Admirando Betanzos: Su arquitectura popular
Este domingo día 15 de maio de 2011, a Asociación de Amigos do casco histórico de Betanzos comprácese en invitarvos a todos a unha nova visita guiada polo casco histórico de Betanzos.
Nesta ocasión, guiados pola profesora Dona María Álvarez Crespo, descubriremos as características da arquitectura popular betanceira a través dos diferentes exemplos existentes no casco histórico.
Comezaremos a visita na ás 11.00 da mañá na Porta da Vila e iremos pasando polos seguintes puntos: Fonte de Unta, As Monxas, A Cerca, Porta do Cristo, Galera, Praza de Fernan Pérez de Andrade rematando na Rúa Nova.
¡Esperámosvos a todos!
Colaboran: Concelleria de Turismo. Excmo. Concello de Betanzos e Copitec Dixital
Publicar un comentario