A Asociación Amigos do Casco Histórico informa sobre posibles axudas á rehabilitación
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, na súa tarefa de sensibilizar a todos os cidadáns sobre a necesidade de mellorar o estado deste Conxunto Histórico Artístico, está a proceder a repartir uns folletos onde se recollen posibles axudas e subvencións a particulares, anunciadas pola Xunta de Galicia dentro do Plan Integral Conxunto de Rehabilitación, e que serán obxecto de convocatoria nos próximos meses. O contido desta primeira folla informativa, céntrase nas anunciadas axudas en Áreas de Rehabilitación do Camiño de Santiago, e as axudas á rehabilitación de inmobles en conxuntos históricos, das cales se poderán beneficiar moitas das nosas vivendas, ben por estar situadas por onde discorre o camiño inglés, ou enmarcadas no noso centro histórico, declarado Conxunto Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural. Estás axudas, que poderán ser compatibles e acumulables, poderán chegar aos 21.600 euros para a rehabilitación e 23.600 euros para o caso da renovación, e poderán tramitarse a través da Oficina de Rehabilitación de Betanzos, situada no edificio do Concello de Betanzos na Praza da Constitución, onde os interesados poden solicitar máis información. |
|
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario