martes, 2 de marzo de 2010

A ONG “Imagen en Acción” colabora na potenciación do noso casco histórico.

     “Imagen en Acción”, é unha organización non gobernamental, apartidista e aconfesional, que nace co fin principal de porse ao servizo doutras ONG e colectivos sociais que traballan no campo da sensibilización, a acción social e a cooperación internacional ofrecendo a cobertura fotográfica de eventos, actividades e proxectos. Desta forma, coa axuda do material gráfico achegado por IEA, preténdese que o papel que estas organizacións exercen na sociedade sexa máis visible e teña un maior impacto.

     Como sabedes a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, subscribiu un acordo de colaboración con “Imagen en Acción” para obter a súa axuda na mellor potenciación do noso casco histórico.

     Como primeiro froito deste acordo de colaboración, un equipo desta Asociación desprazouse a Betanzos, e entrevistou ao noso presidente Antonio Asensi.

     A entrevista, adornada cunhas estupendas fotos do noso casco histórico, aparece na súa revista “Objetivo Solidario” correspondente ao mes de febreiro.

Revista Objetivo Solidario nº 04 – Enero 2010

Para poder ler a revista haz click co  rato enriba da imaxe e selecciona “ver en la pantalla completa”

A entrevista con Antonio Asensi aparece aparece na páxina 9 e seguintes da revista

 

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario