Éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas, organizada por Amigos do Casco Histórico
Cun gran éxito de participación, medio centenar de participantes, as motos estiveron expostas na Praza da Constitución dende as 11 da mañá e por alí pasaron veciños e visitantes que puideron contemplar marabillas como unha Norton de 1930, unha Royal Enfield de 1936, ou unha Zundapp de 1939. Tamén tiveron protagonismo as Lambretta, BMW, Derbi, Vespa, Scooter e moitas máis.
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
Ás doce tivo lugar unha visita guiada ó Centro Intenacional de Estampa Contemporánea (CIEC) da man do seu fundador, o artista Jesús Núñez, para a continuación iniciarse unha ruta urbana dos participantes polas principais rúas do noso Casco Histórico.
Xa de volta na Praza da Constitución, levouse a cabo a entrega de premios non sen antes homenaxear a José Gómez Carballo da Heladería La Palma, propietario da moto Guzzi Hispania que figura na foto protagonista do cartel desta I Concentración de motos clásicas, cun exemplar enmarcado do mesmo, entregado por David Martínez, vicepresidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. A continuación Antonio Asensi, presidente da nosa asociación, fixo entrega do premio á moto máis antiga que correspondeu a unha Norton de 1930. A Antonia Anido, presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, ACEBE, lle tocou o turno de entrega-lo premio á moto máis orixinal que foi para unha Zundapp con sidecar da II Guerra Mundial, mesmo equipada con metralleta. Finalmente, a alcaldesa de Betanzos, Maria Faraldo, fixo entrega do premio á moto mellor restaurada que correspondeu a unha BMW.
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
Rematados os premios, os presentes deron boa conta duns pinchos mentres se sorteaban obsequios, cortesía dos distintos patrocinadores, como cascos, cazadoras, guantes, etc.
![]() | ![]() |
A organización non se quixo despedir sen reitera-los seus agradecementos a tódolas entidades colaboradoras e patrocinadores que fixeron posible a organización e o éxito desta I Concentración de Motos Clásicas de Betanzos e co desexo de repetir para o ano que vén.
Gracias a tod@s.
Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos | ![]() |
Enhorabuena y mucho ánimo con todas las iniciativas! Se os apoya desde la distancia.
Publicar un comentario