martes, 13 de octubre de 2009

A Asociación Amigos do Casco Histórico homenaxea a “Xóvenes do Pobo” facéndolles entrega dun xogo do “Tiruriru” na celebración do San Miguel

     Foi con motivo do encontro folclórico en homenaxe a San Miguel, patrón dos mariñeiros, celebrado onte, 12 de outubro, no barrio da Ribeira. Amigos do Casco Histórico aproveitou esta festa para realizar unha homenaxe ao colectivo que representa a danza de mareantes, protagonista do “Xogo do Tiruriru”, o Grupo de Danzas Gremiais de Labradores e Mariñeiros Xóvenes do Pobo, de Betanzos.

Antonio Pena, guía da Danza de Mariñeiros e David Martínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

     Ao remate da danza de mariñeiros tivo lugar a entrega, por parte do vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos, David Martínez, dun “Xogo do Tiruriru” enmarcado, ao guía do grupo, Antonio Pena, así como unha copia do xogo para cada un dos membros do Grupo como homenaxe a un colectivo que continúa unha tradición que vén dende o século XV.

     O fin da nosa Asociación é deixar un Conxunto Histórico do cal nos sintamos todos orgullosos e a Danza Gremial de Mareantes representa o noso espíritu. Os danzantes deixan de lado as súas diferenzas e se unen para loitar contra o mal.

 Público presente no acto da celebración do San Miguel organizada por Xovenes do Pobo A Danza de Mariñeiros actuando no matadoiro

     O Encontro que xuntou a numerosísimo público xunto ao recén rehabilitado edificio do Matadoiro, contou coa presenza das seguinte agrupacións: Patuleiriñas de Aranga, Os Azoughados de Churío, o Grupo de Baile As Garelas de Betanzos, o Grupo de Gaitas os Brigantinos e o Grupo de Danzas Gremiais de Labradores e Mariñeiros Xóvenes do Pobo, de Betanzos.

     As actuacións celebráronse en dúas partes durante as que non faltaron bailes e actuacións conxuntas improvisadas e mesmo unha versión da “Copa de la Vida”, canción do mundial de fútbol de Francia 98, por parte do Grupo de Gaitas os Brigantinos.

A danza de Mariñeiros co edificio do matadoiro ao fondo
A Danza de Mariñeiros co recentemente rehabilitado edificio do matadoiro ao fondo.
 
Antonio Pena actual ´”guía” da Danza de Mariñeiros co xogo do Tiruriru, agasallo da Asociación Amigos do Casco Histórico
Antonio Pena "guía" da Danza de Mariñeiros de Betanzos co xogo do tiruriru, agasallo da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos.

     O Grupo de Danzas Gremiais de Labradores e Mariñeiros Xóvenes do Pobo, organizadora do evento, representou na primeira actuación a danza de labradores, deixando para a segunda parte unha emotivísima representación da danza de mareantes.

  
     Ésta serviu como colofón a unha tarde chea de boa música, baile e tradición.

4 Comentarios:

puntualizacion dijo...

O "recén rehabilitado" edificio do antigo Matadoiro foi restaurado en 2007: xa van dous anos desa "recente" rehabilitación. O que está é recén inaugurado e sen solventar os flecos pendentes do obradoiro de emprego que o rehabilitou. Convén facer algo de memoria

admin@betanzoshistorico.com dijo...

Moitas grazas pola súa "puntualización", e disculpas pola posible imprecisión.

En calquera caso e como é lóxico, alegrámonos da rehabilitación deste edificio e da súa inauguración, sen dubidar que compartimos con vostede o desexo de velo pronto cheo de contido e cun uso habitual que redunde na revitalización desa zona e no beneficio da nosa sociedade.

Esa e non outra e a nosa primeira preocupación.

Un saúdo e de novo moitas grazas polo seu comentario.

Anónimo dijo...

Parabéns as danzas e parabéns a asociación por este recoñecemento. E ogallá algún día sean tamén para noso Casco Histórico porqué xa esté atendido debidamente. De momento chamada de atención ao noso Goberno Municipal pola súa desidia e falta de compromiso. Escoitar o derradeiro pleno con disculpas sin contido e clarificador de que non teñen proxecto serio e riguroso para o Casco.

Anónimo dijo...

Alguén sabe a que uso en concreto vai estar destinado o rehabilitado edificio do matadero?

Publicar un comentario