miércoles, 4 de agosto de 2010

I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

I CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS

Cartaz 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos

     A concentración terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.

     Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.

Inscrición motos clásicas 

                   

A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:

620 082 498  (Gabriel)    -   686 715 020 (Alberto)

E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

     A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

     Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1985

     As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.

     A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
     A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
     Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS
     Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

     Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario