“BETANZOS e a súa comarca” da conta da celebración da nosa Asemblea Xeral de Socios
"BETANZOS e a súa comarca", máis coñecido por "O períódico de Betanzos", ou "O xornal dos comerciantes", dá conta no seu número correspondente a este mes de marzo de 2010, da celebración e dos pricipales acordos tomados na nosa recentemente celebrada "Asemblea Xeral de Socios". ___________________________________________ |
“Amigos do casco histórico” propón en Asamblea as novas liñas de acción para este anoO colectivo presentou as iniciativas levadas a cabo dende a súa creación e novas propostas de actuación REDACCIÓN / Betanzos A Asociación “Amigos do Casco Histórico” debatíu en Asamblea as diferentes liñas de acción que o colectivo levará adiante ao longo do ano. Tras realizar un balance das actividades promovidas dende a súa creación, presentaron aos seus asociados os resultados das enquisas realizadas durante os meses de xullo e agosto pasado así como as diferentes xestións realizadas durante estes primeiros meses de andaina do colectivo. O Presidente do colectivo, Antonio Asensi, salientou a importancia de conseguir a implicación non so das administracións e dos políticos, senón sobre todo, da cidadanía á hora de coidar e rehabilitar a zona monumental da cidade. “A responsabilidade última da conservación do casco e das súas edificacións é dos propietarios”, dixo, “a xente ten que ter conciencia e consciencia neste sentido. O casco histórico está enfermo pero ten tratamento”. |
O xornal "Betanzos e a súa comarca" recolle no seu número correspondente ao mes de marzo de 2010, varias novas relacionadas coa actividade de Amigos do Casco Histórico |
Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de marzo de 2010 do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de: http://www.comerciodebetanzos.com páxina da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE) |
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario