martes, 25 de agosto de 2009

Galería de fotos da procesión de San Roque e Santa María nas festas de Betanzos

    Como vén sucedendo ano tras ano desde tempo inmemorial, moi probablemente desde o mesmo 1416, en que a cidade de Betanzos ofreceuse ao seu santo patrono San Roque, outra vez os betanceiros sacaron as súas máis veneradas imaxes á rúa para en solemne procesión percorrer o Betanzos máis antigo.
    O santo peregrino, e a nosa copatrona a Virxe de Belén, Santa María do Azougue, "a gareliña", camiñaron xuntos da Igrexa de Santa María á de Santo Domingo, percorrido habitual dos últimos anos, a tarde do 15 de agosto, aos ombreiros dos mareantes e con escolta dun pelotón de soldados do antigo Rexemento de Betanzos, acompañados tamén de autoridades, veciños, devotos, músicos, curiosos e turistas, ofrecendo un cadro de devoción e plasticidade que só se repite unha vez ao ano.

    Premendo na imaxe, ou a continuación no enlace de texto, podedes ver unha galería de fotos da procesión de San Roque e Santa María correspondente a este ano 2009, e da actuación das Danzas de Mariñeiros que realizou a continuación na Praza do Campo, o Grupo de Danzas Gremiais de Betanzos “Xóvenes do Pobo”.


Os autores das fotos son Antonio Asensi, José Manuel G. Casal e Eduardo Vázquez.


Para ver as fotos a pantalla completa acordarvos de pulsar a tecla F11

 

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario