A nova ordenación do tráfico provoca o descontento de veciños das rúas Cañota, Ánxeles e Cruz Verde
Blancolexítimo recolle non seu “outeiro”, o descontento dunha boa parte dos veciños das rúas dos Ánxeles e Cruz Verde, que debido á nova, e polo visto definitiva, ordenación do tráfico derivada das obras que estanse a facer na zona dos soportais, teñen que acceder ás súas vivendas a partir de agora pola Fonte de Unta.
O asunto, que xa dou lugar a unha manifestación de veciños e apareceu reiteradamente na prensa, o fundamenta cun vídeo ilustrativo colgado na rede onde pode verse o percorrido que tiveron que facer os residentes desta zona nun día en que debido a estar esta rúa tamén en obras, para máis desgraza e paciencia si cabe, tiveron que desviarse na Fonte de Unta, pola rúa das Monxas, paseo da Tolerancia e rúa do Pozo, para a través da Cañota, acceder a plazoleta dos Ánxeles, e continuar ainda camiño os que iban para a Cruz Verde.
3 Comentarios:
O vídeo completo suma 4'49", tampouco é a morte de ninguén. Iso sí o recorrido é de coña...
O que non falla nunca, índa que se grabe tódolos días: o coche do Roncón en 2ª fila e a furgoneta do Porquiño no medio
Pois claro que non é a morte de ninguén. Non é unha cuestión de tempo. É unha cuestión de accesibilidade. Furgoneta do Roncón incluida. De todas maneiras deixémolo en só en catro minutos máis que polo outro lado, o tempo que lles leva a estes veciños facer este mesmos recorrido, ainda que só sexa para operar con números redonddos. Calcula 2 recorrdos diarios, xa estamos en 8 minutos. por sete dias á semana xa estamos en 56 minutos semanales a maiores sentado no coche, sorteando furgonetas mal aparcadas e peóns. Ainda que o dividamos pola metade, xa en plan de non discutir, ven resultando un par de horas ao mes sentado no coche para chegar á tua casa a maiores, por unha simple cuestión de mala organización. E a todo esto, deixa que chegue o verán, os coches mal aparcados que van á Balbina, o botellón da Adega do Pino, etc... e xa falaremos.
Vds me dirán como se puede dar acceso a varios cientos de viviendas de una zona nueva por una calle del casco viejo de Betanzos que no tiene aceras y en algún punto no llega a los 2,50 mts y se plantee eso como una mejora. Cualquier persona en su sano juicio lo que intentaría era liberar del tráfico rodado esa calle y no sobrecargarla con un tráfico que no puede absorber. Un poco de sentidiño por favor.
Publicar un comentario