A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia sacou onte mércores, a licitación esta actuación, xunto á construción doutro catro albergues en Galicia.
As empresas interesadas en concorrer ao concurso poden presentar as súas ofertas antes do 13 de maio, ás 12.00 horas, e a mesa de contratación está prevista para o próximo 15 de xuño. O prazo de licitación é de 10 meses, que pode ser reducido nalgunha oferta, ainda que de todos os xeitos non pode esperarse que a obra empece antes de finais de xullo, polo que resulta case imposible que a obra esté rematada para disfrutala neste Ano Santo.
En calquera caso, esta licitación é un paso importante do que todos debemos felicitarnos, de cara a que podamos gozar desta importante infraestrutura que sen dúbida colaborará a dinamizar Betanzos en xeral e o seu casco histórico en particular.
A prensa de hoxe fai referencia a esta importante noticia:
| Recorte da edición dixital do xornal “La Opinión” correspondente ao xoves 22 de abril de 2010 |
1 Comentario:
Despois do Xacobeo porase a funcionar. Aquí tamén chegamos tarde, como en tantas outras cousas: Casa Gótica, Ponte Peatonal, Colexio, Auditorio, Gardería, Centro de Día....Si señor gran exemplo de xestión.
Publicar un comentario