no acto, así como a totalidade dos asistentes, valoraron moi positivamente esta iniciativa, sendo a opinión xeral que dalgunha maneira deberían institucionalizarse, para promocionar o patrimonio histórico-artístico e cultural da nosa cidade, gozar do fermoso patrimonio que atesoura e fomentar a actividade turística e económica durante todo o ano,

     Neste sentido a Asociación Amigos do Casco Histórico en recente entrevista coa alcaldesa de Betanzos Dª María Faraldo, transmitiulle a necesidade de realizar estas visitas de forma programada polo propio concello, e mesmo incorporando as novas tecnoloxías que todos temos hoxe á nosa disposicón: audio, vídeo, bluetooth, etc…xa sexa a través de telefóno móbil, internet, ou a descarga directa na oficina de turismo municipal.

     Amigos do Casco Histórico quere lembrar o seu agradecemento a todas as persoas e institucións que colaboraron para que esta “Visita Guiada” realizárase con tanto éxito, con especial atención á Concellería de Turismo do Excmo. Concello de Betanzos, ao Centro Internacional da Estampa Contemporánea  (CIEC), e ao seu Director e Fundador o artista gráfico D. Jesús Núñez, ás Parroquias de Betanzos, administradas polo párroco D. Manuel Rodríguez, á Comunidade de Irmás Franciscanas, e de maneira máis especial si cabe, ao Director do Museo, Arquivo, Biblioteca e Anuario de Betanzos, o artista betanceiro D. Alfredo Erias.

viernes, 6 de noviembre de 2009

O domingo día 8 de novembro, “visita guiada”

     Os xornais lembráronnos estes días a “visita guiada” que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, ten previsto realizar, polo noso casco histórico, o próximo domingo día 8 de novembro e na que exercerá como guía o Director do Museo e Biblioteca Municipal Alfredo Erias Martínez.



Recorte do xornal "La Voz de Galicia" correspondente ao venres 6 de novembro de 2009
 
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de novembro de 2009
      


HORARIO E ITINERARIO

A rúa Santiago únese á lista das rúas de Betanzos, pechadas pola ameaza de derrube dunha das súas casas

     - O immoble do que se desprenderon cascotes e ameaza perigo, corresponde ao número 1 da rúa Santiago e está situado no ruinoso e deplorable entorno da Torre de Lanzós

O xornal "El Ideal Gallego" o recolle nunha reportaxe de Lucía Tenreiro na súa edición de hoxe venres 6 de novembro 2009

Recorte do xornal "El Ideal Gallego correspondente ao venres 6 de novembro de 2009

O xornal "La Voz de Galicia" tamén o recolle na súa edición de hoxe venres 6 de novembro de 2009

Recorte do xornal "La Voz de Galicia" correspondente ao 6 de novembro de 2009

Novas da Asociación Amigos do Casco Histórico no xornal “Betanzos e a súa comarca” do mes de novembro

     O xornal  "Betanzos e a súa comarca" recolle no  seu número correspondente ao mes de novembro, varias das actividades realizadas ou previstas por Amigos do Casco Histórico

Recorte do xornal de "Betanzos e a súa Comarca" correspondente ao mes de novembro de 2009

Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de novembro do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de:

http://www.comerciodebetanzos.com

páxina  da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE)

Xornal "Betanzos e a súa Cormarca" correspndente ao mes de novembro de 2009

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Amigos do Casco Histórico invítate a coñecer Betanzos a través dunha “visita guiada”

 

     A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, ten previsto realizar, para todas as persoas interesadas, unha “visita guiada” polo noso casco histórico, na que exercerá como guía o Director do Museo e Biblioteca Municipal Alfredo Erias Martínez.
     O paseo realizarase o vindeiro domingo día 8 de novembro, comezando ás 11:45h. desde os inmediacións do Museo das Mariñas e terá unha duración aproximada de 2 horas. No seu itinerario incluiranse visita a lugares tan Menos Dieciocho - Foto: Marisa Gabín emblemáticos como o Museo das Mariñas, Igrexas  de Santa María, San Francisco e Santiago, e Centro Internacional da Estampa Contemporánea.
     A Asociación Amigos do Casco Histórico, pretende conseguir que esta iniciativa constitúa un novo atractivo para os veciños, escolares e turistas, por que coñecendo mellor a nosa cidade, tamén entenderemos mellor os nosos sinais de identidade e valoraremos máis o noso legado histórico.
     O obxectivo é promocionar o patrimonio histórico-artístico e cultural da cidade e fomentar a actividade turística durante todo o ano, beneficiando desta maneira á hostalería, pousada e comercio en xeral, e no caso do que a cidadanía responda a chamada e demostre interese, instar ás Administracións Públicas con competencia na materia, a programar visitas durante todo o ano, que cautívennos, divirtan e enriquezan, gozando a un tempo do fermoso patrimonio que atesoura a nosa cidade.

 
Icono de Marisa Gabín (*)

VISITA GUIADA AO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

DATA: 8 DE NOVEMBRO
HORA: 11:45h
DURACION: 2 HORAS (APROX.)
GUIA: ALFREDO ERIAS, DIRECTOR DO MUSEO-BIBLIOTECA MUNICIPAL
ENCONTRO: MUSEO DAS MARIÑAS

____________________________________________________

ITINERARIO:

· VISITA AO MUSEO DAS MARIÑAS
· PRAZA DE GARCÍA HERMANOS
· PORTA DA VILA
· RÚA TRAVIESA
· PRAZA DE FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE
· IGREXAS DE SANTA Mª DE AZOGUE Y SAN FRANCISCO
· PRAZA DA CONSTITUCIÓN
· IGREXA DE SANTIAGO
· RÚA DO CASTRO
· VISITA AO CIEC
· SOPORTAIS DA FONTE DE UNTA

______________________________________________________

COLABORAN:

· CONCELLALIA DE TURISMO. EXCMO CONCELLO DE BETANZOS
· CENTRO INTERNACIONAL DE ESTAMPA CONTEMPORANEA (CIEC)
· DIRECTOR DO MUSEO-BIBLIOTECA MUNICIPAL
· PARROQUIAS DE BETANZOS

martes, 3 de noviembre de 2009

Coa rehabilitación e renovación como obxectivo

     O xornal "El Ideal Gallego" nun extenso artigo de Lucía Tenreiro, fai referencia, completándoa, á campaña informativa que están levando a cabo estes días os Amigos do Casco Histórico sobre as posibles axudas e subvencións para a rehabilitación e renovación de vivendas, que convocará a Xunta de Galicia próximamente.

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" na súa edición do martes 3 de novembro 2009
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" na súa edición do martes 3 de novembro 2009

Preme na imaxe para vela ampliada

O Concello de Betanzos obriga a usar carpintaría de madeira no casco histórico

Así o recolle un artigo no xornal "La Voz de Galicia" correspondente a hoxe marte, 3 de novembro de 2009
recorte do xornal "La Voz de Galicia" correspondente ao martes 3 de novembro de 2009 

Preme na imaxe para vela ampliada