Preme na imaxe para ver a noticia ampliada | | Todo isto e como moi ben di a xornalista, deixando aparte calquera tipo de discusión sobre o mítico Brigantium e a súa orixe. En calquera caso, é indiscutible que se un dos alicientes de Betanzos sempre foi a súa proximidade á cidade da Coruña, tamén é certo que o máis grande dos recoñecementos ao seu monumento máis importante e emblemático seguirá sendo bo para Betanzos, e na nosa man estará potenciar que gran parte dos amantes da historia e dos seus monumentos que o visiten, achéguense tamén ao actual Brigantium para mergullarse no seu contexto histórico, ou simplemente para gozar do antigo e novo Betanzos. Neste sentido, e aínda que non temos a completa certeza de que o sexa, debemos considerar á Torre de Hércules como a nosa irmá maior, por que sen dúbida que o que si é certo, é que "somos da familia". Polo tanto desde esta páxina renovamos a felicitación á nosa irmá maior A Torre de Hércules, felicitación que tamén queremos facer extensiva á xornalista Lucía Tenreiro, por saber expresar tan acertadamente as nosas intencións e desexos. |
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario