lunes, 30 de agosto de 2010

Éxito de participación na I Concentración de Motos Clásicas, organizada por Amigos do Casco Histórico

 

     Este sábado pola mañá tivo lugar a terceira das actividades programadas para este verán pola Asociación Amigos do Casco Histórico co gallo de introducir novas actividades no corazón do Casco Histórico Betanceiro.


     Se primeiro foi a visita guiada polo legado indiano dos Irmáns García Naveira, seguido á semana seguinte polo concerto de Jazz do Casal Trío, tra-lo paréntese das Festas de San Roque, hoxe lle tocou o turno á I Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos.
cartel_motos_correo

     Cun gran éxito de participación, medio centenar de participantes, as motos estiveron expostas na Praza da Constitución dende as 11 da mañá e por alí pasaron veciños e visitantes que puideron contemplar marabillas como unha Norton de 1930, unha Royal Enfield de 1936, ou unha Zundapp de 1939. Tamén tiveron protagonismo as Lambretta, BMW, Derbi, Vespa, Scooter e moitas máis.

DSC_2232 DSC_2255
DSC_2299 DSC_2287

     Ás doce tivo lugar unha visita guiada ó Centro Intenacional de Estampa Contemporánea (CIEC) da man do seu fundador, o artista Jesús Núñez, para a continuación iniciarse unha ruta urbana dos participantes polas principais rúas do noso Casco Histórico.

DSC_2280 DSC_2284

DSC_2278

DSC_2312 DSC_2335
DSC_2354 DSC_2375

     Xa de volta na Praza da Constitución, levouse a cabo a entrega de premios non sen antes homenaxear a José Gómez Carballo da Heladería La Palma, propietario da moto  Guzzi Hispania que figura na foto protagonista do cartel desta I Concentración de motos clásicas, cun exemplar enmarcado do mesmo, entregado por David Martínez, vicepresidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. A continuación Antonio Asensi, presidente da nosa asociación, fixo entrega do premio á moto máis antiga que correspondeu a unha Norton de 1930. A Antonia Anido, presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, ACEBE, lle tocou o turno de entrega-lo premio á moto máis orixinal que foi para unha Zundapp con sidecar da II Guerra Mundial, mesmo equipada con metralleta. Finalmente, a alcaldesa de Betanzos, Maria Faraldo, fixo entrega do premio á moto mellor restaurada que correspondeu a unha BMW.

DSC_2387 DSC_2396
DSC_2405 DSC_2412

     Rematados os premios, os presentes deron boa conta duns pinchos mentres se sorteaban obsequios, cortesía dos distintos patrocinadores, como cascos, cazadoras, guantes, etc.

DSC_2413 DSC_2415

DSC_2306 

     A organización non se quixo despedir sen reitera-los seus agradecementos a tódolas entidades colaboradoras e patrocinadores  que fixeron posible a organización e o éxito desta I Concentración de Motos Clásicas de Betanzos e co desexo de repetir para o ano que vén.

Gracias a tod@s.



Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos
image

1 Comentario:

Unknown dijo...

Enhorabuena y mucho ánimo con todas las iniciativas! Se os apoya desde la distancia.

Publicar un comentario