O inacabado proxecto de Albergue de Peregrinos de Betanzos
Hai só uns días e baixo o título de ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NIN ESTÁ NIN SE LLE ESPERA” incluiimos nesta páxina a nosa queixa sobre o atraso que acumulan as obras do proxectado albergue de peregrinos en Betanzos, e o noso queixume por que este atraso leve consigo non poder gozar desta instalación para o próximo ano, con máis razón sendo ano santo xacobeo, cousa que non volverá suceder ata o ano 2021.
Tamén volvemos incluír a nosa queixa, xunto con outras suxestións ante a proximidade do ano xacobeo 2010 nun escrito entregado recentemente pola Asociación no Concello de Betanzos, e que tamén pode verse todavía nesta páxina.
Hoxe o xornal “El Ideal Gallego” recolle esta queixa nun documentado artigo da xornalista Lucía Tenreiro.
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do mércores 25 de novembro de 2009 |
3 Comentarios:
¡AMIGOS! Betanzos terá ALBERGUE! O obxectivo de tódolos betanceiros ténse acadado, ao fin!. O presidente da Xunta anuncio hoxe, despois do consello, un investimento de 12,1 millóns para “mellorar os contornos do Camiño de Santiago e os albergues e duplicar o número de prazas dispoñibles nestes, ata chegar a unha cifra aproximada de 6.000”. Tamén se licitarán novos albergues. Un deles é o Betanzos.
Noraboa ao noso CASCO HISTORICO!
Alguien puede confirmar esta noticia? No aparece hoy nada en la prensa y sería una buena noticia para Betanzos.
Ya hay una entrada en la página confirmando esta buena noticia:
http://www.betanzoshistorico.com/2009/11/o-albergue-de-peregrinos-de-betanzos.html
Un saludo
Publicar un comentario